A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO CONTA DENDE HOXE CUN POSTO PARA ENTREGAR ALIMENTOS DENTRO DA GRAN RECOLLIDA SOLIDARIA 2015

  • A delegación territorial da Xunta en Vigo súmase á iniciativa ofrecendo a posibilidade de doar e entregar alimentos ao Banco de Alimentos nas dependencias do Goberno galego na cidade ata o venres 27 de novembro
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, animou aos vigueses e viguesas a colaborar e a facerse voluntarios

 

Vigo, 24 de novembro de 2015.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo súmase á Gran Recollida Solidaria (GRS) 2015 que celebra o Banco de Alimentos os vindeiros 27 e 28 de novembro e, dende hoxe mesmo e ata o venres, as persoas que así o desexen poderán entregar alimentos na sede da Administración autonómica na cidade.

 

No hall de entrada do edificio xa está instalado un posto de entrega para que os cidadáns poidan colaborar e doar os alimentos en horario de apertura do Rexistro, é dicir, de 9.00 a 19.00 horas. Coma informaron dende a ONG, os alimentos máis necesarios para a acción deste ano son leite, aceite, galletas, cacao e todo tipo de conservas vexetais.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, animou a todos os vigueses e viguesas a que colaboren con esta iniciativa solidaria ademais de facer un chamamento para que os cidadáns se fagan voluntarios co fin de que o Banco de Alimentos poida levar a cabo estes dous grandes días de recollida de alimentos por toda provincia sen problemas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: