JOSE MANUEL REY VARELA DESTACA O VALOR DA INICIATIVA “XUNTOS NOS COIDADOS” PARA PRESTAR APOIO AOS COIDADORES E COIDADORAS DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

O conselleiro de Política Social asistiu hoxe en Mondoñedo á clausura dun curso sobre atención a persoas enfermas de alzhéimer e outras demencias

 

  • Unha trintena de persoas recibiron esta tarde no Centro de Servizos Comunitarios de Mondoñedo os diplomas que acreditan a súa participación neste programa impulsado pola Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade da Xunta de Galicia, baixo o que se están a desenvolver un total de 16 cursos noutros tantos concellos con arredor de 400 alumnos e alumnas
  • O titular de Política Social apuntou a necesidade de “facer máis fincapé na sensibilización, información e formación co obxectivo de coñecer mellor a enfermidade e, sobre todo, a forma máis axeitada de abordar os seus coidados”
  • Rey Varela resaltou que, entre as liñas estratéxicas da Consellería para o vindeiro ano, está o aumento do número de prazas de atención diúrna e residencial para persoas diagnosticadas de alzhéimer e outras demencias

 

Mondoñedo (Lugo), 13 de novembro de 2015.- Unha trintena de coidadores e coidadoras de persoas con alzhéimer e outras demencias recibiron esta tarde no municipio lucense de Modoñedo os diplomas que acreditan a súa participación no programa “Xuntos nos Coidados”, organizado pola Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade da Consellería de Política Social. O acto de clausura desta acción formativa tivo lugar no Centro de Servizos Comunitarios de Mondoñedo e no mesmo participaron o conselleiro José Manuel Rey Varela; a rexedora mindoniense, María Elena Candia López; e a presidenta da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU), Mª Carmen Pena Ledo.

 

Na súa intervención, Rey Varela salientou a importancia que teñen estas accións de formación ante o incremento experimentado nos últimos anos da demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade, polo que apuntou a necesidade de “facer aínda máis fincapé na sensibilización, información e formación co obxecto de coñecer mellor a enfermidade e, sobre todo, a forma máis axeitada de abordar os seus coidados”, dixo. Nesta liña resaltou, tal e como avanzara en sede parlamentaria, que entre as liñas estratéxicas do seu departamento autonómico para o vindeiro ano está o aumento do número de prazas de atención diúrna e residencial para persoas diagnosticadas de alzhéimer e outras demencias, colectivo que é prioritario para o Goberno galego e que ten unha atención específica na nova carteira de servizos sociais da Consellería.

 

Así mesmo, lembrou as iniciativas levadas a cabo pola Consellería para facilitar e prestar apoio nas súas tarefas ás coidadoras e coidadores de persoas en situación de dependencia, como por exemplo: manuais e guías de coidados no contorno familiar, cursos específicos para coidadores e coidadoras de persoas en situación de dependencia menores de idade, programas continuos de formación e apoio, a creación e dinamización de grupos de autoaxuda ou a iniciativa “Xuntos nos coidados” da que forma parte o curso que hoxe se pechou en Mondoñedo.

 

A prioridade é o benestar dos galegos e galegas

 

O titular de Política Social sinalou que o alzhéimer é unha enfermidade que afecta tanto ao doente como aos seus familiares, e que ninguén está libre de sufrila directa ou indirectamente,  avogando por un “esforzo conxunto e continuado de toda a sociedade para que, entre todos, lle gañemos o pulso a esta doenza”; ao tempo que defendeu a colaboración entre administracións públicas, profesionais sanitarios, equipos investigadores e o movemento asociativo. Ademais, insistiu en que a prioridade da Xunta “é mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, aumentar a esperanza de vida libre de dependencia e avanzar na mellora das condicións de vida das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”.

 

Rey Varela indicou que as principais liñas de actuación da Consellería de Política Social no eido da atención as persoas dependentes son dúas: a primeira, a mellora e ampliación dos servizos; e a segunda é a aposta pola prevención, a formación e a sensibilización. Así, e no que atinxe á primeira destas liñas, o conselleiro referiuse ao reforzamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); á ampliación da oferta de novos servizos tanto de atención diúrna como residencial coa creación, entre outras medidas, de novas unidades terapéuticas; e á mellora e modernización da rede de centros de atención. En canto á prevención, recordou que Galicia conta cunha Estratexia para a prevención precoz da dependencia – Horizonte 2020, que ten entre os seus eixes prioritarios de intervención o fomento do envellecemento activo e dos hábitos de vida saudables.

 

Cursos en 16 concellos

 

Dentro da edición deste ano de “Xuntos nos coidados”, a Consellería de Política Social ten programados un total de 16 accións de formación nos seguintes concellos galegos: As Pontes, Culleredo, Oleiros, Cee, Noia, Rianxo, Redondela, Nigrán, Cambados, Poio, Cangas, Verín, Burela, Pantón, Taboada e Mondoñedo. Ao redor de 400 persoas asisten a estes cursos, cuxa celebración comezou o pasado mes de outubro e que se prolongarán ata decembro.

 

No que atinxe ao contido dos cursos, este é: introdución á enfermidade de alzhéimer e outras demencias, síntomas cognitivos na enfermidade de alzhéimer e outras demencias, trastornos psicolóxicos do comportamento nos enfermos, terapias non farmacolóxicas, comunicación coa persoa con demencia, coidado da persoa coidadora, información sobre as asociacións de familiares enfermos de alzhéimer e outras demencias e a creación de grupos de autoaxuda mutua.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: