O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CO XUÍZ DECANO, GERMÁN SERRANO

  • 24112015_DelegVigoXuizDecanoIgnacio López-Chaves explicoulle os trámites administrativos que faltan para que a Xunta poida licitar a Cidade da Xustiza
  • Pediu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, “que xestione con axilidade” para que os terreos estean a disposición da Administración autonómica canto antes

 

Vigo, 24 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un primeiro encontro institucional co xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, para explicarlle a situación actual da tramitación da cesión dos terreos do Concello de Vigo á Xunta de Galicia co fin de levar a cabo o proxecto da Cidade da Xustiza.

 

En declaracións aos medios, o delegado agradeceu ao xuíz decano que o recibira institucionalmente ao tempo que lle trasladou o feito de que, a día de onte, os terreos onde se ten que construír o novo edificio xudicial aínda están inscritos no Rexistro da Propiedade a nome dos seus propietarios particulares e non ao do Concello de Vigo. “No Rexistro aínda aparecen inscritas as fincas a nome dos propietarios particulares”, sinalou, relatando a continuación os trámites que aínda faltan para completar o proceso de cesión dos terreos e que pasan por inscribir as fincas no Rexistro da Propiedade ao nome do Concello; unificalas para que haxa unha soa parcela; demoler as vivendas e, por último, levalo a pleno municipal. “Fai falla aínda a inscrición a nome do Concello, a agrupación das fincas, a inscrición no catastro, a celebración dos plenos para a súa tramitación, a demolición das edificacións para que se ceda un solar e non unhas ruínas e, despois, será cando o concello poida ceder os terreos á Xunta”, especificou López-Chaves.

 

A pesares disto, o delegado garantiu que a Xunta cumprirá coa parte que lle corresponde. “Unha vez que entregue o solar existe o compromiso, non so político senón orzamentario xa que existen partidas para o vindeiro ano e sucesivos para sacar a licitación proxecto e obra”, asegurou, pero matizando que ata que non se teñan os terreos a disposición non será posible avanzar. “Incluso poderíamos adiantarnos coa licitación conxunta de proxecto e obra pero mentres non teñamos a disposición o terreo, non podemos sacar a licitación”, dixo.

 

É por isto polo que o responsable da Xunta en Vigo pediu ao alcalde Abel Caballero que “xestione con axilidade” porque, coma considerou, “Vigo non poder esperar máis por este edificio xudicial. É moi necesario, existe partida orzamentaria e o único que fai falla é a entrega e disposición dos terreos” ao Goberno galego que, ata a data, “non se produciu”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: