A XUNTA CONVOCA AO CONCELLO DE VIGO A UNHA NOVA XUNTANZA PARA IMPULSAR DE FORMA COORDINADA A ESTACIÓN INTERMODAL

A directora xeral de Mobilidade volve a citar ao concelleiro de Área de Fomento, Limpeza e Contratación a unha reunión o vindeiro 13 de novembro

  • O Goberno galego salienta que está en proceso de contratación o proxecto construtivo da estación de autobuses integrada na de ferrocarril
  • Subliña a necesidade de que a Administración local actúe no ámbito das súas competencias, tales como a construción dos accesos

 

Santiago,  outubro de 2015.- A Xunta de Galicia vén de volver a convocar ao Concello de Vigo a unha xuntanza destinada a impulsar de forma coordinada a estación intermodal da cidade. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, remtiulle hoxe unha carta ao concelleiro de Área de Fomento, Limpeza e Contratación de Vigo, David Regades, emprazándolle a manter unha  nova reunión o vindeiro venres 13 de novembro.

Na misiva, o Goberno galego lembra a súa forte aposta pola intermodalidade e a adecuada conexión e coordinación entre os transportes aéreo, ferroviario e por estrada, como “elementos clave na competitividade territorial de cara ao desenvolvemento económico, á promoción turística e á mellora da calidade de vida dos veciños”.

 

Por iso, segundo a directora xeral de  Mobilidade, cómpre continuar dando pasos firmes tendo en conta que, entre outras cuestións, a culminación da conexión de Galicia con Madrid por Alta Velocidade Ferroviaria, programada para o ano 2018, constitúe un fito esencial.

 

Nese sentido, expón que a Administración autonómica está a avanzar, tanto na mellora e modernización do transporte público de viaxeiros por estrada, como nas terminais de autobuses integradas nas estacións intermodais. “A garantía de fondos FEDER do período operativo 14-20 é unha boa proba diso, xa que é froito do traballo de moitas persoas durante moito tempo”, salienta a directora xeral.

 

Así mesmo, lembra que neste momento está en proceso de contratación o proxecto construtivo da terminal de autobuses da estación intermodal e a Xunta quere seguir progresando nesa tarefa. Por iso, considérase imprescindible que o Concello de Vigo avance no ámbito das súas competencias tales como a construción dos accesos ou a revisión e modificación, se procede, do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

O Executivo autonómico considera necesario fixar esa reunión para continuar afondando nas necesidades así como coordinar os avances de cada administración no ámbito das competencias comúns.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

One response to “A XUNTA CONVOCA AO CONCELLO DE VIGO A UNHA NOVA XUNTANZA PARA IMPULSAR DE FORMA COORDINADA A ESTACIÓN INTERMODAL”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: