LÓPEZ-CHAVES ESPERA QUE A EXPOSICIÓN ´GALICIA IMAXINADA NAS REVISTAS DA EMIGRACIÓN´ AXUDE A APRENDER A HISTORIA DA DIÁSPORA

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá no acto de inauguración desta mostra na que colabora a Secretaría Xeral da Emigración
  • Pode visitarse na Casa Galega da Cultura dende hoxe e ata o 6 de decembro

 10112015_ExpoGaliciaImaxinada2 10112015_ExpoGaliciaImaxinada

Vigo, 10 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´, mostra organizada polo Consello da Cultura Galega que retrata a Galicia dos emigrantes e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Na súa intervención, López-Chaves considerou a mostra “moito máis ca unha compilación estética, gráfica, artística ou literaria”, considerándoa “un anaco importante da nosa memoria” posto que máis de dous millóns de persoas puxeron rumbo a América nas dúas grandes vagas migratorias da nosa historia destacando as revistas editadas xa que “conteñen unha relevancia estética e artística innegable sendo un legado histórico”.

 

O delegado lembrou así o traballo feito polas comunidades galegas no Exterior tendo unhas verbas especiais para os “máis de medio millón de galegos e emigrados” que hoxe en día viven espallados por medio mundo “universalizando o nome de Galicia e poñéndoo en valor”.

 

Deste xeito, agradeceu ao Consello da Cultura Galega e á Secretaría Xeral da Emigración esta nova contribución e colaboración “por manter viva esa testemuña” porque, coma dixo, “boa parte do progreso e desenvolvemento da Galicia e Vigo actual se debe a aqueles que emigraron”.

 

A exposición –que pode visitarse na Casa Galega da Cultura dende hoxe e ata o 6 de decembro- amosa así a Galicia emigrante de antes e de agora facendo o delegado especial fincapé en que, a día de hoxe, os galegos residentes no estranxeiro configúranse ademais “como baluartes e pontes de conexión fundamentais” para ter novas oportunidades de intercambio cultural, educativo, económico e de calquera índole, nos países onde existen colectividades galegas.

 

Con todo, o delegado considerou que ´Galicia Imaxinada nas Revistas de Emigración´ “é froito do cariño e o traballo dos emigrantes” amosando así a importancia e relación que existe entre a emigración e Galicia xa que, coma dixo, “sen relatar a emigración, é imposible definir Galicia”. Para rematar, López-Chaves esperou que esta mostra axude aínda máis a “aprender a historia da nosa diáspora” que, en definitiva, “é a historia de Galicia”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: