LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO DE DÍA BEIRAMAR, ONDE A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER ATENDE A UNS 40 USUARIOS

  • 23112015_DelegVigoAfaga2O delegado territorial da Xunta en Vigo coñeceu o centro especializado en alzheimer dependente da Consellería de Política Social e xestionado por Afaga
  • Deste centro de Vigo depende tamén a Unidade de Atención Terapéutica que existe no Porriño, onde se ofrecen outras 20 prazas públicas máis

 

Vigo, 23 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o Centro de Día Beiramar, especializado en alzheimer que depende da Consellería de Política Social e xestiona a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia (AFAGA) a través dun convenio co departamento autonómico.

 

Acompañado polo presidente do colectivo, Juan Carlos Rodríguez, e a coordinadora do centro, o delegado da Xunta percorreu as instalacións do centro ubicado na Casa do Mar de Vigo e onde se atenden a uns 40 usuarios e usuarias. López-Chaves gabou así o labor que desenrolan os seus traballadores co obxectivo de “contribuír á mellora e calidade de vida das persoas que atenden e dos enfermos de alzheimer”, dixo. Ademais, deste centro de día que se atopa na cidade viguesa depende tamén a Unidade de Atención Terapéutica do Porriño, onde a Consellería de Política Social ofrece 20 prazas públicas máis.

 

Con todo, entre os programas e servizos de atención que AFAGA presta aos usuarios e usuarias no Centro de Día Beiramar hai que destacar os servizos básicos coma a manutención, o transporte, coidado persoal, aseo e hixiene, control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVDs) e axuda na comida e no transporte. Por outra banda, AFAGA ofrece servizos terapéuticos específicos dirixidos tanto aos usuarios coma as familias coidadoras. Entre eles, destacan a psicoestimulación; estimulación cognitiva, motriz, asistida por ordenador; terapias asistidas coma wiiterapia; estimulación con ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías; xerontoximnasia; fisioterapia; terapia ocupacional; laborterapia; musicoterapia ou control da saúde.

 

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer

AFAGA é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de alzheimer ou outra demencia e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.

 

Naceu no ano 1994 do interese dun grupo de familiares a raíz da desorientación e falla de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade, e foi a primeira asociación de familiares de Galicia.

 

AFAGA pon a disposición dos seus socios unha serie de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus familiares, a través de talleres, apoio psicolóxico, asesoramento legal e social, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados coas enfermidades neurodexenerativas.

 

80 prazas máis no centro terapéutico de estimulación cognitiva

Ademais do Centro de Día Beiramar e a Unidade de Porriño, AFAGA xestiona tamén de xeito directo o centro terapéutico de estimulación cognitiva para enfermos en fase leve de alzheimer e outras demencias, que se atopa na rúa Martínez Garrido de Vigo e que ofrece outros programas e servizos aos que asisten ao redor de 80 usuarios e usuarias máis.

 

Este centro, de titularidade propia, conta cunha plantilla conformada por un total de 12 profesionais (traballadores sociais, terapeutas ocupacionais, psicólogos, educadora social, auxiliares de enfermería, e persoal administrativo e de comunicación). Ubicado nun local de 320 m2, está adaptado para persoas con mobilidade reducida. Entre os programas e servizos que se realizan no centro cómpre salientar os seguintes: estimulación cognitiva; psicomotricidade; laborterapia; ludoterapia; estimulación cognitiva con novas tecnoloxías; convivencia interxeracional; técnicas da comunicación e técnicas de estimulación cognitiva. Conxuntamente co anterior, ofrécese tamén un servizo de atención psicolóxica as familias así coma atencion social e asesoramento en recursos sociais.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: