Concello de Vigo

 

O goberno local volve ampliar as axudas de emerxencia a familias, que ascenden a case 750.000 euros

Segundo anunciou este martes o alcalde, a Xunta de Goberno Local acordou incrementar de novo a partida para axudas de emerxencia a familias en 70.000 euros para atender a demanda dos que máis o precisan, que se suman aos 200.000 euros xa engadidos nos meses de xullo e agosto aos 445.000 euros que figuran no orzamento municipal para 2015. O total de fondos adicados ao efecto polo Concello de Vigo neste ano elévase a preto de 750.000 euros.

 

O programa Coidadores de Barrio contratará máis de 50 mozos desempregados para realizar labores sociais

O goberno local impulsa un ano máis a contratación de mozos e mozas desempregagas para realizar labores sociais a través do convenio con Érguete-Integración. Dotado con 1.180.000 euros, esta iniciativa permitirá contratar a máis 50 persoas que atenderán a persoas no Casco Vello, Teis, As Travesas, Calvario e Bouzas-Coia.

 


O Concello forma a máis de 8.000 cidadáns en seguridade viaria

Abel Caballero asistiu na mañá deste martes á charla informativa que ofreceu a Policía Local sobre seguridade viaria a integrantes da Asociación Agarimo de Amas de Casa e Consumo. A actividade enmárcase no programa municipal de Educación Viaria que no seu desenvolvemento ten realizado xa 215 conferencias en colexios e outras en espazos municipais, veciñais e centros de saúde.

 


Caballero pide suprimir o voto rogado: «o dereito de voto non debe ser negociable nin restrinxido»

O alcalde acudiu hoxe martes á Casa Galega da Cultura para participar na inauguración de «Galicia imaxinada nas revistas de emigración», unha exposición que retrata a través de vinte paneis a imaxe que os emigrantes teñen de Galicia. Caballero fixo un chamamento á eliminación do voto rogado por ser unha «enorme dificultade» para que os emigrantes poidan exercer o seu dereito.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: