A OMIX ORGANIZA O OBRADOIRO SEXPRÉSATE

En colaboración co Centro Quérote e IES Pino Manso

O Porriño, venres 6 de novembro.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, do Concello do Porriño oferta un ano mais, a través dos centros Quérote+ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, unha serie de obradoiros que permitirán á mocidade do noso Concello formarse en aspectos vinculados co seu desenvolvemento persoal, coas súas inquedanzas e intereses, coa ampliación de certas destrezas e habilidades, para, en resumo, coñecer, aceptarse e relacionarse de forma satisfactoria.

 

No primeiro deles a  Omix do Concello do Porriño, en colaboración co Centro Quérote e IES Pino Manso  da nosa localidade, organiza o vindeiro xoves 12 de novembro do 2015 un obradorio  para mozos/as co  título  “Sexprésate”, onde traballarase  o campo  da sexualidade.

Dito obradoiro  realizaráse desde ás 8:45 ata ás 14:30  e esta dirixido para os tres grupos de 3º da ESO donde participaran un total de  97 alumnos.

 

DESCRIPCIÓN DO OBRADOIRO:

Nome: Sexprésate

Período de execución:  12 DE  NOVEMBRO DO 2015

Persoas destinatarias:  Alumnado de 3º curso da ESO

 

Descrición:

 

A vivencia sexual comeza coa vivencia vital e non se detén ata o momento da morte, de aquí a necesidade da información e da educación sexual. É precisa unha información plural, sen exclusións, de forma que sirva de ferramenta na aprendizaxe da andaina sexual, no coñecerse, no aceptarse e no satisfacerse. Así na realidade sexual humana entran en xogo o que un é, o que un vive e a aquilo que

fai producir encontros, créase todo un entramado no que entran a educación en relación sexuais de xeito amplo, ademais de todo o que deriva da condición sexuada de homes e mulleres.

 

 

 

Obxectivos:

 

  • Situar ao grupo no momento que están a vivir en cuanto ao seu proceso sexual

. Dar a coñecer os espazo Quérote + como referentes no asesoramento sexual

  • Lexitimar as vivencias adolescentes como propias do proceso vital
  • Promover ferramentas que posibiliten a toma de decisións razoadas

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: