CONCELLO DO PORRIÑO LUA CON LUVAS

Todos os xoves ás 18:30 horas                     

 

O Porriño, venres 6 de novembro. Lúa ConLuvas é unha actividade de animación á lectura que se desenvolve na Biblioteca Municipal do Porriño, e que se entende como unha proposta didáctica e divertida ao mesmo tempo. Lúa ConLuvas é unha exploradora e viaxeira incansable que vive na Biblioteca Municipal do Porriño. Todas as semanas parte de viaxe a un país distinto, levando sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas aventuras, e onde garda os recordos de cada país visitado, para volver todos os xoves á biblioteca e contarlle aos nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo.

 

Esta personaxe de animación, que vai máis alá do que coñecemos como “contacontos”, non soamente ofrece información e lecturas dos países que visita, senón que tamén pon en contacto aos nenos e nenas co baile, a música ou a gastronomía do lugar: en cada sesión os nenos e nenas escoitan cancións, bailan e realizan actividades relacionadas con cada país; ademais merendan unha froita típica de cada destino que semanalmente visita Lúa ConLuvas e trae á nosa biblioteca. Unimos así a animación á lectura con outros elementos sensitivos: a través deles, o neno ou nena entra en contacto cunha cultura allea á súa realidade na que se pretende ensinar que “Hai outros mundos, pero están neste”, relacionando o libro como un indicador cultural máis.

 

O obxectivo primordial é espertar o pracer da lectura, pero a través desta actividade tamén se pretende promocionar a biblioteca como un lugar máxico de encontro con libros e culturas, establecer un contacto co libro e a lectura de forma lúdica. Téntase ofrecer unha imaxe da biblioteca como un lugar onde se pode atopar información e descubrir outras culturas por medio da lectura: a biblioteca é un lugar para despegar a outros mundos.

 

Tentamos así mellorar o auto concepto do neno ou nena e desenvolver a súa personalidade. A través da lectura van ampliando a súa experiencia e desenvolven a súa identidade no ámbito cognitivo, afectivo e moral, fomentando actitudes como a solidariedade, a empatía,  o multiculturalismo e, a partir do coñecemento, o respecto por outras sociedades.

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: