O conselleiro de Política Social asistiu ao tradicional xantar de confraternidade cos maiores do municipio de Boiro

REY VARELA ASEGURA QUE OS MAIORES DE GALICIA SON “PEZA ESENCIAL” PARA A XUNTA E COMPROMETE O SEU TRABALLO PARA FAVORECER A UN ENVELLECEMENTO ACTIVO LIBRE DE DEPENDENCIA

  • Destaca a creación da nova Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade que no vindeiro ano 2016 terá un incremento dun 7% con respecto ao orzamento consignado a esta área en 2015
  • Fai balance dos logros do Goberno da Xunta desde 2009 entre os que destacou o aumento a ratio da poboación atendida con dependencia do 30% ao 60% ou o incremento dos centros de atención diúrna nun 98%
  • Marca a conciliación da vida profesional e familiar como unha das prioridades da Consellería e salienta a Escola Infantil de Boiro posta en servizo o pasado mes de setembro e que conta con 41 prazas

 Boiro 1

Boiro (A Coruña), 6 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no mediodía de hoxe no tradicional xantar de confraternidade cos maiores do municipio coruñés de Boiro. Alí, o titular da carteira social asegurou que os maiores galegos son “peza esencial” para a Xunta de Galicia e comprometeu o traballo do Goberno autonómico para favorecer o envellecemento activo. Nesta liña o conselleiro apuntou cara a importancia de “ evitar situacións de dependencia non desexadas a través da prevención” e avanzou que a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores está en fase de elaboración e será aprobada proximamente no Consello da Xunta. “Queremos moitos maiores en Galicia, pero cunha condición, saúde e vitalidade”, abundou.

 

Na súa intervención, Rey Varela lembrou que a Consellería de Política Social “está configurada para levar a cada un dos fogares galegos os efectos da recuperación económica que estamos comezando a vivir” e valorou a creación da nova Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade que no vindeiro ano 2016 terá un incremento dun 7% con respecto ao orzamento consignado a esta área en 2015. “Unha suba que nos permitirá coidar mellor dos nosos maiores, consignar máis cartos para atención á dependencia ou abrir máis centros para maiores”, engadiu.

 

Ao fío desta idea, o conselleiro fixo balance dos logros do Goberno da Xunta desde 2009 entre os que destacou o aumento a ratio da poboación atendida con dependencia do 30% ao 60%; o incremento dos centros de atención diúrna nun 98%; o aumento dun 25% das residencias para maiores; o incremento dos centros de día nun 77%; a subida das prazas de atención a persoas con discapacidade nun 15%, o aumento dun 50% dos servizos de teleasistencia; ou a subida do Servizo de Axuda no Fogar nun 113%.

 

Aposta pola conciliación

Durante o seu relatorio, Rey Varela, marcou a conciliación da vida profesional e familiar como unha das prioridades da Consellería de Política Social. Ademais das novas medidas anunciadas como a tarxeta familiar, as casas niño ou a flexibilidade laboral, o conselleiro subliñou as “20.500 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos”.

 

Nesta liña salientou a Escola Infantil de Boiro posta en servizo o pasado mes de setembro e que conta con 41 prazas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: