A XUNTA DESBLOQUEA UN CRÉDITO DE 2,36 MILLÓNS DE EUROS PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DAS SUBVENCIÓNS DAS PEAXES DAS AUTOESTRADAS A CORUÑA-CARBALLO E DO VAL MIÑOR

  • O acordo adoptado hoxe polo Goberno galego fará posible a renovación do convenio coa sociedade concesionaria para manter as rebaixas vixentes ata o ano 2019
  • As subvencións introducidas pola Administración autonómica en 2010 permiten rebaixar un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta e o 50% na segunda e posteriores viaxes de volta
  • A AG-55 e a AG-57 están entre as autoestradas de peaxe máis baratas de España para os usuarios, e as tarifas mantivéronse conxeladas neste 2015 por segundo ano consecutivo

 

Santiago, 13 de novembro de 2015.- O Consello da Xunta desbloqueou hoxe un crédito de 2,36 millóns de euros para garantir a continuidade das subvencións das peaxes das autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57).

 

O acordo aprobado hoxe polo Goberno galego permitiralle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda renovar o convenio coa sociedade concesionaria destas dúas autoestradas para manter as rebaixas en vigor ata o ano 2019.

 

O obxecto deste convenio, que se elevará ao Consello da Xunta nas vindeiras semanas, é fixar as bases para a colaboración entre Xunta e a sociedade concesionaria na aplicación de bonificacións das peaxes vixentes nestas autoestradas, así como o pagamento por parte Goberno galego dos importes que deriven desta medida.

 

Grazas á aprobación do crédito, a Xunta de Galicia destinará os seguintes importes para facer efectivas as correspondentes bonificacións entre o ano 2016 e o 2019:

 

ANUALIDADE IMPORTE
2016 520.000
2017 570.000
2018 610.000
2019 660.000

 

 

A medida aprobada hoxe polo Consello permitirá dar continuidade ás subvencións introducidas pola Administración autonómica en 2010, que permiten rebaixar un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta; e o 50% na segunda e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas cando o usuario empregue o dispositivo de telepeaxe. O importe desas bonificacións descóntaselle ao usuario e asúmeo a Xunta.

 

A  AG-55 e a AG-57 seguirán estando entre as autoestradas de peaxe máis baratas de España para os usuarios, con contías significativamente menores que as medias. Por segundo ano consecutivo, a Xunta mantivo neste ano 2015 as peaxes de ambas as autovías conxeladas.

 

Os itinerarios existentes actualmente na AG-55 son: A Coruña-Arteixo, Arteixo-Paiosaco, Arteixo-A Laracha, Arteixo-Carballo, Paiosaco-A Laracha, Paiosaco-Carballo, A Laracha-Carballo; e na AG-57: Puxeiros-Vincios, Puxeiros-Gondomar, Puxeiros-Nigrán, Puxeiros-A Ramallosa, Puxeiros-Baiona, Vincios-Gondomar, Vincios-Nigrán, Vincios-A Ramallosa, Vincios-Baiona, Nigrán-A Ramallosa, Nigrán-Baiona e A Ramallosa-Baiona.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: