Archivo | noviembre 21, 2015

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo realizará una campaña de ensayos de vehículos en el mercado‏

  • Para cumplir con las recomendaciones de la Comisión Europea sobre verificación de las emisiones de vehículos.
  • El objetivo es asegurar el cumplimiento de la legalidad, la defensa de los intereses del consumidor y la credibilidad del sector.

20.11.15. Con el fin de cumplir con las recomendaciones de la Comisión Europea sobre la verificación de las emisiones de vehículos en condiciones más asimilables a las reales, el Ministerio de Industria, Energía y Turismo realizará, en línea con lo que están planteando los países de nuestro entorno, una campaña de ensayos de vehículos en el mercado.

Para ello, a partir de la primera semana de Diciembre,  se iniciará una campaña de verificación de las emisiones de CO2, NOX  y otros contaminantes sobre 30 vehículos,  Euro 5 y 6, homologados  en España.

La  selección de los mismos se hará en función de la penetración de los distintos modelos en el mercado nacional. Actualmente el MINETUR está finalizando el protocolo de ensayos a realizar para su envío a la Comisión Europea para la armonización de actuaciones entre los distintos Estados miembros.

 

Los ensayos consistirán en ensayos en circulación, con las condiciones establecidas en el futuro ciclo de emisiones en condiciones reales de conducción  (Real Driving Emissions – RDE), y en ensayos en laboratorio con ciclos diferentes al establecido en la reglamentación actual.

 

En esta campaña europea de vigilancia de las emisiones en el mercado van a participar un buen  número de países entre ellos Francia, Italia, Alemania, Reino Unido y  Suecia. Todos ellos se han comprometido a remitir a la Comisión Europea el resultado de sus ensayos,  al objeto de que esta disponga de información suficiente de emisiones de vehículos en el mercado que permita identificar cualquier posible anomalía, para en su caso tomar las medidas correctoras que correspondan.

 

Con esta campaña, de un alcance amplio y técnicamente muy compleja, el MINETUR pretende clarificar la situación de incertidumbre que se haya podido generar en el mercado  y  contribuir a una investigación de alcance europeo, inédita hasta la fecha.

 

El objetivo último de todo ello no es sino asegurar el más estricto cumplimiento de la legalidad, la defensa de los intereses del consumidor y la salvaguarda de la credibilidad de un sector como el de la automoción, fundamental para la industria española.

 

 

 

 

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO REMITE UN ESCRITO AO CONCELLO PARA COLABORAR CUN NOVO POSIBLE CASO DE DESALOXO

  • Seguindo o protocolo establecido para estes casos, o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, remitiu a carta para facilitar toda a axuda posible aos afectados e trasladar as medidas implantadas polo Goberno galego para evitar os desaloxos

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- A Xunta de Galicia, a través da Delegación Territorial da Administración Autonómica en Vigo, remitiu hoxe un escrito ao alcalde da cidade, Abel Caballero, e ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Vigo para colaborar cun novo posible caso de desaloxo dunha vivenda coñecido a través dos medios de comunicación e que afecta a unha muller con dous fillos.

 

Seguindo o protocolo establecido pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, ao ter coñecemento dun novo caso de desaloxo ou desafiuzamento, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, remitiu unha carta ao Concello da cidade olívica co obxectivo de informar dos programas destinados a previr determinadas situacións de desamparo co fin último de facilitar toda a axuda posible aos afectados.

 

É por isto polo que se ofrece aos servizos sociais municipais toda a colaboración no marco dos programas e axudas públicas da Xunta de Galicia co obxectivo de analizar, se é o caso, as posibilidades de actuación ao amparo dos referidos programas existentes na Xunta de Galicia. A día de hoxe, as 10 medidas xa implantadas polo Goberno galego para evitar ou paliar este tipo de situacións de desamparo son:

 

  1. Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia, que estableceu medidas para evitar os desafiuzamentos nas vivendas de promoción pública e permitir a dación en pago nas vivendas protexidas.

 

  1. Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, aprobado polo Consello da Xunta o 5 de decembro de 2012 e que segue en vigor. Ten por finalidade dar cobertura a todas as persoas que perdan a súa única vivenda nun procedemento de execución hipotecaria, soliciten a inclusión no programa e teñan uns ingresos ponderados inferiores a 2,5 veces o IPREM.

 

  1. Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP, asinado o 8 de abril de 2013, co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar os casos de especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento de vivenda familiar e adoptar medidas de carácter social e de realoxo que evite os efectos da perda de vivenda.

 

  1. Programa Reconduce, posto en marcha o 3 de outubro de 2013, cun enfoque preventivo e coa finalidade de crear un marco de coordinación dos servizos das diferentes consellerías que se poñen a disposición para dar apoio ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento.

 

  1. Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, aprobado polo Consello da Xunta o 12 de febreiro de 2015, que pretende facilitar o acceso á vivenda ás familias que máis o necesitan e que inclúe unha serie de medidas tendentes a reforzar o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias.

 

  1. Convenio coa Sareb, asinado no marco do Plan RehaVIta o 17 d marzo de 2015, co obxecto de que o IGVS poda dispoñer de vivendas desta sociedade con destino a aluguer social para as persoas con maiores dificultades e de forma especial para os afectados por execucións hipotecarias.

 

  1. Convenios de colaboración con varias entidades financeiras coa finalidade de solucionar as necesidades residenciais de persoas afectadas por execucións hipotecarias. Os convenios asináronse con Abanca o 6 de xullo de 2015, Caixa Rural Galega o 7 de xullo, e Banco de Sabadell en setembro de 2015, e previsiblemente se adherirán máis entidades. As entidades comprométense a non desaloxar vivendas sometidas a execución hipotecaria, permitindo aos afectados continuar nas mesmas en réxime de aluguer social e, por outra parte, ceden vivendas baleiras da súa propiedade para aluguer social.

 

  1. Convenio co Valedor do Pobo para canalizar as posibles situacións de especial necesidade de vivenda de tal xeito que puideran ser avaliadas e, no seu caso, atendidas de forma inmediata polo IGVS.

 

  1. Bono de Aluguer Social, aprobado polo Consello da Xunta en agosto de 2015, que facilita apoio urxente, inmediato e puntual a familias que precisen dunha especial atención pola perda da vivenda habitual en réxime de aluguer ante a imposibilidade de facer fronte ao pagamento da renda. O Bono de Aluguer Social consiste nunha axuda de 150 euros mensuais durante doce meses, prorrogables por outros doce. E ademais, disporán tamén dunha axuda única de 450 euros para facer fronte a pagos atrasados ou aos gastos de formalización dun novo contrato.

 

  1. Censo de Vivendas Baleiras, que se implantará en 2016 e permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas.

LÓPEZ-CHAVES FAI UN CHAMAMENTO AOS VIGUESES PARA QUE COLABOREN COA GRAN RECOLLIDA SOLIDARIA DO BANCO DE ALIMENTOS

  • 20112015_DelegVigoBancoAlimentosA delegación territorial da Xunta en Vigo súmase á iniciativa ofrecendo a posibilidade de doar e entregar alimentos á ONG nas dependencias do Goberno galego na cidade dende o martes 24 ao venres 27 de novembro
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo será voluntario da Gran Recollida Solidaria (GRS) o vindeiro sábado 28 de novembro
  • López-Chaves visitou esta mañá as instalacións que o Banco de Alimentos ten en Sárdoma e animou aos cidadáns de Vigo e súa área a facerse voluntarios

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que o Banco de Alimentos ten na parroquia de Sárdoma. Acompañado polo seu presidente, Pedro Pereira, e distintos membros da fundación e voluntarios, López-Chaves coñeceu o seu traballo de cara á Gran Recollida Solidaria (GRS) que a ONG celebra os vindeiros 27 e 28 de novembro.

 

Neste senso, o delegado fixo un especial chamamento aos vigueses e viguesas e aos veciños da área metropolitana para que colaboren con esta iniciativa ademais de animar a todos os cidadáns a facerse voluntarios para que o Banco de Alimentos poida levar a cabo estes dous grandes días de recollida de alimentos por toda provincia sen problemas. “Animo a toda a cidadanía a que se sume a esta gran iniciativa solidaria”, sinalou López-Chaves. Segundo datos da ONG, aínda precisan uns 700 voluntarios para poder chegar a todos os puntos de recollida nos máis de 130 supermercados que participan nesta acción o vindeiro fin de semana.

 

De feito, a Delegación Territorial da Xunta en Vigo súmase a esta iniciativa solidaria e, dende o martes 24 ao venres 28 de novembro, as persoas que así o desexen –traballadores e usuarios- poderán entregar alimentos na sede da Administración autonómica na cidade. No hall de entrada do edificio, instalarase unha caixa e información para que os cidadáns poidan doar os alimentos para o Banco de Alimentos en horario de apertura do Rexistro, é dicir, de 9.00 a 19.00 horas. Coma informaron dende a ONG, os alimentos máis necesarios para a acción deste ano son leite, aceite, galletas, cacao e todo tipo de conservas vexetais.

 

Ademais, e seguindo esa liña de apoio e colaboración da Xunta, dentro das accións da Gran Recollida Solidaria 2015, o delegado territorial participará tamén coma voluntario cos responsables do Banco de Alimentos o propio sábado día 28. “Todos debemos ser partícipes desta gran acción solidaria”, valorou López-Chaves ao remate da visita.

 

: O delegado da Xunta en Vigo inaugura a V Xornada sobre a Lactancia Materna do Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima

20112015_DelegVigoInauguracionXornadasPé de foto: O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurará a V Xornada sobre Lactancia Materna do Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima. No salón de actos da Delegación Territorial (Concepción Areal, 8).

 

 

A XUNTA AVANZA A PRÓXIMA PRESENTACIÓN AO SECTOR DO OBSERVATORIO DE CUSTOS DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PARA CONTRIBUÍR A OPTIMIZAR A EXPLOTACIÓN DESTA ACTIVIDADE

  • Ethel Vázquez precisa que se trata dun instrumento sinxelo que garantirá que calquera profesional do transporte coñeza a estrutura de custos e o prezo a esixir
  • Destaca a actividade da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, que ao longo do pasado ano 2014 resolveu máis de 260 expedientes relacionados co transporte de mercadorías por estrada

 

Vigo, 20 de novembro de 2015.- A Xunta avanza a próxima presentación ao sector do Observatorio de custos de transporte de mercadorías para contribuír a optimizar a explotación desta actividade. Así o manifestou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que participou no ‘VII Acto de recoñecemento empresarial do transporte  de mercadorías por estrada de Galicia’, organizado por Fegatramer. No acto tamén estivo presente a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas.

 

Vázquez destacou que o Goberno galego está a ultimar esta iniciativa que lle permitirá ás empresas lograr un maior coñecemento dos custos de explotación. Engadiu que se trata dun instrumento sinxelo que garantirá que calquera profesional do transporte poida coñecer os elementos a ter en conta para establecer a súa estrutura de custos; ou cal debe ser o prezo a esixir para garantir unha correcta explotación da súa actividade empresarial.

 

A conselleira salientou que o seu departamento está a traballar en diferentes medidas para o impulso deste sector, considerando que o transporte de mercadorías ten unha importancia estratéxica na economía galega. Cabe citar que Galicia aglutina preto de 12.000 empresas dedicadas a esta actividade, das que unhas 6.900 o fan en réxime de transporte público.

 

A titular de Infraestruturas tamén fixo especial fincapé na actividade da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, que ao longo do pasado ano 2014 resolveu máis de 260 expedientes relacionados co transporte de mercadorías por estrada. Concretou que esta ferramenta tense revelado de grande eficacia de cara a que empresarios e profesionais poidan loitar contra os impagos.

 

Galardóns

No que se refire á entrega de premios, Vázquez salientou que estes recoñecementos poñen de manifesto o interese da Federación Galega de Transportes de Mercadorías, Fegatramer, por enxalzar o traballo que realizan cada día miles de profesionais para atender as demandas e necesidades de consumidores e cidadáns.

 

Os catro homenaxeados na celebración de hoxe foron: Rodolfo González Díaz, pola provincia da Coruña; Magín Losada Fernández, por Lugo; a empresa Transportes Hermanos Lemos S.A.,  de Ourense; e Raúl Busto Valcárcel, pola provincia de Pontevedra.

 

A conselleira indicou que se trata de catro traxectorias vinculadas ao sector do transporte de mercadorías por estrada da comunidade: pequenos empresarios, pero tamén grandes empresas; que prestan servizo en Galicia, pero tamén no resto de España e de Europa;  emprendedores e empresarios pioneiros.