JOSÉ MANUEL REY VARELA INSISTE NO DIÁLOGO COAS DEMAIS ADMINISTRACIÓNS PARA XUNTAR ESFORZOS E ACADAR UNHA MELLORA DA POLÍTICA SOCIAL EN GALICIA

  • Os rexedores galegos abordaron a temática social relativa aos seus concellos e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos cidadáns

 

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso Miramontes.

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso Miramontes.

Santiago, 6 de novembro de 2015.- A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo tres xuntanzas de traballo no día de hoxe co alcalde de Abegondo (A Coruña), José Antonio Santiso Miramontes; a alcaldesa de Lousame (A Coruña), María Teresa Villaverde; e o alcalde de As Neves (Pontevedra), Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

 

Nas reunións que tiveron lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os rexedores galegos abordaron a temática social relativa aos seus concellos e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos cidadáns.

 

Deste xeito, a optimización dos recursos locais e autonómicos en materia de infancia foi un dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Abegondo estudaron a conxunción de esforzos locais e autonómicos que frutifiquen nunha mellor xestión da Escola Infantil municipal do concello coruñés. A situación das Escolas Infantís de Lousame e das Neves, así como dos Centros de Día sitos nos municipios tamén foron outros puntos abordados nas xuntanzas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: