INICIO A VINDEIRA SEMANA DO TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO TRAZADO DA CONEXIÓN DA A-52 CO POLÍGONO DE SAN CIBRAO

  • Informa de que se segue traballando para que, antes de que remate o ano se licite a redacción do proxecto construtivo
  • Esta infraestrutura reforzará a competitividade dun polígono empresarial  de 5 millóns de metros2 e máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas

 

Santiago, 28 de outubro  de 2015.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento que, na vindeira semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o sometemento a información pública do proxecto de trazado da conexión da Autovía das Rúas Baixas (A-52) co Polígono de San Cibrao das Viñas.

 

Na súa intervención, a responsable de Infraestruturas e Vivenda da Xunta explicou que o Goberno galego xa ten presupostados 1,2 millóns de euros para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros.

Sinalou, ademais que, nestes momentos o proxecto de trazado e o impacto ambiental está en fase de supervisión, trámites que xa están xa moi avanzados.

 

Así mesmo, informou que se segue traballando para que, antes de que remate o ano, se licite a redacción do proxecto de construción, posto que o obxectivo da Consellería é que a redacción do proxecto construtivo se poida realizar en 2016, unha vez que remate a información pública e se aprobe definitivamente o proxecto de trazado e impacto ambiental.

 

Vázquez respostou na Cámara  que o Executivo autonómico fala de compromisos concretos; partidas xa orzamentadas; e dun calendario de prazos establecido para impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá; favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial; ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar; e suporá novas oportunidades para que o polígono industrial de San Cibrao das Viñas se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

 

Mellora das comunicacións

Ethel Vázquez lembrou que, desde a Xunta, trabállase con intensidade na mellora das comunicacións das áreas empresariais, posto que dotar os parques industriais dos accesos axeitados garante unha maior competitividade e contribúe ao impulso da actividade das empresas galegas.

 

Esta infraestrutura empresarial conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Un motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.

 

Primeiramente, traballouse para acadar a alternativa máis viable e máis axeitada, un trazado que compaxinase a menor afección posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, deseñouse unha nova conexión que comeza no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova); e que discorre ata a N-525, ao sur do acceso ao polígono industrial.

 

A vía ten 4,5 quilómetros de lonxitude que toca aos termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente, mellora a conectividade  coa autovía de Celanova.

 

Por último, a conselleira quixo lembrar o esforzo que se fixo para conseguir os fondos europeos necesarios para levar a cabo esta actuación, do que remarcou que é un traballo pouco visible, que sen embargo supuxo moito tempo e moitos esforzos e que hoxe permite poder contar con 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para executar esta conexión.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: