EVA GARCÍA DE LA TORRE COMPROMETEUSE A QUE O CONCELLO ACOMETERÁ URXENTEMENTE AS REPARACIÓNS NECESARIAS NO COLEXIO PÚBLICO CRUZ BUDIÑO

O Porriño, martes 10 de novembro.- A alcaldesa do Porriño comprometeuse, este martes, durante unha visita ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Cruz-Budiño, a que o Concello acometería a reforma urxente das principais deficiencias do mesmo.Alcaldesa colexio (1)
As máis importantes, como pudo comprobar Eva García de la Torre no
percorrido que fixo acompañada pola concelleira de Educación, Soledad
Girón, o director do centro, José Luis Freire, a xefa de estudos e a
presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), son a
necesidade de un peche que garanta a seguridade e integridade das
rapazas e rapaces; a eliminación das filtracións de auga no pavillón do
centro, que xa resultou asolagado en varias ocasións, e o aillamento das
aulas de Infantil.

A alcaldesa constatou que, como lle expuxo o director, a Deputación de
Pontevedra comprometerá no anterior mandato municipal un orzamento de
25.000 € para o peche do recinto escolar, unha cantidade que,
finalmente, non chegou ao Concello porque dende o goberno local non se
realizou o proxecto para o mesmo.

Eva García de la Torre, nunha xuntanza que mantivo cos veciños de Budiño
hai duas semanas, prometeu que visitaría o colexio, no que na
actualidade estudan 114 nenas e nenos, e que “se é por 25.000, mesmo por
35.000 €, o Concello non dubidará en acometer as obras e melloras
necesarias para que os alumnos reciban a súa educación en condicións
óptimas”.

Nos vindeiros días, comentou Eva García de la Torre aos responsables do
centro, o arquitecto municipal achegarase ao mesmo e realizará unha
valoración das obras que hai que acometer e a directiva da ANPA do
Cruz-Budiño manterá unha xuntanza coa alcaldesa para expor, polo miudo,
os seus proxectos e as carencias que entenden que ten este colexio no
que, como dixo o seu director, non se fai un mantemento axeitado dende a
súa apertura en 1981.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: