POLÍTICA SOCIAL ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO XUNTOS POLO NADAL DIRIXIDO A PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS QUE VIVAN SOAS

imagesAquelas persoas que o soliciten e teñan unha renda inferior ao IMPREM poderán participar de xeito gratuíto

  • O departamento que dirixe Rey Varela porá a disposición 240 prazas para disfrutar de 11 días de estadía nas residencias de tempo libre de Carballiño e Panxón

 

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de novembro e poderán presentarse nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais ou nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar dependentes da consellería de Política Social

Santiago, 29 de outubro de 2015.-  A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, vén de convocar unha nova edición do programa Xuntos polo Nadal. Unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 60 anos, que se atopen soas e queiran pasar o Nadal en compañía. En total serán 240 as prazas que o departamento que dirixe Rey Varela pon a disposición este ano, para disfrutar dunha estadía de 11 días nas residencias de tempo libre de Carballiño, para aqueles que residan nas provincias de Pontevedra e Lugo, e de Panxón, para os que vivan nas de Coruña e Ourense. Cada emprazamento contará con 120 prazas.

Así as cousas o programa terá lugar entre o 23 de decembro de o 2 de xaneiro e nel poderán participar as persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, que se poidan valer por si mesmos e non padezan enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia. Outro requisito a ter en conta é que non estean acollidos nun centro residencial.

 

O programa Xuntos polo Nadal contempla o aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e ate as residencias de tempo libre, así como a viaxe de volta. Tamén actividades de animación sociocultural.

 

Respecto do proceso de selección das persoas participantes, terán prioridade aquelas que teñan máis idade, os que realmente vivan sos e non teñan con quen pasar estas datas e non participaran nunca no dito programa. Así mesmo, terán preferencia aqueles solicitantes  que teñan un menor nivel de ingresos económicos. E nesta liña, a Consellería de Política Social estableceu a gratuidade do programa para aquelas persoas que teñan uns ingresos mensuais inferiores ao IMPREM (532,51€), mentres que aqueles que conten cuns ingresos superiores ao dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50€.

 

 

Finalmente, cómpre indicar que o prazo de inscrición remata o vindeiro 20 de novembro e que as solicitudes poden presentarse nos servizos comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Política Social, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas en participar no programa Xuntos polo Nadal poderán acceder aos modelos de solicitude ou  recibir máis información na páxina web do departamento autonómico ou no teléfono social gratuito 900 333 666.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: