Archive | noviembre 11, 2015

eventos en ISLAND CLUB, Plaza de la Estrella, 8 VIGO

VIERNES GENERICO_estrella_agosto2015 menu_boc02——————————————————————————-

Jueves 13 de Noviembre y todos los jueves Clases de Kizomba con Edson Santos en la sala LA ESTRELLA a partir de las 22:30 h.  – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

——————————————————————————-

Jueves 12 de Noviembre y todos los jueves  “CON LA VENIA” en concierto, a partir de las 23:30 h. entrada libre

—————————————————

Viernes 13 de Noviembre  en la sala LA ESTRELLA:   Clases de Kizomba con Juanjo BK  a partir de las 23:30 h.  clases de Bachata con Tony Bachata a las 00:15

——————————————————————————-

Viernes 13 de Noviembre a partir de las 23:45h en sala MIKONOS  Sesión especial del dj residente DANI MUÑOZ .- entrada 5€ con consumición mínima incluida.

——————————————————————————-

Sábado 14 de Noviembre  en la sala LA ESTRELLA: Sesion especial con Juanjo BK y animación con Tony Bachata – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

———————————————————————————-

Sábado 14 de Noviembre en la sala MIKONOS  “Cool Cocktails – Copas Premium y Terraza Loung” a partir de las 23:30 h.  – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

——————————————————————————-

Anuncios

REY VARELA ANUNCIA O COMPROMISO DE ESTUDAR FÓRMULAS PARA DIMINUÍR O COPAGO PARA AS RENDAS MEDIAS EN PERSOAS CON ALZHÉIMER E DANOS CEREBRAIS EN CENTROS DE DÍA

O conselleiro de Política Social explicou esta tarde no Parlamento as liñas estratéxicas deste departamento autonómico para 2016

V  O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, comparecer‡ no Parlamento para explicar as li–as xerais do departamento que preside

V O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, comparecer‡ no Parlamento para explicar as li–as xerais do departamento que preside

  • O titular de Política Social sinalou que está a analizar a posibilidade de que esta diminución do copago para a atención de persoas afectadas de alzhéimer ou danos cerebrais se poida facer efectiva ao longo do vindeiro ano
  • Entre os obxectivos en materia de Dependencia e Diversidade funcional para 2016 aos que se referiu Rey Varela na súa intervención destacan: incluír a 10.000 novos dependentes no sistema de atención para chegar ás 50.000 persoas e alcanzar unha ratio de cobertura do 75%, aumentar en 500 persoas máis as atendidas polo Servizo de Axuda no Fogar e habilitar 130 novas prazas en servizos tanto de atención diúrna no ámbito do colectivo do alzhéimer como nos servizos residenciais
  • Ademais, no eixe de Familia, Infancia e Conciliación, Política Social toma como referencia a países como Noruega, Suecia ou Finlandia con medidas como a axuda directa ao nacemento de 100 euros para os pais e nais por cada fillo ou filla que naza a partir do 1 de xaneiro. Con esta iniciativa preténdese chegar a 16.000 familias, e na orde que rexerá a concesión destas axudas terán prioridade as familias monomarentais e monoparentais
  • No que atinxe a área de Inclusión Social, o conselleiro defendeu un maior diálogo e coordinación cos concellos e entidades, de aí que as contas do vindeiro exercicio multipliquen por dous as ordes destinadas ao movemento asociativo e aos entes locais. Así mesmo, a súa vontade é axilizar ao máximo os prazos de tramitación da RISGA para que as persoas que teñen dereito a esta renda a perciban canto antes, sen demoras inxustificadas por parte da Xunta
  • E, por último, Rey Varela, salientou o reforzo orzamentario en Xuventude, Participación e Voluntariado, reservándose para o exercicio de 2016 case 10 millóns de euros destinados a impulsar programas como Iniciativa Xove, Galeuropa ou as Campañas de Verán, entre outros

 

Santiago, 10 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu esta tarde en sede parlamentaria para explicar as liñas estratéxicas deste departamento autonómico de cara a 2016, asegurando que a prioridade será “contribuír ao benestar dos galegos e galegas”. Ao respecto, salientou que os orzamentos expansivos da Xunta para o vindeiro ano, que medran por primeira vez dende que comezara a crise en 2008, abren unha nova etapa; e que a vontade é levar esta recuperación das contas públicas aos fogares galegos. Ao fío disto, recordou que a suba en máis de doce puntos do orzamento da Consellería ata facer un cómputo global de 618,5 millóns de euros permitirá reforzar todas as áreas de actuación desta carteira autonómica: Dependencia -con 26 millóns de euros máis que este ano para alcanzar un total de 324 millóns-; Inclusión social -cunha subida do 24% ata situarse nos 86,5 millóns de euros-; Infancia, Familia e Conciliación – con 97,2 millóns de euros que representan un aumento próximo ao 40%-; e Xuventude, Participación e Voluntariado –que aumenta un 15% sumando case 10 millóns de euros-.

 

Na súa intervención, Rey Varela detallou os obxectivos que se fixa para a vindeira anualidade en cada unha das áreas de intervención da Consellería. Neste sentido, e no eixe de atención á dependencia e á diversidade funcional, anunciou a intención de diminuír o copago para as persoas afectadas de alzhéimer e as que sofren danos cerebrais que están en centros de día. O titular de Política Social explicou que o seu departamento está a traballar en varios escenarios para que esta diminución se poida facer efectiva no vindeiro ano para as rendas medias. Outros obxectivos que fixou para este ámbito son: ampliar en 10.000 máis o número de persoas incluídas no sistema de atención á Dependencia para chegar aos 50.000 beneficiarios e a unha ratio de cobertura do 75%; incorporar a 500 novos usuarios e usuarias ao Servizo de Axuda no Fogar; superar as 5.700 prazas en servizos de teleasistencia e crear 130 novas prazas en servizos tanto de atención diúrna no ámbito do colectivo de alzhéimer como nos servizos residencias.

 

Ademais, avogou pola mellora da coordinación, unha maior colaboración económica e o desenvolvemento de programas conxuntos tanto cos concellos como coas entidades que traballan neste ámbito, de aí o aumento nun 20% na partida destinada ás federacións que forman parte do CERMI-Galicia, para as que se reservan un total de 3,6 millóns de euros. E, por último, anunciou que nestes momentos está en marcha un procedemento de contratación de servizos de promoción da autonomía persoal de máis de 8.600 horas anuais para persoas con discapacidade intelectual, e que a Consellería está a traballar no incremento dun centenar de novos servizos de atención residencial e de atención diúrna para os diferentes colectivos de diversidade, en especial para a discapacidade intelectual e o autismo.

 

Unha administración sensible coas familias e a infancia

 

A familia, a infancia e a conciliación é un dos piares fundamentais en que se asentan as medidas e intervencións planificadas pola Consellería de Política Social de cara ao vindeiro ano. “Seremos unha administración sensible ás necesidades das familias e centraremos os maiores dos nosos esforzos en apoiar o desenvolvemento dos nenos e nenas deste país”, declarou Rey Varela.

 

Neste sentido, explicou que as liñas de actuación neste ámbito teñen como referencia as experiencias levadas a cabo en países como Suecia, Finlandia ou Noruega. Estas son: o bono conciliación, o bono coidado no rural e as casas-niño, que teñen por finalidade favorecer a conciliación. E xunto con estas medidas, outro dos obxectivos é axudar a afrontar os gastos básicos que supón o nacemento dun fillo ou filla mediante axudas directas de 100 euros o mes durante o primeiro ano por cada neno ou nena que naza a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Ao respecto desta axuda –para a que se habilitan 9 millón de euros nas contas de 2016-, Rey Varela informou que será para sufragar os gastos de alimentación, hixiene infantil, roupa e outros produtos de primeira necesidade; e que se pretende chegar coa mesma a unhas 16.000 familias galegas, o que supón unha porcentaxe de oito de cada dez. Así mesmo, avanzou que na orde que rexerá a concesión desta axuda, que se aprobará este ano e que entrará en vigor o 1 de xaneiro, terán unha especial consideración as familias monomarentais e monoparentais.

 

E dentro do ámbito da conciliación, o titular de Política Social avanzou que se continuarán ampliando as prazas en escolas infantís sustentadas con fondos públicos. En 2016 hai fixada unha partida económica de 3,4 millóns de euros que permitirá a concesión dun mínimo de 2.600 bonos conciliación, o que equivale a 1.400 novas prazas que se incorporan ás financiadas con fondos públicos.

 

Uns servizos sociais de todos

 

No eixe da Inclusión Social, cuxas partidas orzamentarias soben un 24% ata situarse por riba dos 86 millóns de euros, Rey Varela dixo que “destinar máis recursos ás persoas e familias máis golpeadas pola crise é unha obriga para calquera goberno que teña un mínimo de responsabilidade e sensibilidade”. Este maior marxe orzamentario de 2016 permite á Consellería multiplicar por dous os recursos destinados ás entidades que traballan a pe de rúa cos colectivos que peor o están pasando e que moitas veces chegan onde non o fai a administración -7,3 millóns de euros para o vindeiro ano fronte os 3,9 millóns deste ano-; e tamén duplicar a orde destinada a concellos, que se sitúa en 3,4 millóns de euros fronte aos 1,7 millóns desta anualidade. Neste sentido, o responsable de Política Social apuntou que “os concellos son fundamentais para ter unha cobertura social máis eficiente”, engadindo que “os servizos sociais non son da Xunta nin dos concellos senón de todos os galegos e galegas”.

 

Rey Varela tamén se referiu á Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) -que o ano que vén se reforza con 5 millóns de euros máis para sumar un total de 52,7- facendo fincapé na importancia de que esta chegue canto antes a toda a xente que verdadeiramente a precisa para cubrir as súas necesidades básicas. Neste sentido, dixo que a vontade é axilizar ao máximo os prazos de tramitación da mesma evitando as demoras por parte da Xunta. Ademais, destacou que as contas da Consellería para 2016 teñen en conta o Plan Social de Loita contra a Desigualdade Económica dotándoo de 10 millóns de euros, e que este supera os 20 millóns coas achegas doutras Consellerías.

 

E unha última liña de actuación neste ámbito á que se referiu o conselleiro é a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, con máis de 300 actuacións do seu e doutros departamentos autonómicos e das cales destacou: o tícket eléctrico, as axudas para a compra de material escolar ou as medidas contra os desafiuzamentos, como o programa Reconduce e a promoción dos alugueiros sociais.

 

Apoio á mocidade

 

Rey Varela rematou o repaso ás liñas estratéxicas da Consellería de Política Social para 2016 coa área de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre a que lembrou -como mostra de compromiso da Xunta coa mocidade- o incremento en máis de 15 puntos do orzamento para situarse en 9,4 millóns de euros. Unha cantidade económica que se destinará a cinco ámbitos fundamentais de actuación: o reforzamento das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) -610.000 euros-, favorecer a participación a través do programa Iniciativa Xove -550.000 euros-, fomentar o voluntariado -520.000 euros- os programas de mobilidade transnacional “Galeuropa” -2,1 millóns de euros- e a Campaña de Verán -2,3 millóns de euros-

 

O conselleiro tamén destacou a importancia da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, do programa “Deseñando o teu futuro” e da colaboración coa Fundación Galicia-Europa para o desenvolvemento e difusión de diversos plans europeos dirixidos á mocidade. Por último, referiuse ao traballo coordinado con outros departamentos da administración autonómica, entidades e axentes neste ámbito; e que ten como marco a primeira Lei de Xuventude de Galicia aprobada en 2012 e o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, en vigor dende xullo do ano pasado.

 

En definitiva, Rey Varela considerou que os orzamentos da Consellería e as liñas estratéxicas que deles se derivan “sentan as bases para que nesta etapa, en que por primeira vez dende o ano 2008 temos uns orzamentos expansivos, podamos ofrecer solucións e novas oportunidades aos fogares que viron diminuída a súa calidade de vida por culpa da crise”. Ao respecto, o titular de Política Social avogou polo diálogo permanente e a a colaboración  na busca de puntos de encontro  que permitan mellorar as políticas sociais e atender mellor e a máis galegos e galegas.