Archivo | noviembre 12, 2015

A XUNTA EXPÓN AS MEDIDAS DA SÚA POLÍTICA SOCIAL DE VIVENDA NAS ‘XORNADAS DE DEREITO AO CONSUMO’ CELEBRADAS NA CORUÑA

  • O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou neste encontro organizado polo Colexio de Avogados e a Universidade da Coruña
  • Os asistentes, maioritariamente avogados, recoñeceron a magnitude das medidas adoptadas

Santiago, 12 de novembro de 2015.-  A Xunta de Galicia presentou hoxe as medidas que compoñen a súa política social de vivenda no transcurso das ‘VII Xornadas de dereito ao consumo”, organizadas polo Colexio de Avogados e a Universidade da Coruña. Segundo explicou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, Galicia conta cun amplo abano de medidas dirixidas a evitar ou paliar os efectos da perda da vivenda habitual a causa de execucións hipotecarias ou impagos do alugueiro.

Ante un auditorio composto maioritariamente por profesionais do dereito, o director presentou un conxunto de medidas contra os desafiuzamentos difícil de atopar en calquera outra comunidade autónoma. Os asistentes manifestaron, na quenda de preguntas, o seu recoñecemento da magnitude e variedade das medidas adoptadas pola Xunta en materia de protección das familias afectadas polo impago de hipotecas e alugueiros.

Heriberto García explicou que xa a Lei de Vivenda de Galicia, aprobada en 2012, establece medidas para evitar os desafiuzamentos nas vivendas de promoción publica e permitir a dación en pago nas vivendas protexidas.

Nese mesmo ano, o Consello da Xunta aprobou o programa de “Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias” que segue en vigor e que ten por finalidade dar cobertura a todas as persoas que perdan a súa única vivenda nun procedemento de execución hipotecaria e teñan uns ingresos ponderados inferiores a 2,5 veces o IPREM. Ese programa, concretou, permitiu dar resposta a todos os solicitantes que cumprían os requisitos.

 

O realoxo dos afectados por execucións hipotecarias realízase preferentemente en vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou en vivendas cedidas para tal fin polas entidades financeiras ou a Sareb.

 

Segundo explicou, a política social de vivenda viuse reforzada coa aprobación, a comezos deste ano 2015, do Plan rehaVita, o primeiro plan autonómico de vivenda, que pon o acento nas medidas destinadas a garantir un fogar as familias que máis apoio necesitan.

 

Nese marco, a Xunta aprobou no mes de agosto de 2015 o Bono de alugueiro social, unha medida que evita os desaloxos da vivenda por impago do alugueiro ou palía os efectos do mesmo. Trátase dunha axuda urxente de 150 euros mensuais por un período de ata dous anos, máis unha axuda adicional de 450 euros que permite facer fronte ao pago de atrasos ou aos gastos dun novo contrato de alugueiro.

 

Ademais, a Xunta conta con programas e medidas tendentes a evitar os desafiuzamentos, como o Programa Reconduce, que xa atendeu a 344 familias, das que a meirande parte corrían o risco de perder a súa vivenda habitual ou presentaban serios problemas de sobreendebedamento que lles impedía afrontar o pago da hipoteca.

 

Tamén se asinou un convenio entre a Xunta, Fegamp, Consello Xeral do Poder Xudicial co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar os casos de especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento de vivenda familiar e adoptar medidas de carácter social e de realoxo que evite os efectos da perda de vivenda.

 

Pola súa parte, a Xunta asinou o pasado verán convenios con Abanca, Caixa Rural Galega e Banco de Sabadell, e previsiblemente o fará no futuro con novas entidades, cun dobre obxectivo:

 

  1. Posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria instados pola entidade, cun alugueiro mensual que non superará o 75 euros

 

  1. Cesión de vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras, para destinalas a alugueiro social por parte do IGVS, con prezo nunca superior a 125 euros mensuais.

 

Ademais, en 2016 crearase o Censo de Vivendas Baleiras, que permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas

A XUNTA TRASLÁDALLE Á CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA AS VANTAXES DA ADXUDICACIÓN DE SOLO INDUSTRIAL EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da CEP, Jorge Cebreiros

  • A conselleira lembra que a Xunta reforzará en decembro os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro o metro cadrado en réxime de dereito de superficie
  • Estas medidas comezarán a aplicarse nos parques de Xestur e estenderanse aos do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha segunda fase

 

Santiago, 12 de novembro de 2015.- Ethel Vázquez informou hoxe ao presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra sobre as vantaxes da adxudicación de solo industrial en réxime de dereito de superficie. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da CEP, Jorge Cebreiros.

 

A conselleira lembrou que a Xunta de Galicia reforzará os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro o metro cadrado en réxime de dereito de superficie.

 

O Consello da Xunta deu a coñecer a semana pasada un informe sobre as novas condicións baixo as que se poderá acceder a solo empresarial na comunidade, que gaña así en competitividade e atractivo para o desenvolvemento de proxectos empresariais fronte a Portugal.

 

Vázquez explicou que os parques empresariais galegos ofertarán solo en condicións óptimas ás empresas interesadas en instalarse en Galicia sen que sexa preciso realizar un forte investimento na adquisición do mesmo. Precisou que os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias para desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles correspondan a cambio dun canon anual, equivalente a unha porcentaxe do prezo de venda da parcela.

 

Os pagos serán menores nos primeiros anos, tendo en conta que nesa etapa a empresa deberá afrontar os investimentos derivados da instalación e mesmo poderá desfrutarse dun primeiro ano de carencia se se solicita. A evolución do canon que deberán pagar será a seguinte:

 

  • 1 ano de carencia, se se solicita.
  • 1,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
  • 2,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
  • 3,5% do prezo de venda da parcela no resto do período de vixencia da concesión.

Durante os dez primeiros anos da concesión, os adxudicatarios poderán exercitar o dereito de compra das parcelas ao seu prezo orixinal e descontando unha parte do pagado en concepto de canon.

O prego establece que o prazo de vixencia do dereito de superficie será de trinta anos, prorrogables ata un máximo total de sesenta anos por acordo entre as partes. Transcorrido o período de vixencia do dereito de superficie, a plena propiedade do solo, do subsolo e das edificacións construídas polo superficiario en cumprimento das súas obrigas, reverterá no organismo público correspondente.

No prazo máximo de tres anos, os adxudicatarios deberán ter edificadas as súas instalacións e obtida a licenza de actividade co obxectivo de garantir que os investimentos e a creación de postos de traballo se realizan no prazo máis curto posible.

Estas medidas comezarán a aplicarse en decembro en máis de 2 millóns de metros cadrados de parques empresariais propiedade de Xestur e se estenderán aos do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha segunda fase.

No seguinte cadro amósanse os parques empresariais da provincia de Pontevedra coas correspondentes superficies, parcelas e prezos.

  SOLO DISPOÑIBLE PREZO MEDIO SEN BONIF. M2 CANON MEDIO ANUAL
 M2 Parcelas 1,5% M2 2,5% M2 3,5% M2
ARBO 21.964,00 19 69,20 € 1,04 € 1,73 € 2,42 €
SILLEDA ÁREA 33 13.006,82 4 87,47 € 1,31 € 2,19 € 3,06 €
LALÍN 2000 8.555,00 3 94,72 € 1,42 € 2,37 € 3,32 €
REIGOSA 154.517,35 19 95,58 € 1,44 € 2,40 € 3,36 €
MOS 166.651,00 26 152,04 € 2,28 € 3,81 € 5,33 €
TOTAL 2.026.060,36 587        

 

LÓPEZ-CHAVES CONSIDERA QUE O ALCALDE DA CIDADE “NON TEN INTERESE” EN POÑER EN MARCHA A ÁREA METROPOLITANA EN VIGO

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo considerou que “pouco interese ten en axilizala” ao negarse a manter un encontro coa Administración autonómica antes incluso de ser convocado
  • O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, convocará ao Concello a unha xuntanza de traballo recordándolle que o vindeiro 24 de novembro remata a rolda con 13 dos 14 concellos
  • A Xunta ponse a disposición do goberno local vigués para establecer a data que considere máis oportuna para abordar a recta final do proceso
  • O obxectivo é trasladarlles aos distintos grupos políticos as aportacións recollidas ao longo das sesións de traballo mantidas coas 13 corporacións locais ademais de escoitar as que se desexen facer para completar un texto consensuado

 

Vigo, 12 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, considerou hoxe en declaracións aos medios que o alcalde da cidade, Abel Caballero, “non ten interese” en poñer en marcha a Área Metropolitana.

 

Logo das últimas declaracións feitas polo rexedor vigués, López-Chaves valorou que “pouco interese ten en axilizala cando antes de ser convocado a unha reunión xa di que non se vai a reunir”, sinalou. “Se tivese interese diría que se quere reunir coa Xunta para determinar qué se pode modificar e mellorar da Lei”, continuou.

 

Pola súa banda, o delegado explicou que a Xunta de Galicia si ten interese en poñer en marcha a Área Metropolitana de Vigo e por iso estanse a levar a cabo as xuntanzas cos concellos e as Corporacións locais que forman parte da área. A día de hoxe, restan por manter eses encontros cos concellos de Moaña, Cangas, Redondela e Vigo, sendo este o último pero o que está chamado a liderar a Área Metropolitana.

 

Neste senso, avanzou que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, contactará co Concello de Vigo para convocalo a unha xuntanza de traballo recordándolle ao alcalde de Vigo que o vindeiro 24 de novembro remata a rolda de contactos con 13 dos 14 concellos que a van a integrar inicialmente. Deste xeito, ponse a disposición do goberno local vigués para establecer unha data. “Se envía a solicitude da reunión ao alcalde, a documentación e se pide que convoque a todos os grupos municipais”, explicou López-Chaves esperando que así o faga porque a intención da Xunta é “coñecer a opinión e pulso de todas as Corporacións” para conseguir un consenso.

 

O obxectivo é trasladarlles aos distintos grupos políticos que configuran o pleno as diferentes propostas de modificación da Lei da Área Metropolitana que, ademáis, son as remitidas polo goberno municipal de Vigo a raíz da xuntanza que tivo o alcalde da cidade co Presidente da Xunta de Galicia o pasado 6 de xullo.

 

A Xunta ponse así a disposición para fixar a data que o alcalde considere máis oportuna para abordar a recta final do proceso, baixo o mesmo formato que tódalas reunións anteriores e co obxectivo final de consensuar o texto que permita que, no ano 2016, Vigo teña a súa Área Metropolitana.

 

EL COLEGIO LAR ES DISTINGUIDO POR SU GESTIÓN BASADA EN LA CALIDAD Y EL MEDIO AMBIENTE

Su director, Rodrigo Salgado, recogió el premio Líderes en Calidad esta mañana durante la celebración de la Jornada de Exaltación de la Calidad en ExpourenseColegio_Lar_premiados_Líderes_Calidad

El centro educativo es pionero en Galicia en implantar y certificar un sistema de gestión de calidad

 

Una nueva distinción a la calidad educativa es lo que ha recibido el Colegio Lar en el día de hoy. Si hace unos meses la Fundación Europea para la Gestión de la Calidad (EFQM) le otorgó a este centro, ubicado en Mos, el sello +400 en la gestión de la calidad educativa, ahora ha sido Expourense-Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense la entidad que ha distinguido al Colegio Lar por ser un modelo a seguir en su sector, destacando su compromiso con la calidad y con el medio ambiente, convirtiéndose así en el primer centro educativo de la provincia en recibir este galardón y el segundo en toda Galicia.

El jurado integrado por los directores de AENOR, Serviguide y por el Comité Ejecutivo de Expourense (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello de Ourense, ABANCA, Concello de Barbadás, Concello de San Cibrao, Cámara de Comercio e Industria de Ourense y Confederación de Empresarios de Ourense) ha valorado la trayectoria de distintas empresas e instituciones certificadas procedentes de los sectores de la alimentación, sanitario, internacionalización, educación y medio ambiente, y ha estimado que el Grupo Colegio Lar fuese la distinguida en el ámbito de la educación.

Coincidiendo con el Día Mundial de la Calidad, el director del colegio Rodrigo Salgado y la fundadora Marisol Pombo acudieron esta mañana a la Jornada de Exaltación de la Calidad que se celebra en la ciudad de las Burgas y en la cual tuvo lugar la entrega de los Premios Líderes en Calidad. Carlos Mera y Camilo González hicieron una presentación del colegio y de la experiencia en su gestión basada en la calidad y medio ambiente y cómo las certificaciones les han permitido mejorar sus procesos, aportándoles beneficios. “La calidad la hemos integrado en la organización del centro y está liderada por el equipo directivo. Somos un centro educativo pionero en Galicia en implantar y certificar un sistema de gestión de calidad”, aseguró el director haciendo referencia a la certificación ISO9001 conseguida en 2003, la incorporación de enseñanzas medias al certificado ISO9001 en 2010 y la certificación EFQM 400+ con Aenor en 2014. “Nuestro primer objetivo es buscar herramientas para facilitar el trabajo del profesorado en el cumplimiento de la normativa con la finalidad de seguir un estilo de trabajo común basado en nuestro proyecto educativo, planificando y evaluando cada curso”.

Salgado asegura que “desde que comenzamos en el año 2003, la mejora de nuestros objetivos estratégicos está siendo inmejorable”. Por lo que respecta a idiomas se han implando enseñanza en cuatro idiomas y es centro bilingüe desde los 0 años; en lo referente a las nuevas tecnologías, trabajan con libros digitales y se han instalado pizarras digitales en todas las aulas, haciendo una fuerte apuesta por la enseñanza 2.0; también se planifica la formación del profesorado en metodologías pedagógicas punturas; en cuanto a la excelencia en la enseñanza existe una amplia oferta deportiva y una escuela de música y, por lo que respecta a la conciliación familiar y escolar, se ofrece un horario escolar adaptado, ampliando la oferta de servicios complementarios y actividades extraescolares, se implantó la guardería Babylar y se diseñó la memoria de Responsabilidad Social Corporativa y la política RSC.

El director del centro concluyó su intervención sosteniendo que “las mejoras nos permiten afianzar nuestras fortalezas y diferenciarnos de la competencia”.

 

O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA XESTIONE CO GOBERNO CENTRAL A APERTURA DUNHA BIBLIOTECA PÚBLICA ESTATAL EN VIGO

  • O deputado Javier Dorado manifestou que “o Concello de Vigo ten que dotar ao Estado dos terreos necesarios para facer posible o investimento na construción da nova biblioteca pública; ao tempo que a Xunta farase cargo da xestión deste centro”

 

Santiago, 11 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de PSOE e AGE, a través da que se insta á Xunta de Galicia a realizar as xestións oportunas diante do Goberno central para tratar de que a apertura dunha Biblioteca Pública do Estado en Vigo poida ser unha realidade á maior brevidade posible, reclamando que o Concello vigués poña a disposición os terreos axeitados para este centro.

 

O deputado do Grupo Popular Javier Dorado considerou necesario “altura de miras e traballar todos xuntos para mellorar os servizos públicos e a calidade de vida dos galegos e, nomeadamente, dos veciños de Vigo”. Para elo, indicou que “faise precisa a coordinación e cooperación de todas as administracións públicas de Galicia”, porque o actual Goberno central “xa dispuxo de partidas orzamentarias para a biblioteca de Vigo en varias ocasións pero non se puideron executar pola falta de terreos”.

 

En concreto, Dorado manifestou que “o Concello de Vigo ten que dotar ao Estado dos terreos necesarios para facer posible o investimento na construción da nova biblioteca pública; ao tempo que a Xunta farase cargo da xestión deste centro”. “É unha xogada a tres administracións, polo que é interesante que o mandato parlamentario sexa uniforme e claro en beneficio dos intereses dos vigueses”, engadiu.

 

IGUAL QUE AS CAPITAIS DE PROVINCIA

 

Javier Dorado manifestou que “Vigo necesita a Instalación dunha nova biblioteca estatal, do mesmo xeito que teñen todas as capitais de provincia de España e outras cidades como Santiago”. Neste sentido, apuntou que na actualidade existen 31.000 usuarios de bibliotecas na cidade viguesa, que conta cunha biblioteca que non se adapta ás necesidades da cidade olívica e dos vigueses.

 

O deputado popular lembrou que a Consellería de Educación e Cultura “puxo enriba da mesa en 2014 un convenio para que o Concello o firmara e traballar conxuntamente nunha instalación bibliotecaria nova”, pero lamentou que “a día de hoxe non exista resposta desde o Concello de Vigo”.

 

Porén, Dorado engadiu que a Consellería “xa leva tempo investindo na biblioteca de Vigo” e concretou que o pasado ano destinou cerca de 700.000 euros.

A XUNTA INCREMENTARÁ O CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ATEGAL PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES

 O conselleiro de Política Social participou no acto de apertura do novo curso 2015-2016 das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL)

 

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, participar‡ no inicio do Curso das Aulas da Terceira Idade (Ategal). No sal—n de actos do Colexio Maior San Agust’n

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, participar‡ no inicio do Curso das Aulas da Terceira Idade (Ategal). No sal—n de actos do Colexio Maior San Agust’n

  • José Manuel Rey Varela anunciou o aumento nun 10% do convenio con esta entidade de iniciativa social, que este ano chegará aos 66.000 euros
  • O titular de Política Social destacou o compromiso de ATEGAL coa formación non regrada, que permite ás persoas maiores gozar dun envellecemento activo, favorece a participación e fomenta un ocio proveitoso mediante a educación

 

 

Santiago, 11 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe no acto de apertura do curso 2015-2016 das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL), que tivo lugar no Colexio Maior de San Agostiño e co que comeza de maneira oficial a nova programación de actividades que esta entidade de iniciativa social desenvolve nos seus centros de maiores e sedes. Rey Varela felicitou a ATEGAL polo seu compromiso coa formación non regrada das persoas maiores, que lles permite gozar dun envellecemento activo, favorece a participación e fomenta un ocio proveitosos mediante a educación.

 

O titular de Política Social aproveitou este evento de apertura do novo curso para anunciar o incremento nun 10% da contía do convenio de colaboración que a Xunta de Galicia mantén con ATEGAL, que este ano chegará aos 66.000 euros. A institución autonómica e as Aulas da Terceira Idade veñen subscribindo acordos de colaboración dende 2009 co obxecto de contribuír ao financiamento de cursos. No último ano lectivo 2014-2015, máis de 1.400 persoas participaron nas actividades organizadas por esta entidade nas diferentes sedes que ten en Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Lugo, Padrón, Monterroso e Vilalba.

 

Na súa intervención, Rey Varela indicou que “un dos retos ao que nos enfrontamos é que sexamos capaces de transmitir ás novas xeracións unha serie de valores e principios que resultan fundamentais para conservar a esencia do que somos”. Así mesmo,  manifestou que “o progreso do que hoxe gozamos na sociedade actual é froito do sacrificio dos nosos avós e dos nosos pais”, apuntando que con este esforzo “construíuse o estado de benestar do que hoxe se beneficia o conxunto da sociedade”. “Por iso hoxe”, engadiu o conselleiro, “os que somos mozos temos un compromiso moral cos nosos maiores que nos obriga a garantir o seu benestar”.

 

Así mesmo, o responsable desta carteira autonómica resaltou que Galicia ten un “especial respecto” polas persoas maiores, as cales “ocupan un lugar principal na nosa cultura e tradición, así como nas nosas familias e na nosa sociedade”. E, por último, fixo un chamamento aos maiores instándoos a que aproveiten as oportunidades que hoxe en día teñen para participar dun envellecemento activo, que “é fundamental para gozar destes anos con calidade de vida e saúde”.

 

 

Casi una treintena de mujeres finalizan con éxito el Programa de Emprendimiento Femenino en Sectores Emergentes

Vigo, 11/11/2015. Vigo ha sido una de las ciudades más activas en el Programa de Emprendimiento Femenino en Sectores Emergentes, organizado por la Fundación Incyde y la Cámara de Comercio de Vigo. Así lo demuestran las 27 mujeres participantes en esta iniciativa que mañana llega a su fin con una jornada de clausura en la que asistirán a dos talleres sobre posicionamiento web y financiación. Este programa de carácter gratuito, ha estado dirigido fundamentalmente a emprendedoras y/o empresarias que quisieran crear o consolidar su negocio, mejorar la rentabilidad de su empresa o evaluar otras alternativas de expansión. Ha tenido una duración de 8 semanas consecutivas a un promedio de 40 horas semanales  (320 horas totales)

CONVOCATORIA

DÍA: jueves 12 de noviembre de 2015

LUGAR: Cámara de Comercio de Vigo

Salón de actos

República Argentina 18A

HORA: a partir de las 10:00 horas

PROGRAMA

10:00     Taller “Posicionamiento WEB

  1. Pablo Sammarco, consultor de la Fundación INCYDE

11:30   Descanso

11:40  “Business Angels: Dinero Inteligente para tu Empresa.

  1. Luis Ángel Fernández de la Vega–Socio – Fundador, InnoBAN | Red de Business Angels

12:30 Clausura del Programa  “Emprendimiento femenino en sectores económicos emergentes y nuevas oportunidades de negocio”.

Intervenciones:

  • José Manuel García Orois. Director Gerente de la Cámara de Vigo
  • Dña. Ana Santillán Henríquez de Luna. Responsable del departamento de formación de la Fundación INCYDE

Presentación de Proyectos (dos participantes del programa presentaran su proyecto en cinco minutos cada una)

Entrega de diplomas

13:25  Vino español

 

LÓPEZ-CHAVES MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL COA DELEGADA DO ESTADO NO CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO

  • O delegado territorial da Xunta agradeceu a reunión mantida con Teresa Pedrosa e lembrou que aínda está á espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero
  • Xunta de Galicia e Zona Franca teñen en marcha varios proxectos e convenios conxuntos froito da colaboración institucional e vinculados, sobre todo, á innovación, o emprendemento e á formación profesional.

11112015_ReunionDelegZF

Vigo, 11 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional coa delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, co obxecto de facer un repaso de todos os temas nos que colaboran ambas administracións.

 

López-Chaves agradeceu expresamente á delegada do Estado o encontro tras solicitar a reunión de xeito institucional polo seu novo cargo coma delegado territorial da Xunta en Vigo. Neste senso, lembrou que o 21 de outubro fixo o propio co alcalde da cidade, Abel Caballero, facendo especial fincapé na súa intención de manter o primeiro encontro institucional coa Administración local, pero non tivo contestación ao respecto. “Sigo sen ter contestación e estou á espera para despachar coma co resto das institucións da cidade”, sinalou o delegado valorando a importancia que ten a colaboración e a cooperación entre administracións para que os proxectos saían adiante. “Quero ter contacto coas institucións clave da nosa cidade, co Concello sen ter contestación e agora coa Zona Franca para continuar con estes convenios e traballos conxuntos”, enfatizou.

 

No transcurso do encontro, Xunta de Galicia e Zona Franca fixeron un repaso polos proxectos e convenios conxuntos e vinculados, sobre todo, á innovación, o emprendemento e á formación profesional. Coma explicou Teresa Pedrosa, e mencionando os grandes proxectos coma a Plisan ou a subestación para a EDAR do Lagares, nestes momentos existen convenios de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do IGAPE, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou Xesgalicia, entre outros. “Levamos anos traballando conxuntamente e isto supón unha mellora dos nosos programas”, dixo a delegada da Zona Franca poñendo coma exemplo o proxecto ViaVigo. Ademais, tamén existe colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a mellora da formación profesional ou a través do programa “Eduemprende”.

MARCO: /Inauguración FERNANDO GARCÍA

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

FERNANDO GARCÍA

Canaval / Cañaveral

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á presentación á prensa que terá lugar estevenres 13 de novembro ás 13.00, no salón de actos, con motivo da inauguración da exposición de FERNANDO GARCÍA. Esta nova intervención, titulada Canaval, é a cuarta proposta do ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa para o Anexo, a sala de proxectos no vestíbulo principal.

 

Nesta presentación participarán

–    Representante do Concello de Vigo (por confirmar)

–    Fernando García, artista

–    Ángel Calvo Ulloa, comisario da exposición e do ciclo Intertextual

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

 

A continuación da conferencia de prensa visitarase a intervención no Anexo (vestíbulo principal).

Charla-encontro co artista e o comisario:

Pola tarde, ás 19.30, terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público, entre o artista Fernando García e o comisario, Ángel Calvo.

 

 

Ciclo de exposicións Intertextual

FERNANDO GARCÍA

Canaval / Cañaveral

Datas: 13 novembro 2015 – 24 xaneiro 2016

Lugar: Anexo (vestíbulo principal)

Comisario: Ángel Calvo Ulloa

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

 

A partir de xaneiro 2015, o lugar ata agora dedicado a tenda-librería no vestíbulo principal do MARCO convertiuse en sala de proxectos, retomando o espírito do Espazo Anexo na praza peonil posterior (2004-2011). Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, esta nova liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións por proposta dun mesmo comisario, con periodicidade anual.

O ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa, parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. Inaugurouse o 16 de xaneiro con 249 litros, de Carlos Maciá, continuou con Cismadores, de Mauro Cerqueira, e _ACHAR, de Juan López, e continúa agora coa intervención de Fernando García, á que seguirá a de June Crespo.

Canaval, de Fernando García (Madrid, 1975), comezou a materializarse durante unha estanza en Canadá, onde o artista foi acumulando moedas dun dólar sen unha intención concreta, e que unha vez aquí funcionan como elemento foráneo, testemuña da viaxe e do propio proceso de recolección. Estas moedas insírense nas fendas practicadas en canas de bambú, descubertas durante unha viaxe a El Puerto de Santa María, que agora cobran protagonismo nesta instalación. Ao mesmo tempo, establece unha relación entre o interior e o exterior do Anexo por medio dunha serie de fotografías tomadas en Galicia en 2014, que se insiren en molduras realizadas en granito.