CONCELLO DO PORRIÑO CURSOS AULA CEMIT

O Porriño, 06 de novembro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello organiza diversos cursos de dinamización tecnolóxica. Impartiranse actividades como “Iniciación  á Informática”, “Iniciación a Internet”, “Redes Sociais”, “Controla a seguridade do teu fillo/a”, “Procura de Emprego”….

Estas actividades da Aula CeMIT do Porriño desenvolveranse ata final de ano e están  destinadas tanto a cidadanía como a empresas e emprendedores.

Ademais a aula conta co servizo de “aula aberta” mediante o cal a cidadanía pode acceder aos equipos con conexión a internet co apoio do personal da aula.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Porriño sita no Multicentro de Torneiros, Rúa Ribeira s/n, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 986348944, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.oporrino@xunta.es

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: