Os concertos da Anecoica inician unha colaboración con músicos do Conservatorio de Vigo

anecoica1Vigo, 12 de novembro de 2015.- Lucía Lugrís e Raúl Reyes son os primeiros músicos do Conservatorio de Vigo en participar nos concertos da Anecoica. Será mañá nun concerto con dous pases (11.00 e 12.00 horas) na sala semi-anecoica da E.E. de Telecomunicación do Campus de Vigo.

O público que forme parte desta experiencia terá a oportunidade de escoitar primeiro aos músicos nesta sala especial e, de seguido, nunha nave contigua para comprobar a diferenza entre o son direccional e o son cheo de reverberacións.

Lucía Lugrís  (frauta traveseira) e Raúl Reyes (clarinete) son dous alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo.  Neste concerto interpretarán obras de Dúos para frauta e clarinete do compositor Robert Muczynski.

Sinsal Anecoica é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo, o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na E.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Extensión Universitaria e o apoio do Concello de Vigo.

 

 

OS CONCERTOS DA ANECOICA

Lucía Lugrís (frauta traveseira) e Raúl Reyes (clarinete)

 

 

Data:     13 de novembro

Hora:    12.00 h  // 13.00 h (dous pases)

Lugar:  E.E de Telecomunicación. Universidade de Vigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: