LÓPEZ-CHAVES LEMBRA AO CONCELLO DE VIGO QUE AS COMPETENCIAS E MELLORAS SOBRE O ABASTECEMENTO DA AUGA SON MUNICIPAIS

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo preguntouse por qué o alcalde Abel Caballero non mellorou a ETAP do Casal co diñeiro da prórroga da concesionaria

 

Vigo, 06 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembrou hoxe ao Concello de Vigo que as competencias e melloras sobre o abastecemento da auga son exclusivamente municipais.

En declaracións aos medios, dixo que o alcalde Abel Caballero é a persoa “menos indicada” para falar do abastecemento da auga na nosa cidade porque cobra aos cidadáns un dos recibos de auga mais caros de Galicia e lles factura un consumo mínimo de 30 m3 ao bimestre, gasten a auga ou non, fomentando por tanto o derroche do recurso. “Todos os vigueses sabemos que pagamos por un auga que non consumimos polo acordo aoq ue chegou Caballero de prorrogar unha concesión que debeu sacar a concurso”, valorou o delegado.

Así, incidiu en que o abastecemento da auga é unha competencia exclusivamente municipal explicando que a empresa concesionaria “entregou unha cantidade importante de diñeiro ao Concello para facer melloras no abastecemento”, entre elas, matizou, obras na ETAP do Casal. “Dende hai bastantes anos ten un informe onde lle requirían facer obras importantes de mellora na estación de tratamento do Casal”, preguntándose neste senso “en qué gastou o diñeiro que lle entregou a concesionaria porque non fixo esas melloras necesarias para o tratamento da auga e para abastecer aos vigueses”.

 

En definitiva, López-Chaves pediu explicacións ao Concello xa que, por un lado, os vigueses e viguesas pagan por un auga que non se consume e, por outra banda, para coñecer “en qué se gastou o diñeiro aportado pola concesionaria cando non temos ese investimento no elemento esencial que é a mellora do abastecemento para os fogares de Vigo”, rematou.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: