O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL COMPROMETE O TRABALLO DO GOBERNO AUTONÓMICO PARA QUE O 75% DOS DEPENDENTES RECOÑECIDOS RECIBAN A ATENCIÓN DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

José Manuel Rey Varela interveu no Parlamento de Galicia para dar conta da política da Xunta de Galicia en materia de dependencia

 

  • Afirma que “os orzamentos para o próximo ano permitirán o obxectivo de incorporar a 10.000 novas persoas, o que incrementará a cifra de dependentes atendidos de 40.000 a 50.000”
  • Subliña o compromiso da Xunta coa dependencia que ven referendado con incrementos do 528% na atención acumulada e do 102,2% nos fondos propios consignados con respecto a 2009
  • Destaca que “este Goberno foi quen de aumentar as persoas que estaban recoñecidas, aumentar a súa ratio de atención e aumentar as prazas destinadas a dependencia”
  • Apunta que “o número de dependentes atendidos incrementouse 5 veces con respecto aos que existían no ano 2009”
  • Salienta que a ratio de atención a dependentes chega xa ao 60,33% e que o 75,77% das prestacións recoñecidas realízanse a través de servizos profesionais
  • Fai un chamamento ao traballo conxunto entre Goberno, oposición e o resto de administracións como as corporacións locais

 

Santiago, 28 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ratificou esta mañá no Parlamento de Galicia o compromiso do Goberno Autonómico coa dependencia. Así, recoñeceu o éxito das medidas implementadas desde a Xunta de Galicia que fixeron posible “aumentar as persoas que estaban recoñecidas, aumentar a súa ratio de atención e aumentar as prazas destinadas a dependencia”. Ademais, o conselleiro amosou a vocación de continuidade destas políticas porque “non nos imos a conformar coas cifras” xa que “detrás desas cifras hai persoas e familias necesitadas”. Nesta liña lembrou o incremento da atención neta en 933 persoas en setembro e asegurou que “os orzamentos para o próximo ano permitirán o obxectivo de incorporar a 10.000 novas persoas”. “O Goberno vai a traballar conxuntamente para conseguilo, o que incrementará a cifra de dependentes atendidos de 40.000 a 50.000 e permitirá que ao longo do ano 2016 o 75% de persoas que teñen recoñecido o seu dereito de dependentes existentes en Galicia teñan a atención da Administración pública”, sentenciou.

 

Deste xeito e en termos absolutos, Rey Varela destacou ás 87.884 persoas atendidas na actualidade, o que se reflicte nun aumento do 527,74% na atención acumulada respecto a 2009; así como o incremento dun 102,2% nos fondos propios consignados para a política de dependencia ata chegar a un orzamento de 324 millóns de euros. Esgrimidos estes datos, o responsable da carteira de Política Social, salientou que a ratio de atención a dependentes chega xa ao 60,33% -coa incorporación de 15.000 novas persoas con dereito o pasado mes de xullo a través do grao I- que supón un incremento do 30,33% e que o 75,77% das prestacións recoñecidas realízanse a través de servizos profesionais, un incremento do 34,33%. Respecto ao incremento total na atención acumulada, Rey Varela apuntou que “o número de dependentes atendidos incrementouse 5 veces con respecto aos que existían no ano 2009”.

 

“Todos estes datos apuntan cara unha clara melloría do sistema para a autonomía e atención á dependencia pero eses datos non nos poden distraer de que temos un obxectivo de atender a todas as persoas que teñen dereito por lei a unha atención á dependencia de calidade”, insistiu.

 

Na súa intervención o titular de Política Social fixo fincapé na importancia da creación dunha Consellería que ten como “máxima aspiración” trasladar a recuperación económica “aos fogares dos galegos e das galegas”. “Que cada galego sexa quen de descubrir que unha recuperación económica de datos macroeconómicos se pode trasladar ás familias e ao benestar das persoas”, abondou.

 

Neste senso, o conselleiro fixo un chamamento ao traballo conxunto entre Goberno, oposición e o resto de administracións como as corporacións locais. “O máis importante non é a competencia nin o financiamento, é a sensibilidade”, dixo.

 

Máis e mellores medios

No transcurso da súa ponencia, o conselleiro de Política Social valorou tamén a importancia de “todos os esforzos que se están a facer desde un punto de vista técnico”. Deste xeito salientou o traballo en prol da mellora de cuestións técnicas para o desenvolvemento dunha Lei que “non tiña servizos para atender a todas as persas que adquirían un dereito nin ferramentas técnicas para conseguilo”.

 

Así, desde o punto de vista máis técnico, Rey Varela resaltou a nova ferramenta informática que permite a xestión integral de todo o procedemento; o mapa de procesos simplificado; as accións de formación específicas para os traballadores; a mellora da coordinación existente entre as administracións; o servizo de información ao cidadán a través do 012; ou a mellora da Rede Galega de Atención Temperá.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: