A ALCALDESA REITERA QUE O SUPLEMENTO DE CRETO É PARA QUE O CONCELLO POIDA FUNCIONAR

O Porriño, martes 27 outubro.- “¿Qué explicación política hai en comprar parafuxos?”.  Esa é a resposta que a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, deu este martes á petición do voceiro municipal do BNG para que detalle cales son os
motivos que hai detrás de cada un dos gastos que abrangue a solicitude
de Suplemento de Creto, que o gobernó local leva ao Pleno deste3
mércores, día 28, e que xa levara ao do pasado 30 de setembro.

“A modificación orzamentaria plantéxase porque o anterior gobernó local
deixou partidas valeiras para afrontar o funcionamento diario do
Concello”, lembra a alcaldesa, quen subliña que “non hai explicación
política algunha en pagar a construcción dun muro ou en arranxar o
tellado dun colexio”.

Eva García de la Torre reitera que solicítase o suplemento de creto ao
Pleno porque é necesario dado que o actual goberno, “que se constituiu
co apoio do Bloque Nacionalista Galego” atopouse con que non podía
asumir os gastos correntes porque “nas últimas semanas de xestión do
Partido Popular valeiraronse as partidas coincidindo coa época
electoral”.

A alcaldesa, ademáis, engadiu que xustificar gasto por gasto é “unha
laboura inxente” que requeriría horas de traballo que o Concello non
pode asumir na actualidade sen descoidar a xestión diaria dos asuntos
municipais. A elo súmase o feito de que os orzamentos non se fan por
concellerías, como lembra García de la Torre ao BNG, senon por áreas de
gasto, como se indica no informe que, dacordo co acordado no Pleno do 30
de setembro, achegouse a todos os grupos.

Unha vez maís, a rexedora amósase “absolutamente disposta” a debater e
respostar a calquera cuestión que estimen os voceiros de todos os
partidos da Corporación e a chegar aos acordos que permitan que o
Concello siga traballando, asumindo as súas obrigas e solucionando os
problemas dos vecinos.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “A ALCALDESA REITERA QUE O SUPLEMENTO DE CRETO É PARA QUE O CONCELLO POIDA FUNCIONAR”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: