Archivo | noviembre 18, 2015

Sés falará sobre a música en galego e ofrecerá un concerto mañá na Universidade de Vigo

FotoSesERuaSÉS

 

Relatorio A música en Galicia. A música en galego

 

Data:     19 de novembro

Hora:    12.00 h  //  Entrada libre  ata completar aforamento

Lugar:  Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

 

Concerto da xira Tronzar os valos

 

Data:  19 de novembro

Hora:  18.30 h  //  Entrada libre ata completar aforamento

Lugar: Teatro Cidade Universitaria. Campus de Vigo.

 

Acto de sinatura da doazón de fondos de María do Carme Kruckenberg á Fundación Penzol

unnamedTARXETA PRESENTACIÓN COMA UNHA ÁNCORA (1)_page1_image2Mañá xoves 19 ás 12h, terá lugar o acto de sinatura da doazón de fondos no salón de actos da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol

Cristina Pusone Kruckenberg vai facer doazón á Fundación Penzol de 30 carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de súa nai, a destacada escritora e poeta galega María do Carme Kruckenberg Sanjurjo. O acto de sinatura e presentación pública da doazón será mañá xoves día 19 ás 12h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación, coa intervención de Mercedes Queixas Zas, biógrafa, e de Cristina Pusone Kruckenberg, filla da escritora. A Fundación Penzol estará representada polo seu Vicepresidente primeiro, Antón Vidal Andión, e polo Director, Francisco Domínguez Martínez.
Tamén mañá, roteiro de Tes ata as 10

Aproveitamos, tamén, para recordarvos que mañá pola mañá o estudantado do IES Carlos Casares percorrerá as rúas de Vigo co escritor Francisco Castro, seguindo os pasos dos personaxes da súa novela Tes ata as 10.

 

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO VISITA AS INSTALACIÓNS DO COLEXIO DE FOMENTO MONTECASTELO INVITADO POLA DIRECTIVA

  • 18112015_DelegVigoMontecastelo3Ignacio López-Chaves felicitounos polos seus 50 anos de historia educativa na cidade de Vigo, que celebran o vindeiro ano

 

Vigo, 18 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o Colexio de Fomento Montecastelo invitado pola directiva do centro e por un colectivo de pais e nais de alumnos co obxectivo de presentarlle o programa que realizarán polo seu 50 aniversario, que se conmemora o vindeiro ano 2016.

 

Acompañado por José Manuel Rodríguez Lago e Catalina Núñez Gallego, director e directora do Montecastelo e As Acacias, respectivamente, o responsable da Xunta na cidade percorreu as instalacións do centro para coñecer a súa oferta educativa e aos alumnos que neses momentos estaban nas clases. No transcurso da visita, saudou tamén ao ´xefe de día´, alumno de Primaria que se atopa na entrada do colexio e que, para comezar a ter responsabilidades, encárgase de informar aos estudantes e ás visitas de todo o que sucede no centro na xornada que lle toca.

 

López-Chaves gabou así os bos resultados docentes e educativos que ano tras ano obtén o Colexio Montecastelo e felicitounos polos seus 50 anos de historia educativa na cidade de Vigo. Destacou tamén o seu esforzo polo aprendizaxe real do inglés impartido aos alumnos e, sobre todo, nas ensinanzas de Primaria, onde ao redor do 50% da xornada –incluíndo actividades extraescolares- se desenrolan neste idioma. Así, este colexio concertado conta co recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de ´Centro Plurilingüe´.

 

Ademais, dispón do resto de etapas educativas coma infantil (na sede de As Acacias), primaria, ESO e Bachillerato completando a súa oferta educativa con Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior cunha gran saída laboral coma son Instalacións Eléctricas e Automáticas, Sistemas Microinformáticos e Redes ou Automatización e Robótica Industrial. A maiores, ofertan formación complementaria con diversos cursos profesionais que melloran o currículo profesional dos interesados; cursos de adestrador de fútbol e, para este curso 2015/2016, teñen coma novidade a nova Escola de Porteiros ´Soloporteros´.

 

Con todo, o delegado da Xunta resaltou a súa educación personalizada e excelencia educativa avalada polos datos obtidos, por exemplo, nas probas de Selectividade, co 100% de alumnos aprobados así coma polas cifras do informe Pisa.

Stage Entertainment estrenará el musical ”El hombre de La Mancha” en el año del IV Centenario de la muerte de Cervantes

Mario Gas dirigirá esta nueva producción que se estrenará en agosto de 2016

 IMG_1150 IMG_1162

“…cuanto lee le angustia,… le llena de indignación la cruel conducta de los hombres para con sus semejantes. Medita… y medita… y medita; y al fin de tanto meditar se le seca el cerebro. Desecha la melancólica carga de la cordura y concibe el más extraño proyecto jamás imaginado… convertirse en caballero andante y recorrer el mundo deshaciendo todo tipo de agravios. Ya nunca volverá a ser Alonso Quijano a secas… sino el intrépido caballero conocido como ¡¡¡Don Quijote de La Mancha!!!  “

El hombre de La Mancha

 

Soñar, lo imposible soñar…y como el Quijote, Stage Entertainment apuesta, trabaja  y  se esfuerza desde hace 15 años para ver cumplido ese gran sueño que para muchos parecía un imposible: que el género musical triunfara en nuestro país. Hoy el musical está más consolidado que nunca y los sueños tan vivos como el primer día.

La temporada que viene cumplirá dos de sus sueños más deseados: poder trabajar con el prestigioso director Mario Gas, y llevar a escena esta épica aventura quijotesca.

Stage Entertainment estrenará el musical “El hombre de La Mancha” dirigido por Mario Gas, en el año del IV Centenario de la muerte de Cervantes, en agosto de 2016. El musical se estrenará primero en el Gran Teatre del Liceu de Barcelona, donde se representará sólo durante 3 semanas,  y en octubre se estrenará en Madrid, en el Nuevo Teatro Alcalá, donde permanecerá toda la temporada.

El prestigioso director teatral trabajará así por primera vez con la productora líder de espectáculos musicales en Europa, en lo que ambas partes han calificado como una “muy deseada colaboración desde hace años, y qué mejor que con nuestro musical más internacional”.

 

A Mario Gas le acompañará en este nuevo proyecto un equipo creativo de lujo: Paco Delgado, nominado al Oscar por “Los Miserables”, ganador de 2 Goya de la Academia, y habitual en las películas de Pedro Almodóvar, será el diseñador del vestuario. María Pagés, premio Nacional de Danza, será la encargada de coreografiar esta producción, y el diseñador de la escenografía Tom Pye, nominado en 2004 a los Premios Tony por su trabajo en “El Violinista en el tejado” y que ha trabajado con directores de ópera, televisión, cine y teatro tan dispares como Peter Brook, Chen Shi Zheng, Nicolas Hytner, o Phyllida Lloyd, entre otros.

Stage Entertainment prepara una versión nueva, moderna, y cercana, creada de cero a partir del libreto y de la música originales,  pero respetuosa con la historia y la maravillosa partitura. Ya se está trabajando en la adaptación y versión del libreto, y el reparto se cerrará a principios de 2016.

El tema principal de este musical, “El sueño imposible” se convirtió en un éxito mundial, gracias a las diferentes versiones que de la misma hicieron cantantes como Elvis Presley, Frank Sinatra, Plácido Domingo, Il Divo,  o Jacques Brel entre otros…

Para Julia Gómez Cora, Directora general de Stage Entertainment “Queríamos honrar a esta gran figura de la literatura universal de la manera que mejor sabemos, haciendo una versión de este título como nunca se había visto hasta hoy. Teníamos claro que si la ambición era grande y la idea de altura, teníamos que contar con un director exquisito y exigente con el que nunca habíamos trabajado, Mario Gas”.

Por su parte Mario Gas destaca que “Me ofrecieron este musical hace 20 años y al final no pude hacerlo, es un regalo el poder hacerlo ahora y en este momento con una empresa de la envergadura y calidad de Stage Entertainment. Este musical es casi un juego de Comedia del Arte. Hay personajes que interpretan a otros personajes. Hay un juego aquí muy simple, que no esquemático, que va por otros vericuetos. Aquí todos los criminales en la cárcel adoptan personajes que Cervantes les distribuye y juntos sueñan, y Cervantes sueña en la medida que lo hace D. Quijote…”.

 

CONCELLO DO PORRIÑO REUNION PRESIDENTA DA DEPUTACION

O PORRIÑO RECIBIRÁ 1.014.000 EUROS DA DEPUTACIÓN EN 2016, EN TOTAL 
256.079 EUROS MÁIS QUE ESTE ANO


O Porriño, martes 16 de novembro.-
O Porriño recibirá o ano que ven da Deputación de Pontevedra un total de 1.014.003 € fronte os 757.924 €, dos que dispuxo este ano, un incremento de 256.079 €- o que supón un 33,7% máis-. Así o anunciou este martes no propio Concello a presidenta do organismo provincial.

Carmela Silva mantivo unha xuntanza coa alcaldesa, Eva García de la
Torre, e o equipo de Goberno no que indicou que “agora será O Porriño
quen decida, con este novo fondo, que inversións e proxectos porá en
marcha o longo do próximo ano” porque, subliñou, quen mellor coñece as
necesidades dos veciños é o seu goberno local, non a Deputación.

O ‘Plan de Concellos 2016’ da Deputación establece como requisitos que,
un 22,5% desta cantidade, ten que ir orzamentada para proxectos de
Fomento do Emprego e para a Conservación e Funcionamento de Bens e
Servizos, en total 228.100 €- e un 3,75% para Actividades Muncipais,
38.000 €, “podendo decidir, en calquera caso, o Goberno Local as
iniciativas que aproba e nas que quere investir”.

Eva García de la Torre salientou que hai un “aire novo na forna de
xestión dos fondos públicos da Deputación” e agradeceu a Carmela Silva
que os mesmos sexan, “de verdade, para atender ás necesidades dos
veciños e garantir o funcionamento dos servizos municipais”. A alcaldesa
gabou o empeño da presidenta de “obxetivar a forma de repartir os fondos
públicos, lonxe da arbitrariedade” dos anteriores responsables
provinciais, e agradeceu o “seu compromiso con Porriño”.

Pola súa banda, Carmela Silva asegurou que durante “unha mañá intensa de
traballo” tivo a ocasión de atopar un gran equipo de goberno “adicado a
mellorar a vida dos veciños, cun proxecto craro do que quere facer nos
vindeiros catro anos” sinalando que “é o exemplo de como forzas
políticas con ideas distintas poden gobernar en conxunto cando teñen
como obxectivo mellorar a vida dos cidadáns”.

A presidenta engadiu que, á marxe dos fondos previstos para no ‘Plan de
Concellos 2016’, a Deputación atendería a petición da alcaldesa de actuar nas estradas EP2401(en Mosende), EP 2402 (Torneiros) e EP 2405 (Cerquido-Budiño), que “precisan arranxos urxentes por anos de abandono” e que estarán abranguidas no ‘Plan Provincial de Infraestructuras’.

Eva García de la Torre solicitou á presidenta a posibilidade de aprazar
ou fracionar o pago de impostos municipais-xestionados pola Deputación
por medio do ORAL-a veciños en situación de necesidade e desemprego e,
tamén por medio do mesmo organismo, mediar no conflicto que teñen 44
vivendas de O Porriño que pasaron a pagar a ‘contribución’ en Mos.

A XUNTA E AGASFRA POÑEN EN MARCHA UN PROGRAMA PILOTO PARA A PREVENCIÓN DO ENVELLECEMENTO PREMATURO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, e o presidente da Asociación Galega San Franscico, Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboraciónAgasfra 1

  • O programa ten como obxectivo a avaliación periódica de aspectos propios do envellecemento, mediante o seguimento das diferentes actividades que se desenvolven no centro ocupacional de AGASFRA e a súa efectividade para evitar ou frear síntomas de envellecemento
  • Rey Varela salientou o traballo que realiza a Asociación Galega San Francisco, que atende nestes momentos a 67 familias, ao tempo que sinalou que o acordo asinado permite á entidade viguesa “recuperar a normalidade e a tranquilidade”. O montante do acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e AGASFRA ascende a un total de 341.856 euros e ten un ano de vixencia
  • O conselleiro aproveitou o acto de sinatura deste convenio para entrevistarse con usuarios e familiares do centro ocupacional de AGASFRA en Vigo

Vigo, 18 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; e o presidente da Asociación Galega de San Francisco (AGASFRA), Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa piloto dirixido á prevención e atención do envellecemento prematuro das persoas con discapacidade intelectual no centro ocupacional que esta entidade ten en Vigo. A sinatura deste acordo, cuxa contía ascende a un total de 341.856 euros e o seu prazo de vixencia e dun ano,  tivo lugar esta tarde coincidindo cunha visita do titular de Política Social ás instalacións de AGASFRA, durante a que aproveitou para reunirse con usuarios e familiares das mesmas.

 

Rey Varela sinalou que este acordo é froito das oportunidades de diálogo e a colaboración que dende o primeiro día tivo cos responsables de AGASFRA para “buscar solucións onde había problemas”. Nesta liña, dixo que coa firma deste convenio “soluciónase un tema que era imprescindible de resolver coa cidade de Vigo e coas persoas que máis necesitan nesta cidade”, xa que “permite á entidade recuperar a  normalidade e a tranquilidade”. Ademais, o conselleiro recoñeceu o labor desta asociación, unha das máis senlleiras de Galicia, que nestes momentos atende a 67 familias.

 

O programa piloto do que é obxecto o convenio asinado esta tarde consiste na avaliación periódica de aspectos propios do envellecemento, mediante o seguimento das diferentes actividades postas en marcha pola entidade no seu centro e a súa efectividade para evitar ou frear a aparición de síntomas de envellecemento. Neste sentido, cómpre sinalar que case a metade da poboación que asiste ao centro ocupacional de AGASFRA sitúase no rango de idade adecuado para a prevención –entre os 40 e os 50 anos- mentres que un 32% supera xa esa barreira –maiores de 50 anos-. Este proxecto piloto complementará outros que a entidade está a desenvolver e que se centran no benestar físico e emocional dos usuarios do centro, no seu desenvolvemento persoal e na súa inclusión, na autodeterminación destas persoas para que poidan exercer o seu dereito a decidir en aspectos da súa vida diaria, nas relacións interpersoais , na formación e o apoio a familias.

 

A FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL DE SANTIAGO ACOLLE A EXPOSICIÓN DA OBRA DOS OITO MOZOS FINALISTAS NA DISCIPLINA DE DESEÑO DE XOIAS DO XUVENTUDE CREA QUE “MOSTRA O TALENTO DA MOCIDADE GALEGA”

Cecilia Vázquez inaugurou a mostra que permanecerá aberta ata o vindeiro 28 de novembro

  • A mostra, que estará aberta de martes a sábado na Fundación Eugenio Granell, poderanse ver as coleccións de cada autor, compostas por tres pezas
  • Os premios das once disciplinas do Xuventude Crea son 3.000 euros ao primeiro, 1.500 euros ao segundo e 1.000 euros ao terceiro
  • O vindeiro martes 17 de novembro terá lugar a final da especialidade de deseño de xoias na Fundación Eugenio Granell de Santiago

 

Santiago, 18 de novembro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe a exposición da Fundación Eugenio Granell de Santiago que mostra o traballo dos oito mozos e mozas finalistas da especialidade de deseño de xoias do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Política Social, e que poderá visitarse ata o vindeiro 28 de novembro. O obxectivo fundamental deste programa, dixo a directora xeral, é que “os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a súa creatividade, como mostra do talento da mocidade galega”.

 

A mostra, que estará aberta de martes a sábado na Fundación Eugenio Granell, poderanse ver as coleccións de cada autor, compostas por tres pezas. Os finalistas son Sonia Fernández Gandásegui (Oleiros) coa colección ‘Migracións’; Sergio Pazos Maneiro (Castro de Rey) con ‘Branco Marea’; Paula García Carballal (Pontevedra) co proxecto ‘Plumas para volar’; Eva Baqueiro Gil (Cangas) coa obra ‘Suspiros de liberdade’; Alejandro Rodeiro Mauriz (Mugardos) coa colección ‘A árbore da vida’; María Isabel Domínguez Perea (Vigo) con ‘Fogoso amor’; Ángel Alberto Otero Frías (Vigo) coa obra ‘As pústulas douradas’; e Santiago López Chas (A Coruña) co proxecto ‘Metamorfosis de la lemniscata’.

 

Na edición de 2015 no certame de creadores novos Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas,  fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve. Os premios nas 11 especialidades serán de 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Tamén poden darse mencións de honra, sen dotación económica.

 

Esta iniciativa inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e o espírito empresarial e propón 22 medidas concretas para seguir avanzando neste eido.

Ata o vindeiro 28 de novembro poderá visitarse na Igrexa da USC a mostra dos 32 proxectos finalistas das especialidades de fotografía (16) e de artes plásticas que comprende pintura (9) e escultura (7).  O acto final de entrega de premios das 11 especialidades terá lugar o próximo 3 de decembro.

 

Outras especialidades

Na especialidade de música, o primeiro premio foi para o grupo Diariodeverano (DDV) da Coruña; o segundo para Fripp&Kite, tamen da Coruña; e o terceiro premio foi compartido entre o solista Umbra (Pontevedra) e o grupo Ofmates (Cherry Bomb) de Pontedeume.

 

Na especialidade de artes plásticas, que inclúe pintura e escultura, os mozos e mozas premiados foron: o primeiro premio compartido entre Beatriz Sieiro Caramés (Pontevedra) coa obra ‘Sen ti’ e Ruth Miguel Díaz (Lugo) con ‘Habitar, erosión e ruína’; o segundo premio, tamén compartido, recaeu en Adrián Taracido Fernández (Cedeira) con ‘Diafanía’ e en Javier Sande Iglesias (Noia) por ‘Remigio’; e o terceiro compartido foi para Adrián Penido Nuñez (Silleda) coa obra ‘Conciencia plástica’ e para Carlos Copa Josenge (Lugo) co proxecto ‘Puzzle de fluidofaunorostros’. O xurado outorgou unha mención de honra á obra ‘Trazos físicos da Terra’ de Silvia Capelo Álvarez (A Baña).

 

En fotografía o primeiro premio foi compartido entre Breogán Alamacos Millán (Lugo) coa obra ‘Galiza is different’ e Alejandro Lorenzana Velasco (A Coruña) con ‘Outro punto de vista’; o segundo premio compartido recaeu en Estefanía Andre Feijoó (Vigo) polo proxecto ‘Pegadas’ e Carla Pérez Vázquez (Boqueixón) por ‘Espellos. Espazo de reflexión’; e o terceiro premio, tamén compartido, recaeu en Lara Torres Rodríguez (Santiago) por ‘Poemas obxecto’ e en Tania Cuíña Gómez (Silleda) con ‘Recordo’. Unha mención de honra foi para María Rosario López Sánchez (Boiro) pola obra ‘Do ermo’.

 

No que atinxe á modalidade teatral, Vacaloura teátrica (O Rosal) coa obra ‘Mousike e as kronomusas’ recibiu o primeiro premio; o segundo foi para Pinchacarneiro teatro (Noia)  pola representación ‘Vilar de inferno’; e o terceiro premio foi compartido entre Non si? Teatro (Baiona) co proxecto ‘Variacións dun soño sen título’ e Fusco e Lusco do IES Universidade Laboral de Ourense coa obra ‘Vodas de sangue’.

 

Na especialidade de moda, o primeiro premio foi para a colección ‘Jane Rocks’ de Irene Muiños Pereira (Mos); o segundo para Yolanda Román Vázquez (Vigo) pola obra ‘Militante vanguardista’ e o terceiro premio para Iria Carrera Chapela (Vigo) por ‘#Tags for life’. Estas obras poden visitarse durante este mes nas tendas de El Corte Inglés en Vigo.

 

En videocreación, Inés Miras Vieites (Santiago) recibiu o primeiro premio polo proxecto ‘Volta atrás’; Denisse Lorenzo Hermida (Vilalba) o segundo por ‘Alén das pantallas’; e Estela Suárez Recouso  con ‘Extrusión social’ recibiu o terceiro premio, xunto con M.ª del Pilar Boullosa Álvarez, coa obra ‘Luscofusco’.

 

En poesía, o primeiro premio foi compartido entre Brais Lamela Gómez, (Vilalba), coa obra ‘Memorias dun cuarto afincado en Nevermore’ e Mónica Sánchez Rodríguez (Monforte de Lemos) polo poemario ‘O sosego do lodo’. O segundo premio, tamén  compartido, recaeu en Andrea Aris Couso (Vigo) pola obra ‘3/cuartos de fame’ e en Sonia Martínez López (Sarria) por ‘Interacións fundamentais’. E o terceiro compartido foi para Fabián Freijedo Fariñas (O Carballiño) con ‘00023-KZ Arquivo Chus Psiquiatría’ e para Celia Parra Díaz (Ourense) pola obra ‘Profundidade de tacto’.

 

En graffiti, o primeiro premio recaeu en Ramón Conde-Corbal Varela (Mon Devane) de Ourense, co proxecto ‘Festa neón’; o segundo premio en Tirso Paz Sans (Bublegum) de Lugo coa obra ‘Mirada melosa’ e o terceiro premio foi compartido entre: Marcos Lamas Bestilleiro (Silcoe) da Coruña por ‘O rostro do querer’ e Abraham Caride Fernández (O neto do Santos) de Ourense con ‘Enxebre’.

 

Na especialidade de relato breve, o primeiro premio recaeu en Brais Lamela Gómez (Vilalba) pola obra ‘Barcos de Palma de Ecuador’; o segundo foi compartido entre Andrés Carrasco Solla (Pontevedra) por ‘Os dominios do caos’ e Xacobe Pato Rodriguez Gigirey (Santiago) co proxecto ‘As voces estridentes’; e o terceiro premio, tamén compartido, foi para Hérber Fernández Pérez (Chantada) coa obra ‘Boi e muiñeira’ e Rubén Pérez Pombo (Lugo) con ‘O Tintiño’.

 

En banda deseñada, o primeiro premio foi para  Xulia Pisón Egea (A Coruña) pola obra ‘Ata o derradeiro alento’; o segundo para Inés Vázquez Ramallal (Carral) por ‘Eulalia e o bosque dos aparecidos’ e o terceiro para Daniel Corrada Rodríguez polo proxecto ‘Tódalas bruxas son malas’.