AS EMPRESAS PODERÁN SOLICITAR A PARTIR DO 1 DE DECEMBRO SOLO INDUSTRIAL EN RÉXIME DE DEREITO DE SUPERFICIE A CAMBIO DUN CANON ANUAL DESDE 38 CÉNTIMOS POR METRO CADRADO

  • Poranse á disposición 2 millóns de m² de solo correspondentes a 587 parcelas de 29 parques de Xestur
  • Deles, 000 m² e 71 parcelas están situados en parques da provincia de Pontevedra
  • Esta modalidade de oferta estenderase aos parques empresariais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro trimestre de 2016
  • O obxectivo é impulsar a implantación de novas empresas na comunidade e atraer investimentos en condicións que permitan competir con Portugal
  • Co dereito de superficie refórzanse os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro ao ano por metro cadrado

 

Mos (Pontevedra), 24 de novembro de 2015.- As empresas poderán solicitar a partir do 1 de decembro solo industrial en réxime de dereito de superficie a cambio dun canon anual simbólico por metro cadrado, desde os 38 céntimos por metro cadrado ao ano. Así o trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que mantivo unha reunión de traballo con representantes e empresas que integran a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS. Na xuntanza tamén participaron o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Vázquez explicoulles aos empresarios que de maneira inmediata vanse poñer á disposición dos emprendedores 2 millóns de m² de solo industrial correspondentes a 587 parcelas propiedade de Xestur en dereito de superficie: deles, case 365.000 m² e 71 parcelas corresponden a parques que Xestur ten na provincia de Pontevedra: Mos, Arbo, Silleda, Lalín, A Reigosa.

A conselleira subliñou que a intención do seu departamento é estender esta modalidade de adxudicación tamén ás parcelas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro trimestre de 2016.

A responsable autonómica de Vivenda destacou que estes incentivos no acceso ao solo industrial teñen como obxectivos impulsar a implantación de novas empresas na comunidade e atraer investimentos para poder competir con Portugal.

 

Ethel Vázquez indicou que o Goberno galego está a centrar a política de solo empresarial en poñer á disposición dos emprendedores o solo necesario para que poidan instalar ou expandir os seus proxectos industriais, ofrecéndollo nas condicións máis vantaxosas posibles.

 

A titular de Infraestruturas salientou que as bonificacións no prezo do solo empresarial aplicadas este ano tiveron grandes resultados e, ademais, o pasado 5 de novembro o Consello da Xunta establecía novas condicións para acceder ao solo empresarial, poñendo á disposición dos empresarios a concesión de parcelas en réxime de dereito de superficie.

 

Trátase dunha fórmula novidosa pola que os adxudicatarios poderán construír as instalacións necesarias e desenvolver o seu proxecto na parcela a cambio do pago dun canon anual, un prezo simbólico, algo semellante a un aluguer.  Con esta medida refórzanse os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro ao ano por metro cadrado.

 

Parque empresarial de Veigadaña

A conselleira puxo como exemplo o parque empresarial de Veigadaña, en Mos, para explicar as vantaxes das iniciativas da Xunta en canto ao acceso ao solo industrial.

 

Vázquez indicou que unha parcela do polígono de Veigadaña de 2.000 metros cadrados cun prezo de 360.000 euros poderá ser adxudicada en réxime de dereito de superficie a custe cero no primeiro ano (se o empresario solicita o ano de carencia);  cun custo de 5.400 euros no 2º e 3º ano; pagando 9.000 euros no 4º e 5º ano; e unha media 12.600 euros/ano no 6º exercicio e sucesivos. No caso de que haxa unha empresa interesada nunha parcela moito máis grande, por exemplo de 16.730 m2, cuxo custo de venda aproximado ascende a 2,4 M€, o empresario poderá acceder a ela en dereito de superficie, tamén a custe cero no primeiro ano; arredor de 35.400 euros durante o 2º e o 3ª ano; preto de 60.000 euros nos dous seguintes exercicios; e 82.600 euros no 6º ano e posteriores.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: