O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL COA DECANA E MEMBROS DO COLEXIO DE AVOGADOS

  • 10112015_DelegVigoDecanaAvogadosIgnacio López-Chaves explicoulles os trámites administrativos que faltan para que a Xunta poida licitar a Cidade da Xustiza
  • Volveu a pedir “axilidade” ao Concello de Vigo para que os terreos estean a disposición da Administración autonómica canto antes

 

Vigo, 10 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional coa decana do Colexio de Avogados de Vigo, Lourdes Carballo, e membros da súa xunta directiva para tratar diversos asuntos do ámbito xudicial. Entre eles, explicarlles de primeira man a tramitación administrativa para levar a cabo o proxecto da Cidade da Xustiza.

 

Neste senso, en declaracións aos medios, o delegado sinalou que lles explicou cómo están a día de hoxe os trámites para poder executar o proxecto da Cidade da Xustiza. Así, entregoulles toda a documentación onde se constata que os terreos aínda están inscritos no Rexistro da Propiedade a nome dos seus propietarios particulares ademais de informarlles puntualmente de todos os trámites que faltan para que a Xunta poida licitar os terreos.  “Aínda no día de onte estaban os terreos inscritos a nome dos seus propietarios particulares”, declarou López-Chaves, quen citou os pasos que lle faltan ao Concello para que a cesión da parcela sexa efectiva e que pasan por: inscribir as fincas no Rexistro da Propiedade ao nome do Concello e unificalas para que haxa unha soa; demoler as vivendas e, por último, levalo a pleno municipal.

 

“Estamos desexando que se resolva con celeridade porque hai partida no orzamento”, engadiu o delegado, quen volveu a pedir así “axilidade” ao Concello de Vigo para que os terreos estean a disposición da Administración autonómica canto antes. “Explicamos ao Colexio de Avogados a situación actual, os trámites a cumprir polo Concello e a vontade da Xunta de Galicia de sacar o proxecto a licitación inmediatamente cando estean os terreos a disposición”, lembrou López-Chaves, matizando a continuación que “antes non se pode facer porque nestes momentos non están os terreos a disposición”.

 

Por último, o responsable da Xunta en Vigo pediu ao alcalde Abel Caballero que lle dea “a importancia que ten” ao proxecto da Cidade da Xustiza, que amose unha “axilidade clara” e que os trámites “se fagan canto antes para poder licitar as obras”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: