A XUNTA DE GALICIA COLABORARÁ COA FUNDACIÓN JUANSOÑADOR EN PROGRAMAS DE ATENCIÓN INTEGRAL DE MENORES EN SITUACIÓN DE RISCO, DESAMPARO OU EXCLUSIÓN SOCIAL

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da fundación, José María Blanco Alonso

 

Juan Soñador 2015 

  • A administración autonómica achega 60.000 euros a esta entidade para contribuír ao financiamento de diferentes actuacións que leva a cabo no ámbito do desenvolvemento persoal e social, o apoio escolar, a atención familiar e a dinamización do tempo libre
  • Rey Varela fixo fincapé no compromiso do Goberno galego “en lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social dos menores que están nunha situación de vulnerabilidade”

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- A Consellería de Política Social amplía a rede de entidades de iniciativa social coas que mantén liñas de traballo ao retomar a colaboración coa Fundación JuanSoñador, que ten como finalidade a prevención, educación e promoción social de nenos ou nenas e adolescentes en situación de risco, marxinalidade e exclusión social. José Manuel Rey Varela asinou hoxe un convenio co presidente de dita fundación, José María Blanco Alonso para contribuír ao financiamento de diferentes programas de actuación que leva a cabo esta entidade e que están dirixidos a favorecer o desenvolvemento persoal e social, o apoio escolar, a atención familiar e a dinamización do tempo libre.

 

O titular de Política Social referiuse á experiencia que ten a Fundación JuanSoñador no ámbito da atención aos menores, destacando os programas que realiza en Galicia para favorecer o desenvolvemento integral dos nenos ou nenas e adolescentes acollidos ao sistema de protección. Neste sentido, fixo fincapé no compromiso da Xunta “en lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social dos menores que están nunha situación de vulnerabilidade”.

 

Así, a achega da Consellería á Fundación JuanSoñador ascende a 60.000 euros, sendo o presuposto total do convenio de 101.036,77 euros –a cantidade que resta corre a cargo da propia fundación-. As actividades e programas da entidade teñen como beneficiarios menores de 6 a 18 anos e as súas familias, preferentemente adolescentes con fracaso e/ou abandono escolar; e veñen derivados desde os servizos sociais comunitarios, equipos técnicos do menor, entidades sociais ou equipos de orientación dos centros escolares. O equipo multidisciplinar da Fundación JuanSoñador que se encarga da atención a estes menores está formado, como mínimo, por un traballador/a social con funcións de coordinación; seis educadores/as para atención directa, dous monitores/as, un administrativo/a e voluntariado.

 

Traballo educativo, apoio familiar e dinamización do tempo libre

 

Algunhas das actuacións que se contemplan no convenio asinado entre a Consellería de Política Social e a Fundación JuanSoñador son: a elaboración de plans de traballo educativos individualizados e titorías personalizadas; obradoiros de habilidades sociais e de educación emocional; apoio educativo en horario extraescolar; aprendizaxe de métodos de estudo; orientación educativa e prelaboral; préstamo de material escolar ou espazo ciber con acceso a ordenadores e conexión a internet, entre outras.

 

Así mesmo, este convenio tamén axudará á entidade a financiar as iniciativas que esta leva a cabo no ámbito da educación e da orientación familiar; así como en materia de atención e dinamización do ocio e do tempo libre. Entre estas últimas cómpre destacar: espazos abertos para a convivencia; puntos de información sobre temas de interese, formación e actividades de ocio; actividades lúdicas, deportivas e culturais; e obradoiros educativos temáticos e en grupo nos que se abordan aspectos como a sexualidade e a afectividade, hábitos saudables, dereitos humanos, comercio xusto e consumo responsable, igualdade de xénero ou uso das redes sociais e tecnoloxías da comunicación.

 

Os locais da Fundación JuanSoñador nas que se desenvolverán as actividades e programas que se sinalan neste convenio están localizados en Vigo –rúa Elio Antonio Nebrija- e en A Coruña –rúa Mosteiro Toxos Outos-; así como nos centros escolares Salesianos de Lugo –praza da Milagrosa- e Ourense –praza Don Bosco-.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: