Campaña sinaturas convenio conserva.

A FGAMT CIG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para rexeitar o aumento da xornada no convenio estatal da conserva

A central tamén se opón á pretensión da patronal de traballar de luns a domingo e aumentar a bolsa de horas de libre disposición

Vigo/30-10-2015

SONY DSC

SONY DSC

A FGAMT-CIG vén de poñer en marcha unha campaña nacional de recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión da patronal da conserva de ampliar a xornada laboral no novo convenio estatal do sector que se negocia en Madrid. A central tamén rexeita a proposta de traballar de luns a domingo e o aumento da bolsa de horas de libre disposición.

Dende a federación de Alimentación da CIG explican que estenderán a recollida de sinaturas ás distintas empresas da conserva que operan no país para recoller o apoio das traballadoras/es do sector a unha serie de reivindicacións que achegarán á mesa de negociación do convenio estatal.

En concreto, a central propón o rexeitamento a calquera acordo que supoña un incremento do número de horas anuais, a ampliación da xornada de luns a domingo ou o aumento da bolsa de horas de libre disposición, tal e como pretende a patronal.

A CIG decidiu poñer en marcha a campaña tras o fracaso da última xuntanza da mesa negociadora do convenio estatal da conserva celebrada en Madrid o pasado 1 de outubro, na que os empresarios/as do sector reiteraron a súa pretensión de aumentar a xornada. En concreto, reclaman catro horas máis ao ano en 2016 e 2017 e oito en 2018 e 2019, o que suporía un incremento de 24 horas anuais ao final dos cinco anos que queren que dure o convenio.

A proposta da central rexeita o aumento da xornada e céntrase en reclamar un incremento salarial de 200 euros lineais no ano 2015, para a partir de aí seguir a negociar até que se dote o sector dun convenio galego.

As últimas propostas achegadas pola mesa de negociación do convenio estatal foron analizadas hoxe en Vigo nunha xuntanza de delegadas/os sindicais da conserva, na que tamén se coordinou o desenvolvemento da campaña de recollida de sinaturas nas empresas do sector.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: