A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL EXPLORA NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN CON DOWN GALICIA PARA MELLORAR A INTEGRACIÓN E A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON ESTA SÍNDROME

Jose Manuel Rey Varela visitou a sede da Federación Galega de Institucións para Síndrome de Down  

  • Lembra que o convenio asinado coa Federación medra un 10% ata acadar os 446.838 euros
  • Sitúa a plena integración familiar, escolar, social e laboral das persoas con síndrome de Down como “froito da colaboración e do traballo conxunto da sociedade e as administracións públicas”
  • A Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade aumenta nun 7% o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros

 

jose manuel rey varela visita a sede de Down Galicia

jose manuel rey varela visita a sede de Down Galicia

Santiago, 12 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe a sede da Federación Galega de Institucións para Síndrome de Down – Down Galicia onde adquiriu o compromiso de explorar novas vías de colaboración coa entidade para acadar “unha mellora da integración e da igualdade das persoas con síndrome de Down que reverta na mellora da calidade de vida de estes e das súas familias”. Nas súas verbas, Rey Varela definiu a este colectivo como “peza básica da nosa política social”, unha importancia que vén referendada co aumento dun 10% no convenio asinado coa Federación para 2016 que acadará os 446.838 euros.

 

O conselleiro afirmou que a plena integración familiar, escolar, social e laboral das persoas con síndrome de Down ou outra discapacidade “debe de ser froito da colaboración e do traballo conxunto da sociedade, incluído o mundo empresarial, e as administracións públicas, pasando polos interlocutores sociais e as entidades de movemento asociativo da discapacidade como esta federación”.

 

Nesta liña o conselleiro asegurou que estudará a posibilidade da creación de novas prazas na entidade Down Galicia así como outras liñas de axuda como vén facendo a Xunta de Galicia nos últimos anos a través da concesión de outros  servizos.

 

A entidade sen ánimo de lucro Down Galicia agrupa as asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. Creada en 1998, esta asociación realiza unha múltiple labor na coordinación de programas e servizos, elaboración de materiais de sensibilización e información, planificación e xestión da formación para empregados, impulso de políticas de calidade ou servizos de atención especializada.

 

Un 7% máis de presuposto

O conselleiro valorou as persoas con síndrome de Down como un “grupo importantísimo” dentro do colectivo de persoas con discapacidade. Un colectivo que, dixo o conselleiro, “grazas á nova estrutura orgánica da Consellería, gaña presenza”. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade aumenta nun 7% o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros.   

 

Para o vindeiro exercicio 2016, no que atinxe a atención ás persoas con discapacidade, a Consellería de Política Social pon en marcha novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas e a creación dun banco de axudas individuais destinado a adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Ademais, en 2016 reforzarase nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: