Archivo | noviembre 20, 2015

A XUNTA DE GALICIA COLABORARÁ COA FUNDACIÓN JUANSOÑADOR EN PROGRAMAS DE ATENCIÓN INTEGRAL DE MENORES EN SITUACIÓN DE RISCO, DESAMPARO OU EXCLUSIÓN SOCIAL

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da fundación, José María Blanco Alonso

 

Juan Soñador 2015 

  • A administración autonómica achega 60.000 euros a esta entidade para contribuír ao financiamento de diferentes actuacións que leva a cabo no ámbito do desenvolvemento persoal e social, o apoio escolar, a atención familiar e a dinamización do tempo libre
  • Rey Varela fixo fincapé no compromiso do Goberno galego “en lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social dos menores que están nunha situación de vulnerabilidade”

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- A Consellería de Política Social amplía a rede de entidades de iniciativa social coas que mantén liñas de traballo ao retomar a colaboración coa Fundación JuanSoñador, que ten como finalidade a prevención, educación e promoción social de nenos ou nenas e adolescentes en situación de risco, marxinalidade e exclusión social. José Manuel Rey Varela asinou hoxe un convenio co presidente de dita fundación, José María Blanco Alonso para contribuír ao financiamento de diferentes programas de actuación que leva a cabo esta entidade e que están dirixidos a favorecer o desenvolvemento persoal e social, o apoio escolar, a atención familiar e a dinamización do tempo libre.

 

O titular de Política Social referiuse á experiencia que ten a Fundación JuanSoñador no ámbito da atención aos menores, destacando os programas que realiza en Galicia para favorecer o desenvolvemento integral dos nenos ou nenas e adolescentes acollidos ao sistema de protección. Neste sentido, fixo fincapé no compromiso da Xunta “en lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social dos menores que están nunha situación de vulnerabilidade”.

 

Así, a achega da Consellería á Fundación JuanSoñador ascende a 60.000 euros, sendo o presuposto total do convenio de 101.036,77 euros –a cantidade que resta corre a cargo da propia fundación-. As actividades e programas da entidade teñen como beneficiarios menores de 6 a 18 anos e as súas familias, preferentemente adolescentes con fracaso e/ou abandono escolar; e veñen derivados desde os servizos sociais comunitarios, equipos técnicos do menor, entidades sociais ou equipos de orientación dos centros escolares. O equipo multidisciplinar da Fundación JuanSoñador que se encarga da atención a estes menores está formado, como mínimo, por un traballador/a social con funcións de coordinación; seis educadores/as para atención directa, dous monitores/as, un administrativo/a e voluntariado.

 

Traballo educativo, apoio familiar e dinamización do tempo libre

 

Algunhas das actuacións que se contemplan no convenio asinado entre a Consellería de Política Social e a Fundación JuanSoñador son: a elaboración de plans de traballo educativos individualizados e titorías personalizadas; obradoiros de habilidades sociais e de educación emocional; apoio educativo en horario extraescolar; aprendizaxe de métodos de estudo; orientación educativa e prelaboral; préstamo de material escolar ou espazo ciber con acceso a ordenadores e conexión a internet, entre outras.

 

Así mesmo, este convenio tamén axudará á entidade a financiar as iniciativas que esta leva a cabo no ámbito da educación e da orientación familiar; así como en materia de atención e dinamización do ocio e do tempo libre. Entre estas últimas cómpre destacar: espazos abertos para a convivencia; puntos de información sobre temas de interese, formación e actividades de ocio; actividades lúdicas, deportivas e culturais; e obradoiros educativos temáticos e en grupo nos que se abordan aspectos como a sexualidade e a afectividade, hábitos saudables, dereitos humanos, comercio xusto e consumo responsable, igualdade de xénero ou uso das redes sociais e tecnoloxías da comunicación.

 

Os locais da Fundación JuanSoñador nas que se desenvolverán as actividades e programas que se sinalan neste convenio están localizados en Vigo –rúa Elio Antonio Nebrija- e en A Coruña –rúa Mosteiro Toxos Outos-; así como nos centros escolares Salesianos de Lugo –praza da Milagrosa- e Ourense –praza Don Bosco-.

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E A FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO AMPLÍAN A SÚA COLABORACIÓN PARA ACADAR A ABSOLUTA INTEGRACIÓN DESTE COLECTIVO NA SOCIEDADE GALEGA

  • A Xunta de Galicia asina anualmente un convenio coa Fundación para a elaboración do programa Acceder cunha achega de 64.000 euros

 

VIgo, 20 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe a sede olívica da Fundación Secretariado Xitano. Alí afondou cos representantes da asociación en novas vías de colaboración entre ambas institucións para acadar “a total normalización da situación e unha absoluta integración do pobo xitano na sociedade galega, que representa un colectivo fundamental nas nosas políticas”.

 

Na súa reunión, o conselleiro amosou a boa sintonía entre a Xunta de Galicia e a Fundación que se ten cristalizado ao longo destes anos en numerosos proxectos conxuntos. Así, o titular da área social destacou o papel da Fundación Secretariado Xitano na elaboración da Estratexia de Inclusión Social da poboación xitana en Galicia e que recollerá medidas en catro ámbitos como educación, vivenda, sanidade e emprego.

 

A Fundación Secretariado Xitano elabora o programa Acceder para o fomento da inserción laboral, a inclusión social e a mellora das condicións de vida e traballo do pobo xitano. A Xunta de Galicia asina anualmente un convenio desde 2001 para a elaboración deste programa cunha achega de 64.000 euros. No ano 2014 atendéronse a 1.045 persoas ao abeiro deste convenio e acadáronse 348 contratos.

 

 

A XUNTA DE GALICIA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA DOS MENORES NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DO NENO

  • Vigo 2015-Día do MenorEstudantes de Primaria do centro vigués asistiron á proxección dun documental e leron as cartas dun neno sirio que vive nun campo de refuxiados e dunha nena galega aloxada nun centro de menores. O programa de actividades rematou cunha solta de globos
  • Na súa intervención, Rey Varela salientou a importancia desta data para “facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e tamén para recoñecer a labor das persoas e entidades que cada día traballan para que os nenos e as nenas teñan un futuro mellor”
  • Así mesmo, o conselleiro instou ao conxunto da sociedade a “traballar para conseguir que Galicia sexa o mellor lugar para ser neno ou nena”; e insistiu en que “a atención, promoción, e defensa dos nenos e nenas debe ser unha prioridade”
  • Nesta liña, o titular de Política Social referiuse a algunhas iniciativas en que está a a traballar a administración autonómica, como o programa integral de apoio á infancia, á familia e á conciliación; ou a Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso co benestar e a calidade de vida dos menores coincidindo co Día dos Dereitos do Neno que hoxe se celebra. Así, e con motivo desta conmemoración, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; acompañado da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, participaron esta mañá en Vigo nun acto xunto a Asociación Arela, docentes e alumnos e alumnas do CEIP Xavier Sensat. No mesmo, os estudantes de Primaria do centro asistiron a proxección dun documental e leron as cartas dun neno sirio que vive nun campo de refuxiados e dunha nena galega aloxada nun centro de menores. O programa de actividades rematou cunha solta de globos no patio do colexio.

 

Na súa intervención, Rey Varela censurou o feito de que hoxe en día existan nenos e nenas en diversos lugares do mundo que atravesan situacións que “non lles permiten ser todo o felices que quixeran”, ante o que dixo que “non hai dereito de que un neno se vexa privado de ser feliz e dos seus soños; porque a infancia significa todo: a orixe, a tenrura, a esperanza e o futuro”. Neste sentido, recordou que hai 26 anos as Nacións Unidas aprobaban a Convención sobre os Dereitos do Neno, na que se recolle que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, con independencia do lugar do mundo onde naceran. “Lamentablemente isto non sempre se cumpre”, denunciou; de aí “importancia de conmemorar esta data para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos; e tamén para recoñecer a labor das persoas e entidades que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor”, manifestou.

 

O titular de Política Social avogou porque o conxunto da sociedade -administracións públicas, comunidades educativas, axentes e entidades do ámbito da infancia e as familias-  “traballemos para conseguir que Galicia sexa o mellor lugar para ser neno ou nena”. Ao respecto, insistiu en que “a atención, promoción e defensa das nenas e nenos debe ser unha prioridade”; e nesa liña detallou algunhas medidas que está a elaborar a Consellería como a Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020 ou un programa integral de apoio á natalidade, á familia e á conciliación.

 

Así, e no que atinxe á Estratexia para a Infancia e a Adolescencia, Rey Varela explicou que se fundamenta en catro liñas estratéxicas, que son: a promoción dos dereitos e a participación; o dereito a un crecemento equilibrado e saudable; a intervención en situacións de dificultade, risco e conflito persoal, familiar e social; e a mellora da calidade do sistema e a práctica institucional, reforzando –entre outras medidas- a calidade dos recursos dirixidos á formación. Así mesmo, o responsable de Política Social indicou que a Xunta está a traballar nun programa de medidas dirixido á infancia e á familia, e que tamén contempla actuacións específicas para favorecer a conciliación. Este programa inclúe, de cara ao vindeiro ano 2016, dende axudas directas aos pais e nais para contribuír a pagar os gastos básicos que trae consigo o nacemento dun fillo/a ata a ampliación do número de prazas sustentadas con fondos públicos en escolas infantís.

 

Declaración institucional

 

Por outra banda, a través dunha declaración institucional aprobada esta semana o Goberno galego “comprométese a velar polos dereitos dos nenos e nenas e a involucrarse activamente con eles, e a continuar traballando na implementación de políticas dirixidas á poboación infantil e adolescentes na nosa comunidade”.

 

Ademais, neste texto conmemorativo do Día dos Dereitos do Neno sinálase que “os nenos e nenas serán os adultos de mañá, polo que constitúen a base esencial para acadar unha sociedade máis cohesionada e igualitaria; de aí a importancia de garantir o seu crecemento e desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral e social”.

ABANCA e a Deputación de Pontevedra inxectarán un 20% máis de crédito na provincia a través do Plan Activamos

20151120_renovacion_plan_activamos_pontevedra_2.JPG

Ámbalas entidades renovan o acordo que permitirá destinar 87 millóns de euros a financiar en condicións vantaxosas iniciativas orientadas ao desenvolvemento económico e social

›        Ata o momento, Deputación e ABANCA apoiaron con 71 millóns de euros en crédito a case 3.000 pemes, autónomos e familias de Pontevedra a través do Plan Activamos

20.11.2015. ABANCA e a Deputación de Pontevedra renovaron esta mañá o Plan Activamos, unha iniciativa conxunta a través da cal a entidade financeira destinará 87 millóns de euros en crédito a familias, pemes, autónomos e corporaciones locais co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, foron os encargados de asinar a renovación do plan, cun importe de financiamento superior nun 20% ao formalizado no marco do primeiro convenio de colaboración entre ámbalas entidades, subscrito en xullo de 2014.

 

20151120_renovacion_plan_activamos_pontevedra_2.JPG

21 nov – Palestra: A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915

gasnov2015Este sábado 21 de novembro a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos:

Palestra: “A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915”. A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 – Vigo).

Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo  fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara. Porén, foi posíbel. Non entanto, aquel apelo á fraternidade entre pobos mantén, na altura, toda a súa actualidade nunha época definida pola proliferación de conflitos bélicos nun escenario de guerra global permanente.

Comedy Zoo Tour chega mañá ao Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, sábado 21 de novembro en Vigo a xira galega de Comedy Zoo Tour, un espectáculo de humor protagonizado por Santi Millán, José Corbacho e Javi Sancho. A representación, recomendada para maiores de 14 anos, terá lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL COMPROMETE O TRABALLO DA XUNTA PARA ACADAR “UNHA ESPERANZA DE VIDA CÓMODA, AGRADABLE E LIBRE DE DEPENDENCIA”

  • Subliña a importancia do impulso da natalidade para paliar unha taxa de reposición que vai diminuíndo e lograr que Galicia sexa “o mellor lugar para os nenos e para as nenas”

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no almorzo coloquio celebrado hoxe en Vigo e organizado polo Faro de Vigo e o SabadellGallego titulado ‘Retos de vivir 100 anos. As pensións do futuro’. Alí asegurou que “os retos demográficos son retos de todo o Goberno galego” e salientou “dúas políticas fundamentais que estamos a relanzar” desde a Consellería de Política Social. Por unha banda, o titular da área social comprometeu o traballo do Goberno autonómico para acadar unha esperanza de vida “cómoda, agradable e libre de dependencia” que reverta nunha maior calidade de vida dos nosos maiores. Así tamén, subliñou a importancia do impulso da natalidade para paliar unha taxa de reposición que vai diminuíndo e lograr que Galicia sexa “o mellor lugar para os nenos e para as nenas”.

 

Respecto aos maiores que viven en Galicia, o conselleiro lembrou a importancia da oferta pública de coidados de longa duración ou da Lei de Dependencia na “canalización de novos recursos públicos para garantir que se viva máis anos e con maior calidade de vida”.

 

O responsable da carteira social uniu estes dous obxectivos co tema das pensións, “un tema estratéxico para calquera Estado de Benestar” e asegurou que “para garantir as pensións de mañá existe a necesidade indispensable da renovación”. Nesta liña o conselleiro aseverou que “os mozos e os maiores son tan importantes para as políticas sociais como a cotización e as pensións o son para a economía dun país”.

 

“Que os maiores poidan vivir máis anos cunha boa calidade de vida e que ao mesmo tempo as familias galegas saiban que o Goberno de Galicia estará permanentemente colaborando para que se dean as condicións para que haxa máis nenos e nenas en Galicia”, concluíu.

O MARCO e AFAGA inician unha colaboración no contexto do programa educativo para escolares da exposición ‘Producións e procesos na Colección DKV’.

unnamed (1)O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA, a través do centro de día que xestiona en Vigo, iniciaron neste mes unha liña de colaboración que se engloba no programa educativo da exposición ‘Producións e procesos na Colección DKV’.

Esta exposición, froito da cooperación entre a compañía DKV Seguros e o MARCO, reúne nas salas da planta baixa un conxunto de obras de 11 artistas (Misha Bies Golas, Patricia Dauder, Rosalía Banet, Mira Bernabeu, David Ferrando Giraut, Alex Francés, Martín Freire, Karlos Gil, Núria Güell, Alicia Kopf, Eulàlia Valldosera) en múltiples formatos e soportes, que son resultado de programas de bolsas de produción e premios de adquisición convocados por DKV Seguros entre os anos 2011 e 2015, e que hoxe forman parte da súa colección.unnamed (2)

‘E TI, QUE RECORDAS?’ é o nome xenérico do programa para escolares que o departamento de didáctica do Museo deseñou en torno a esta mostra, e que intenta sacar partido do contacto directo coas obras en salas e das múltiples posibilidades educativas que ofrece esta exposición. Como é habitual na programación do MARCO para escolares, todas as actividades (visita e obradoiro posterior) están especialmente adaptadas ás idades dos participantes, con propostas diferenciadas para alumnado de infantil, primaria e secundaria/bacharelato.

 

Nesta ocasión —no marco da especial atención de DKV Seguros e do seu programa ARTERIA DKV cara ás accións que fomenten a creación artística ligada á saúde e a mellorar a calidade de vida das persoas— abriuse unha liña de colaboración con AFAGA para levar a cabo unha experiencia piloto que integre as actividades dirixidas a escolares no Museo coa necesidade de sensibilización social cara ás persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, dentro do programa de actividades de ocio, formación e estimulación que desenvolve o persoal de AFAGA nos seus centros.Durante estes meses, un grupo de usuarios do Centro de Día Beiramar en Vigo, acompañados por terapeutas do Centro e persoal do Museo, participa nun proxecto de actividades e obradoiros relacionados coa exposición, unha vez á semana. Como parte deste programa, cada mércores os grupos de escolares de Infantil e Primaria únense ao grupo de AFAGA para participar conxuntamente en visitas-obradoiros, concibidas como actividade integradora. O programa inclúe un total de seis visitas ao Museo, que se iniciaron o 4 de novembro e que estarán en marcha ata o 9 de decembro.

 

Los 20 de La Fábrica: Toni Segarra y Agustín Fernández Mallo Recibidos x

unnamedEl programa de encuentros con creadores Los 20 de La Fábrica tiene una nueva cita el próximo martes 24 de noviembre a las 19.30h con el director creativo Toni Segarra.

Toni Segarra fue elegido en el año 2000 por la revista Anuncios como mejor creativo del siglo. Es socio y fundador de la agencia de publicidad *S,C,P,F y ha colaborado en prestigiosas campañas publicitarias en festivales nacionales e internacionales, incluyendo 37 leones en el Festival de Cannes, entre los que se incluye uno de los dos únicos Grand Prix logrados por agencias españolas y más de cien soles en el Festival de San Sebastián, incluyendo siete Grandes Premios. Premio Nacional de Comunicación 2009 por el Gobierno de Catalunya, ese mismo año editó su primer y único libro Desde el otro lado del escaparate(Espasa), una selección de sus reflexiones a propósito del oficio.

De la mano de Toni Segarra, han nacido algunos de los mejores anuncios de España. Entre ellos, varios creados para PHotoEspaña como Espejos (PHE03), Ciudad (PHE05), Negativo y Clicks (PHE06) y Eusebi no salió en la foto (PHE08).

En este nuevo encuentro de Los 20 de La Fábrica, Toni Segarra estará acompañado por el escritorAgustín Fernández Mallo. Juntos, conversarán sobre la complejidad, las ciencias, la publicidad, la comunicación y el diseño.

No te pierdas esta cita imprescindible ¡Te esperamos!

Como medida de seguridad, no se permitirán las visitas a Titanic The Reconstruction….

FOTO MAQUETA PROA TITANIC CON ANCLAS COLOCADAS.COMO MEDIDA DE SEGURIDAD EN EL MANEJO DE LAS GRANDES PIEZAS QUE COMPONEN LA MAQUETA DEL TITANIC MAS GRANDE DEL MUNDO, QUE SE ESTÁ CONSTRUYENDO EN EL PARQUE DE LAS CIENCIAS DE GRANADA, SE LIMITAN LAS VISITAS A LA EXPOSICIÓN.

Hasta que finalice su ensamblaje, antes de Navidad, y como medida de seguridad, solo se permitirá visitar la exposición durante los sábados y domingos. Granada, 19.11.15: A partir del próximo lunes, día 23, las visitas a la exposición TITANIC THE RECONSTRUCTION, en el Parque de las Ciencias de Granada, donde se está construyendo la maqueta del Titanic más grande del mundo, y como medida de seguridad, solo se permitirá la entrada de público los sábados y domingos, hasta que el equipo de técnicos responsables de esta construcción finalice los trabajos de montaje y ensamblaje de las piezas de mayor tamaño. A partir de ahora, y hasta el inicio de las fechas navideñas, el horario de visitas se limita a los sábados, de 11,00 a 15,00 por la mañana, y de 16,00 a 19,30 horas por la tarde, y los domingos y festivos de 11,00 a 15,00 horas. Esta gran maqueta, la más grande y espectacular que jamás se ha construido, tiene unas medidas de 12 metros de largo, 3,9 de fondo y 3,6 de alto y para su construcción, desde hace más de un año, trabaja un equipo de 6 personas que comenzaron a construir el casco en Castelló de Ampuries (Girona) y su montaje se está finalizando en el “muelle de armamento” preparado expresamente para esta construcción, en el Parque de las Ciencias de Granada. Una vez finalizada totalmente su construcción en Granada, la exposición comenzará su gira internacional en las instalaciones de Tarraco Arena Plaza, bajo el patrocinio de COSTA DOURADA y la Diputación de Tarragona, continuando su gira internacional primero en España (Granada, Tarragona, Santander, Vigo, Bilbao, Barcelona, Valencia, Sevilla y Madrid) continuando después por el resto de Europa y finalizando en EE.UU. y América del Sur. (Adjuntamos fotografía actual de la proa ya con las anclas colocadas).