A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SITÚA Á MOBILIDADE DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL COMO “UNHA LIÑA DE ACCIÓN ESENCIAL PARA ACADAR A ACCESIBILIDADE UNIVERSAL”

A directora xeral de Maiores e Discapacidade asiste na Coruña á presentación do programa Renault Movilidad para todos

 

  • Destaca a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que a Xunta levou a cabo en consenso coas principais entidades que traballan no sector
  • Asegura que o colectivo de persoas con discapacidade é “un dos campos de actuación mais importantes para a nova Consellería de Política Social”
  • A Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade aumenta nun 7% o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros

A Coruña, 10 de novembro de 2015.- A directora xeral de Maiores e Discapacidade, Coro Piñeiro, asistiu na Coruña á presentación do programa Renault Movilidad para todos. Alí reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia con aquelas persoas que presentan algún grao de discapacidade e sinalou cara a mobilidade das persoas con diversidade funcional como “unha liña de acción esencial para acadar a accesibilidade universal”. “Eventos como este programa de vehículos adaptados representan un paso máis na integración e inclusión das persoas con discapacidade”, abundou.

 

Ao fío desta idea, sinalou que neste 2015 entrou en vigor a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que a Xunta levou a cabo en consenso coas principais entidades que traballan no sector. O obxectivo deste marco lexislativo é acadar unha accesibilidade universal, que supere o concepto tradicional das barreiras arquitectónicas, regulando, por exemplo, o ámbito das novas tecnoloxías da comunicación.

 

Un 7% máis de presuposto

A directora xeral asegurou que o colectivo de persoas con discapacidade é “un dos campos de actuación mais importantes para a nova Consellería de Política Social que, grazas á súa nova estrutura orgánica, fai que este sector gañe presenza”. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade aumenta nun 7% o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros.   

 

Para o vindeiro exercicio 2016, no que atinxe a atención ás persoas con discapacidade, a Consellería de Política Social pon en marcha novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de axudas individuais destinado a adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Ademais, en 2016 reforzarase nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: