Archive | noviembre 3, 2015

Concello de Vigo

 


Abel Caballero ofrece “todo o apoio” ao presidente do porto de Vigo

“Nada desexa tanto o alcalde como escoitar que o Porto vai ben”. Con esta premisa, o rexedor recibiu este martes ao novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, nun encontro cordial no que lle amosou o apoio do Concello á súa xestión, xa que considera que as dúas entidades deben traballar xuntas polo ben da cidade.

 


O alcalde eloxia a actividade de Fundamar e ofrece cooperación para que Vigo siga liderando a pesca en Europa

Abel Caballero valorou este martes a celebración do quinto aniversario de Fundamar, un “feito da maior importancia” ao estar representados patronal e sindicatos “na procura dunha senda común” para o sector, en seguridade laboral, calidade no emprego, actividade económica e pesca responsable. O alcalde avogou por priorizar a pesca sobre intereses particulares e ofreceu a “cooperación” do Concello para que Vigo “siga liderando a pesca en Europa”.

 

O Concello insta á Xunta a iniciar as obras da Cidade da Xustiza “de xeito inmediato”

Abel Caballero deu conta esta mañá do envío dunha carta ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, transmitíndolle que xa están a disposición do terreos para construír a Cidade da Xustiza. En declaracións aos medios, o rexedor instou ao goberno autonómico a comezar “de inmediato” as obras.

 


Comezo do Festival “vertixeVIGO15”

O mércores dia 4 comeza a terceira edición do festival vertixeVIGO15, un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro e que organizan conxuntamente a Concellería de Cultura e maila Asociación Cultural VERTIXE SONO

Anuncios

A CASA DA CULTURA DE OUTES ACOLLE A FASE FINAL DA ESPECIALIDADE DE TEATRO DO CERTAME XUVENTUDE CREA

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistirá mañá mércores á primeira xornada desta fase final que se prolongará ata o venres

  • Os seis grupos finalistas son Caruncho Teatro da Coruña, coa obra “Canobacho do Pierrock”; Pinchacarneiro Teatro, de Noia, con “Vilar de inferno”; Trasluz Teatro, de Salvaterra do Miño, que representará “A tres niveis”; Non si? Teatro, Baiona, que porá en escena “Variacións dun soño sen título”; Fusco e Lusco Teatro, do IES Universidade Laboral de Ourense, con “Vodas de sangue”; e Vacaloura teátrica do Rosal, co título “Mousike e as kronomusas”.

 

  • Os premios serán 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Os premios poden ser compartidos. E, por outra banda, tamén se poden outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

 

  • Ademais da final de teatro ao longo do mes de novembro terán lugar as finais das especialidades de deseño de xoias, música, moda, fotografía e artes plásticas.

 

  • Na edición de 2015 de Xuventude Crea un total de 228 proxectos individuais e en grupo presentáronse para as once especialidades previstas neste certame: teatro, música, artes plásticas, fotografía, deseño de xoias, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti.

 

 

Outes (A Coruña), 3 de novembro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistirá mañá en Outes á primeira xornada da fase final da especialidade de teatro de Xuventude Crea, o certame da Consellería de Política Social que ten por finalidade establecer unha vía para que a mocidade poida manifestar o seu talento e creatividade. A Casa da Cultura de Outes acollerá dende mañá ata o venres as actuacións dos seis grupos teatrais finalistas desta especialidade do certame. As representacións descorrerán dúas por día, unha ás 17.00 e outra ás 20.30 horas, sendo a entrada de balde, ata completar aforo.

 

Así, na xornada de mañá martes actuarán Caruncho Teatro da Coruña, coa obra “Canobacho do Pierrock”; e Pinchacarneiro Teatro, de Noia, con “Vilar de inferno”. Ao día seguinte, xoves, representarán a obra “A tres niveis” o grupo Trasluz Teatro, de Salvaterra do Miño; e Non si? Teatro, de Baiona porá en escena “Variacións dun soño sen título”. Esta fase final pecharase o venres coa obra “Vodas de sangue” a cargo de Fusco e Lusco Teatro, do IES Universidade Laboral de Ourense; e “Mousike e as kronomusas”, de Vacaloura teátrica do Rosal.

 

Os grupos finalistas reciben unha axuda de 650 euros para esta actuación final. Os premios serán 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Os premios poden ser compartidos. E, por outra banda, tamén se poden outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

 

Impulsar a creatividade

 

Cecilia Vázquez destacou que “dende a Consellería de Política Social apostamos polo desenvolvemento dos mozos e mozas, polo establecemento de mecanismos de respaldo á creatividade da xuventude e por converter este certame nunha plataforma de lanzamento para amosar os seus proxectos creativos”. Así mesmo, lembrou que “o certame Xuventude Crea pretende crear un espazo para que as mozas e mozos poidan exercitar as súas habilidades, poñer en marcha e ensaiar solucións innovadoras, valorar o exame crítico das obrar e outorgarlles visibilidade”.

 

Ademais da final de teatro, ao longo deste mes de novembro terán lugar as finais das especialidades de deseño de xoias, música, moda, fotografía e artes plásticas. Deste xeito, pasadomañá, día 5,  nas tendas de El Corte Inglés de Vigo será a inauguración da exposición das coleccións finalistas de moda; o xoves 12 de novembro terá lugar a actuación en directo dos grupos finalistas de música; a Fundación Eugenio Granell en Santiago acollerá a exposición das coleccións finalistas da especialidade de deseño e xoias; e, por último, a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a mostra dos traballos finalistas de artes plásticas (pintura e escultura) e fotografía.

 

Cecilia Vázquez recordou que a fin de semana pasada celebrouse a final da especialidade de graffiti, recaendo o primeiro premio en Ramón Conde-Corbal Varela (Mon Devane) de Ourense, co proxecto “Festa neón”; o segundo premio en Tirso Paz Sans (Bublegum) de Lugo co traballo “Mirada melosa” e o terceiro premio foi compartido entre Marcos Lamas Bestilleiro (Silcoe) da Coruña por “O rostro do querer” e Abraham Caride Fernández (O neto do Santos) de Ourense con “Enxebre”.

 

Máis de 300 participantes

 

Na edición de 2015 de Xuventude Crea presentáronse un total de 228 proxectos individuais e en grupo para as once especialidades previstas: teatro, música, artes plásticas, fotografía, deseño de xoias, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti. Participaron máis de 300 mozos e mozas galegos ou en residentes en Galicia, non profesionais e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, con dúas excepcións: a especialidade de música, na que ata o 25% do grupo pode superar os 30 anos; e a especialidade de teatro, na que ata os 25% dos compoñente do grupo pode superar os 30 anos ou poden ter entre 14 e 16 anos.

CICLO CINE E LINGUA DA UNIVERSIDADE DE VIGO: Under Milk Woo

Interpretado por Elizabeth Taylor e Richard Burton, proxectarase ás 20.00 horas no edificio Cambón

 under_milk_wood

Vigo, 3 de novembro.- O edificio Cambón acolle mañá unha nova cita do ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo. Trátase de Under Milk Wood, película de 1972, dirixida por Andrew Sinclair e protagonizada por Elizabeth Taylor, Richard Burton e Peter O´Toole. Está baseada na obra do mesmo título do escritor galés Dylan Thomas e conta a vida dun pequeno pobo chamado Llareggub. Esta localidade pesqueira está habitada non so por estraños personaxes senón tamén por pantasmas.

 

O Ciclo de Cine e Lingua conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e proxectará ata decembro filmes en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán. Todas as longametraxes desta edición teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven situacións límite.

 

Presentará as películas e moderará o coloquio posterior o profesor Keith Payne.

 

 

 

CICLO CINE E LINGUA

Under Milk Wood (Dylan Thomas, 1972)

 

Data:  4 de novembro

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

 

 

 

LÓPEZ-CHAVES LEMBRA QUE OS TERREOS PARA A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO AÍNDA ESTÁN A NOME DOS SEUS PROPIETARIOS PARTICULARES

  • 03112015_DelegVigoCiudadJusticia3O delegado territorial da Xunta explicou esta mañá que o Concello de Vigo “aínda non é titular dos terreos” coma así se constata no Rexistro da Propiedade e no Catastro
  • Recorda que a Xunta de Galicia ten consignado orzamento nas súas contas autonómicas e pide “vontade política” para poder executalas
  • Insiste en que aínda falta un “proceso complexo” para que o Concello ceda a parcela á Xunta de Galicia e reclama ao alcalde Abel Caballero que “cumpra”
  • Garante o orzamento e que a Xunta de Galicia construirá a Cidade da Xustiza en canto teña a disposición os terreos necesarios

 

Vigo, 03 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá os terreos anexos aos xulgados da rúa Lalín, no ámbito do Chouzo onde se construirá a Cidade da Xustiza, que conta con consignación orzamentaria nas contas autonómicas e que suporía un investimento total de 24 millóns de euros en varias anualidades por parte da Xunta de Galicia.

 

López-Chaves quixo lembrar hoxe que os terreos onde se levantará o futuro edificio xudicial aínda están a nome dos seus propietarios particulares. E o constatou ensinando as notas simples informativas do Rexistro da Propiedade e as referencias catastrais de ditos terreos onde se amosa que os titulares das parcelas seguen a ser os seus propietarios particulares.

 

O delegado amosou esta mañá eses documentos, con data de 30 de outubro, día no que se cumpría o prazo de 10 días anunciado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, para poñer os terreos a disposición da Xunta de Galicia. “O 20 de outubro dicía que en 10 días os terreos estarían a disposición da Xunta, o dixo en reiteradas ocasións pero non é certo”, declarou López-Chaves matizando que as notas simples informativas do Rexistro da Propiedade e as referencias catastrais evidencian que “o Concello non é titular dos terreos. Están a nome dos seus propietarios particulares ao igual que no Catastro”, dixo.

 

É por isto polo que lle pediu a Caballero que “cumpra” porque aínda falta un “proceso complexo” ata que a Xunta teña a súa disposición os terreos necesarios que, coma dixo, “debeu por en marcha fai moitos anos”. Así, relatou os trámites que aínda faltan e que pasan por: 1) pago ou consignación aos particulares; 2) inscrición das fincas no Rexistro da Propiedade ao nome do Concello e unificalas para que haxa unha soa parcela; 3) demolición das vivendas para non deixar ruínas e contar soamente cun solar e, 4) levalo a pleno municipal para cedelo despois á Administración autonómica.

 

Aínda así, o delegado garantiu o orzamento así coma que a Xunta executará as partidas consignadas para construír a Cidade da Xustiza pedindo “vontade política” para poder investir. “A Xunta quere investir, queremos os terreos para poder licitar a obra, pero levamos esperando máis de 6 anos e o compromiso de Caballero de entregalos inmediatamente non é certo”, insistiu, sinalando a continuación que “non temos os terreos e nin sequera os ten o Concello”.

 

 

 

Festival Eñe: 20 y 21 de noviembre

LA SÉPTIMA EDICIÓN DEL FESTIVAL EÑE ESTARÁ DIRIGIDA POR EL ESCRITOR MANUEL RIVAS Y OFRECERÁ UN PROGRAMA LITERARIO DE MÁS DE 50 ACTIVIDADES EN TORNO A LA IDEA DE ABRIR PASOSunnamed (1)

La Fábrica y el Círculo de Bellas Artes organizan una nueva entrega de la gran cita de la literatura en español

Un punto de encuentro para escritores, editores, periodistas y apasionados por la lectura que ofrecerá un programa literario dirigido por el escritor Manuel Rivas

La idea de Abrir pasos vertebrará más de 50 actividades entre diálogos intrépidos, mesas redondas, conferencias, talleres, recitales poéticos, actividades infantiles y música

Juan Goytisolo será el protagonista del acto inaugural del Festival, una conversación junto al periodista Antonio Lucas. Quico Cadaval, narrador oral, será el encargado de la clausura con los relatos de Apocalipsis final

Julio Llamazares, Almudena Grandes, Javier Moro, Marta Sanz, Juan José Millás, Luis García Montero, Gabriela Ybarra, Agustín Fernández Mallo, Mercedes Cebrián, Óscar Hahn, Jordi Soler, Bernardo Atxaga y la argentina Raquel Robles son solo algunos de los escritores destacados del programa

Junto a ellos, periodistas, cineastas, artistas, músicos y científicos como Joaquín Sabina, Ana Curra, Miguel Ríos, José Luis Cuerda, Baltasar Garzón, SUSO33, el presidente de Médicos sin Fronteras y el director de Amnistía Internacional en España, hasta sumar un total de 70 participantes

El programa prestará especial atención a la poesía y contará con la presencia de Leire Bilbao, Javier Gallego “Crudo”, Ada Salas, María do Cebreiro, Víctor M. Díez y Juan Carlos Valle “Karlotti”

Fernando González “Gonzo”, Lola Larumbe, Antón Patiño, Nelson Calderón y Carmen Pena impartirán talleres exprés de creación en disciplinas tan diversas como el periodismo, la narrativa, el arte

Escritores noveles podrán mostrar sus manuscritos a editores profesionales en la actividad “Cuatro editores en busca de autor”

Abierto a la participación, el Festival Eñe se celebrará también en Twitter con concursos que premiarán la creación literaria más breve

Abonos a la venta en www.lafabrica.com | www.circulobellasartes.com | Abono general 15€ | Abono reducido 10€

Villanueva despide gira con nuevo vídeo: Inevitable, y concierto en Costelo Madrid el 13 de noviembre

VILLANUEVA DESPIDE LA GIRA PRESENTANDO EL VIDEOCLIP DE ‘INEVITABLE’
El viernes 13 de noviembre estará en la sala Costello en Madrid

 unnamed

Asumiendo cada vez más roles dentro de Villanueva, su líder, Josete, ha dirigido, producido y editado el nuevovideoclip de su banda-insignia. Así queda demostrado en Inevitable, el último sencillo al que le han puesto imágenes y cuyo vídeo pone también punto y final a la gira.

En él pretende volver a los orígenes, en los que el propio artista explica que “hacer todo uno mismo era una cuestión de actitud”. Un vídeo grabado con un smartphone en el que explora las posibilidades narrativas de las nuevas tecnologías y juega con los límites de la realidad, a medio camino entre el videoarte y el surrealismo.

Habla en primera persona de un golpe inevitable, uno de tantos en la vida. Como la calma que precede a la tempestad, de la que nuestro protagonista busca desesperadamente una salida, de forma casi agónica. ¿Todo está bien? ¿Hay daños colaterales?
No es casualidad que despida así este álbum debut: un personaje dormido, soñando quizás con su próximo trabajo discográfico.

El fin de gira será en Madrid el día 13 de noviembre y el concierto se encuadra dentro del 10º aniversario de la sala Costello. La última oportunidad de ver a la banda antes de que se encierre a grabar el que será su segundo álbum.

Las entradas están a la venta en Ticketea

Villanueva es uno de los artistas indies más prometedores de la actualidad. No te pierdas una de las grandes voces de la música española del momento.  Cuatro.com

Villanueva ha dejado muy buenas sensaciones con su debut: Viajes de ida, un disco en el que encontramos guitarras con texturas y bien afiladas. Radio 3

Presskit, aquí.

Villanueva
Viajes de Ida (Esmerarte 2014)

1. Inevitable
2. Thelma
3. Bombas Nucleares
4. Sota, Caballo y tú
5. En vena
6. Ahogándonos
7. Momento perfecto
8. En septiembre
9. Circo de bastardos
10. Extraño

El ministro de Industria, Energía y Turismo firma dos acuerdos de cooperación en La Habana‏

 Firma 2

  • Los ministros de Industria, Energía y Turismo y de Economía y Competitividad, José Manuel Soria y Luis de Guindos, llegaron en la noche del domingo a La Habana, donde celebraron una cena con el ministro cubano de Comercio e Inversión, Rodrigo Malmierca.
  • Los memorandos firmados abordan acciones para aumentar la cooperación en materia de industria, PYMES y energía.
  • Jose Manuel Soria ha acudido, junto con el ministro Luis de Guindos, a la inauguración de la Feria Internacional de La Habana en la que el ICEX organiza un pabellón.

02.11.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha viajado a Cuba, donde ha firmado dos memorandos de entendimiento (MOU) en materia de energía e industria. El objetivo de la visita, en la que también participa el ministro de Economía y Competitividad, Luis de Guindos, es apoyar la presencia de empresas españolas en la isla

Este viaje es una continuación de la visita que el ministro realizó en julio, en la que tuvo la oportunidad de comprobar las oportunidades que se presentan para los dos países intercambiando experiencias y trabajando de forma conjunta. A raíz de aquel viaje y de la visita del ministro de Comercio e Inversiones cubano, Rodrigo Malmierca, a España, pocos días después, ambos países comenzaron a trabajar en la elaboración de los MOU.

 

 

 

En el marco del MOU de industria, firmado con el ministro de Industria, Salvador Pardo, José Manuel Soria ha destacado que ambos países coinciden en la importancia que el sector tiene como motor del desarrollo económico. En este ámbito se ha creado un grupo de trabajo que realizará proyectos conjuntos para sentar las bases de cooperación. La búsqueda de canales para el desarrollo de las PYMES o la promoción de la difusión de buenas prácticas sobre las políticas de apoyo a los emprendedores y a las empresas son algunos de los temas que abarca el acuerdo.

 

En cuanto al ámbito de la energía, el memorando, firmado con el ministro de Energía y Minas, Alfredo López Valdés, incluye cuestiones como el aumento de la seguridad energética para garantizar el abastecimiento de energía en las mejores condiciones posibles, la mejora de la eficiencia energética y el fomento de las energías renovables.

 

 

Visita a la Feria Internacional de La Habana

 

El ministro ha asistido a la inauguración de la Feria Internacional de la Habana, acompañando al titular de Economía y Competitividad, Luis de Guindos, en la que, por quinto año consecutivo, el ICEX organiza un pabellón oficial en el que participan 80 empresas españolas de muy variados sectores económicos: el industrial y de bienes de equipo, los materiales de construcción, la industria alimentaria y servicios relacionados con la logística, consultoría y turismo.

 

Asimismo, Soria, junto al ministro  de Guindos, ha mantenido un desayuno con empresas e inversores españoles afincados en Cuba para conocer de primera mano sus intereses y proyectos y manifestarles el apoyo del Gobierno. El ministro les ha trasladado el proceso de reformas llevado a cabo en España en materia de industria, energía, turismo y telecomunicaciones y que ha permitido que la economía española gane competitividad, haya dejado atrás la recesión, sea la economía de mayor crecimiento de la zona euro para el este año y genere empleo.

 

Paro rexistrado outubro 2015.

O mes de outubro rematou con 6355 parados/as máis en Galiza

O desemprego no sector industrial pasa dunha baixada do 0,6% no ano anterior a unha subida do 1,2%

O mes de outubro rematou con 222.092 parados/as rexistrados/as nas oficinas do SEPE en Galiza, 6355 máis que no mes anterior, o que representa un incremento do 2,95%. O peor comportamento do desemprego rexístrase no sector industrial, que pasou dunha baixada do 0,6% ano ano anterior a unha subida do 1,2%.

O incremento do número de persoas desempregadas foi xeneralizado no conxunto do Estado español neste período, se ben se ben no resto a subida media foi menor (2%).

Outubro é un mes no que tradicionalmente medra o desemprego, pero este ano o incremento foi superior ao rexistrado en 2014, o que pon en dúbida a recuperación económica que dende os Gobernos autonómico e central nos queren facer crer.

No caso de Galiza, o medre do 2,9% en outubro é medio punto superior ao do mesmo mes do ano 2014, cando o número de parados/as aumentara un 2,4%. Se ben en todos os sectores produtivos o comportamento foi peor que en 2014, o que marca a diferenza é o sector industrial, xa que o incremento dun 1,2% durante este mes contrasto co descenso do 0,6% que se rexistrara no ano anterior.

Trátase, polo tanto, de datos preocupantes, tendo en conta que da evolución do sector industrial vai depender en gran medida a recuperación do emprego, e semella que no noso país isto non se vai producir.

Outro factor a ter en conta é que ao tempo que medra o desemprego descende o número de persoas con dereito a algún tipo de prestación; tan só o 48% dos desempregados/as percibiron algunha axuda pública no último mes con datos; deles/as, unicamente o 39,8% ingresou unha prestación contributiva.

A pesar de medrar o paro mantense unha forte actividade contractual, xa que o número de contratos rexistrados no mes alcanzou os 77.991; isto amosa claramente a existencia dun número moi elevado de asalariados/as cunha alta rotación no emprego. Así, tan só o 8% dos contratos se rexistraron baixo algunha modalidade de contratación indefinida.

Baixa a afiliación á Seguridade Social

A afiliación intermensual á Seguridade Social descendeu un 0,65%, o que equivale a 6266 afiliados/as menos.

Ante esta situación na que nos atopamos con máis desempregados/as, menos afiliación á Seguridade Social e menos parados/as con cobertura o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, denuncia que a tan cacarexada recuperación económica non se manifesta no emprego, que ademais segue a verse afectado por unha elevada temporalidade e precariedade.

Malvido pon de manifesto tamén o absoluto fracaso das políticas económicas e laborais aplicadas polo Partido Popular, non só as reformas laborais senón o conxunto das políticas económicas. “Non só non favorecen a creación de emprego senón que, ademais, están a provocar o empobrecemento masivo da clase traballadora e unha perda de dereitos laborais sen precedentes”.

Finalmente, lembra que o número de desempregados/as aínda sería máis elevado no caso de que se contabilizasen os milleiros de persoas que tiveron que abandonar o noso país en busca dun futuro laboral na emigración e considera que a grave situación que atravesa o sector industrial vai lastrar a posibilidade de que Galiza inicie o camiño da recuperación económica e da creación de emprego.