O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL DESTACA QUE A INCORPORACIÓN DE 155 NOVOS POSTOS DE TRABALLO PERMITIRÁ MELLORAR AS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL DOS CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA

José Manuel Rey Varela interveu no Parlamento de Galicia para falar sobre as carteleiras dos empregados públicos

ERÍA  

  • Amosa a súa vontade de “avanzar nos procesos de creación e estabilización do emprego para o persoal que agardo que redunde nunha mellora das condicións de traballo que servirá como elemento catalizador para que os empregados públicos saiban que son fundamentais en prestación de servizos públicos e de benestar”

 

  • Dentro destes 155 postos de traballo foron creados 68 novos postos de auxiliares de enfermería, 26 de coidadores ou 27 de camareiro limpador

 

Santiago, 28 de outubro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia a importancia da creación de 155 novos postos de traballo “para poder establecer carteleiras que permitan mellorar as posibilidades de conciliación da vida profesional e persoal dos traballadores dos centros dependentes da Consellería de Política Social”. Nas súas verbas, o conselleiro amosou a súa vontade de “avanzar nos procesos de creación e estabilización do emprego para o persoal do departamento de Política Social, que agardo redunde nunha mellora das condicións de traballo que servirá como elemento catalizador para que os empregados públicos saiban que son fundamentais na prestación de servizos públicos e de benestar”.

 

 

Deste xeito, dixo o conselleiro, froito do incremento de postos de traballo na RPT da Consellería de Política Social tras un proceso de negociación entre as organizacións sindicais e os representantes da Administración autonómica, a través de diversas xuntanzas mantidas ao longo do ano, se acadaba a creación de 155 novos postos de traballo que incidirán directamente na mellora das posibilidades de conciliación da vida profesional e persoal dos traballadores. Dentro destes 155 postos de traballo foron creados 68 novos postos de auxiliares de enfermería, 26 de coidadores ou 27 de camareiro limpador.

 

Ademais, Rey Varela adiantou que no dia de mañá reunirase co Comité de empresa para avanzar “sobre todos os aspectos” e que “antes de que remate este ano haberá novo material nos centros públicos do departamento de Política Social”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: