A XUNTA PROPÓN AOS CONCELLOS SENTAR AS BASES PARA INICIAR A DEFINICIÓN CONXUNTA DUN MAPA DE RUTAS COHERENTE PARA OS AEROPORTOS GALEGOS

  • A representante do Goberno galego expresou a vontade da Administración autonómica de implicarse neste traballo, sempre baixo a premisa do consenso entre todos os concellos de que é necesario que as cidades deixen de competir entre elas en detrimento das finanzas municipais e do interese xeral de Galicia
  • Os concellos comprométense a poñer sobre a mesa os datos das liñas apoiadas por cada administración local en 2016 e a formular as preferencias de destinos dos seus aeroportos
  • Ponse de relevo a necesidade de transparentar as rutas para poder coordinalas coas actuacións de promoción exterior impulsadas pola Xunta e os concellos

 

Santiago, 13 de novembro de 2015.- A Xunta de Galicia propón aos Concellos sentar as bases para iniciar a definición conxunta e consensuada dun mapa de rutas coherente para os aeroportos galegos. Así se acordou na xuntanza do grupo de traballo, no que están Aena, o Ministerio de Fomento e os Concellos onde existe un aeroporto,  para o desenvolvemento de novos destinos celebrado esta mañá no aeroporto da Coruña e no que tamén participou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas.

 

A representante do Goberno galego expresou a vontade da Administración autonómica de implicarse neste traballo, sempre baixo a premisa do consenso entre todos os concellos de que é necesario que as cidades deixen de competir entre elas en detrimento das finanzas municipais e do interese xeral de Galicia.

 

Pola súa banda, os representantes dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo comprometéronse a presentar, antes da vindeira xuntanza, os datos das liñas aéreas que operarán en 2016 apoiadas polas respectivas administracións locais. Así mesmo,  manifestaron a súa disposición a remitir as preferencias de destinos para os aeroportos das súas cidades.

 

Helena de Lucas insistiu en que o Goberno galego é contrario a apoiar con fondos municipais os destinos aéreos e reclamou que, en todo caso, este tipo de actuacións se transparenten nas xuntanzas de coordinación. Desa forma será posible seguir unha política de promoción turística exterior coherente coas rutas aéreas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: