Archive | noviembre 15, 2015

17-21 novembro – 2ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.

Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.

Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?

Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.

MARTES 17. Lugo
20h00 – Presentación do libro «Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo.
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)

MÉRCORES 18. Compostela
20h00 – Presentación do libro «Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo, Mónica Gonçalves e Leticia Casto.
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)

VENRES 20. Compostela
20h15 –Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)

MINUTO DE SILENCIO NO PORRIÑO

Q55A4340O Porriño, domingo 15 de novembro.- Veciños e representantes de todos os grupos municipais do Concello do Porriño gardaron un minuto de silencio diante do Concello, ao mediodía, para amosar a súa repulsa polos atentados perpetrados este venres en París e solidaridade coas víctimas.

O Concello do Porriño sumouse  ao acto similar deste sábado na IX Asemblea
Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ao
chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que
pediu que se amosase deste xeito o apoio aos familiares das víctimas e
aos parisinos

El Grupo Poético Brétema llora y se solidariza con las víctimas de la masacre de Paris, Francia.

VipTalisman352 (1)El Grupo Poético Brétema, siente en lo más profundo de sus sentimientos, el dolor por las víctimas de la masacre ocurrido el pasado día 13 en Paris, donde 129 personas han perdido la vida, y más de 300 heridos luchan por su vida en los hospitales.

Nuestro más sentido pésame a todos los familiares y amigos de estas víctimas inocentes, fallecidas y heridas por la barbarie de la incongruencia humana.

Muy especialmente a los familiares de las víctimas españolas que por trabajo, descanso o casualidad, allí se encontraban.

Descanso y paz para todas ellas, españolas y francesas.