O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A OPE 2016 INCLUIRÁ A MAIOR PARTE DAS PRAZAS VACANTES DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS CUBERTAS HOXE POR INTERINOS

  • O portavoz de Montes pediu a AGE “que se aclare” pois fai unha semana rexeitaban a elaboración dun ditame para incluír melloras na política de xestión dos montes e hoxe presentan unha batería de medidas nese mesmo obxectivo, obviando que está en plena revisión o plan forestal de Galicia

 

Santiago, 13 de novembro de 2015.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou esta mañá a intención da Xunta de incluír na Oferta de Emprego Público  (OEP) prevista para o ano próximo o maior número de prazas vacantes do Servizo de Prevención e Defenda Contra Incendios Forestais (SPDCIF) que na actualidade están ocupadas fundamentalmente por persoal interino.

 

O obxectivo da Consellería do Medio Rural é minorar a temporalidade nestes postos de traballo e tamén evitar os inconvenientes que se ocasionan  na cobertura de postos de mais duración. Balseiro defendeu, fronte ás teses que manteñen os grupos da oposición, que no SPDCIF xa existe un alto grado de estabilidade laboral e profesional, dado que o servizo está constituído, na súa maior parte, por funcionarios e persoal laboral fixo da administración autonómica.

 

“Hai prazas que están ocupadas por traballadores temporais, e son precisamente esas prazas as que pediremos que se inclúan na próxima OPE, de cara a se cubran tamén por persoal con vinculación permanente, una vez superados os respectivos procesos selectivos”, sinalou.

 

Balseiro fixo unha defensa da profesionalidade dos traballadores deste servizo e da súa eficacia, demostrada na mellora de todas as ratios obxectivas sobre lumes, e lembrou que en Galicia este servizo está xestionado de forma integral baixo o principio do mando único, o que significa  administrar coordinar, dirixir e controlar os recursos no incendio forestal mediante unha liña xerárquica formada por empregados públicos e descrita no Plan de Prevención e Defensa Contra Incendios de Galicia (PLADIGA).

 

O Grupo Popular rexeitou a iniciativa promovida polo PSOE, na que reclamaba o recoñecemento da categoría profesional de bombeiro forestal, tras lembrar que moito do persoal do SPDCIF non se dedica exclusivamente a labores de extinción senon, maioritariamente, a realizar tarefas de prevención de incendios, mellora de infraestruturas forestais, silvicultura e xestión forestal.

 

EN REVISIÓN O PLAN FORESTAL

 

Por outra banda e en relación cunha iniciativa do grupo de Alternativa Galega de Esquerdas respecto da política forestal, Balseiro reclamou aos deputados desta coalición “que se aclare” pois fai unha semana que rexeitaron no Parlamento unha iniciativa do Grupo Popular na que se promovía a elaboración dun ditame para incluír melloras na política de xestión dos montes e na prevención e extinción de incendios.

 

“Hoxe presentan unha batería de medidas nese mesmo obxectivo, obviando que está en plena revisión o plan forestal de Galicia, cuxa iniciativa corresponde ao propio sector e que rematará cun proceso de valoración e proposta de achegas por parte dos distintos grupos parlamentarios”, apuntou.

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: