A XUNTA ATENDERÁ A PETICIÓN DO CONCELLO DE REDONDELA DE CONSTRUÍR UNHA PASARELA PEONIL NA MARXE DEREITA DA PONTE JULIÁN LOGO DE TRASLADAR O PETO DE ÁNIMAS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda reuniuse hoxe co alcalde para tratar temas de interese municipal

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, manter‡ unha reuni—n de traballo co alcalde de Redondela.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, manter‡ unha reuni—n de traballo co alcalde de Redondela.

  • Ethel Vázquez informa a Javier Bas de que neste mes de novembro disporá do proxecto da primeira fase de humanización da Avenida de Vigo

 

Santiago, 10 de novembro de 2015.- A Xunta atenderá a solicitude do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil adosada á Ponte Julián na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas este mesmo ano nesa infraestrutura. Esa petición foi trasladada polo alcalde da localidade, Javier Bas, á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na xuntanza que ambos os dous mantiveron esta mañá para abordar asuntos de interese municipal.

 

A conselleira de Infraestruturas expresou a vontade do seu departamento de atender a esta petición do Concello de Redondela, destinada a facilitar o tránsito dos peóns, se ben manifestou a necesidade de coordinar coa Dirección Xeral Patrimonio Cultural o relativo ao traslado do peto de ánimas.

 

Na reunión, Ethel Vázquez e Javier Bas abordaron tamén a solicitude do Concello relacionada coa humanización da Avenida de Vigo (PO-323) ao seu paso por Chapela. A este respecto, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda informoulle ao alcalde de que neste mesmo mes de novembro disporá do proxecto da primeira fase desta actuación.

 

Este proxecto, que será presetando ao Concello, prevé o acondicionamento da vía, recollendo, entre outras actuacións, a mellora das beirarrúas e do firme, favorecendo o tránsito tanto de vehículos como de peóns.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: