Archive | noviembre 24, 2015

O festival VertixeVIGO acolle mañá a estrea mundial da obra Na procura do Sisili na Universidade de Vigo

Vigo,  24 de novembro de 2015.- A estrea mundial de Na Procura do Sisili (Vertixe Sonora Ensemble) terá lugar mañá,mércores 25 de novembro, ás 13.45 horas, no hall da ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Enmarcada na programación do festival VertixeVigo, esta obra será interpretada por Vicent Grau, percusión, e Pablo Beltrán, electrónica.

FESTIVAL VERTIXEVIGO

Vertixe Sonora Ensemble

NA PROCURA DO SISILI. Pablo Beltrán, (2015) versión percusión e electrónica), 10′.  Estrea mundial.

SILENCE MUST BE! Thierry de Mey (2002), para «chef d’orchestra solo», 7′.

SEN VI. Toshio Hosokawa (1993) para set multipercusión, 11′.

Data:     25 de novembro

Hora:    13.45h  //  Entrada libre  ata completar aforamento

Lugar:   Hall da ETSE de Minas

Presentación en Vigo de Fontán, de Marcos Calveiro. Premio de Narrativa Breve Repsol 2015

unnamedA vida novelada de Fontán

Marcos Calveiro presenta o xoves 26 ás 20h no Café Badía de Vigo (Sanjurjo Badía, 240) a novela arredor da figura de Domingo Fontán coa que gañou o Premio Repsol de Narrativa Breve 2015

O escritor Marcos Calveiro presenta a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este xoves día 26 ás 20h no Café Badía (Sanjurjo Badía, 240) de Vigo, acompañado polo dramaturgo Rubén Ruibal e polo director literario de Galaxia, Carlos Lema.

Trátase da vida novelada de Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. Apaixoante peripecia vital dun liberal galego que loitou polo espallamento das ideas da Ilustración nun tempo convulso —a primeira metade do século XIX— no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime. Co dominio dos recursos narrativos e mediante o emprego ben dosificado da imaxinación para a recreación da infancia do protagonista, Calveiro consegue apreixar a vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico con ansias de progreso.

LOS ESTUDIANTES DEL COLEGIO LAR CELEBRAN EL MAGOSTO

O_Lar_dos_Pitufos_Magosto_2El Colegio Lar celebró como cada año el magosto. Los casi 500 estudiantes de los diferentes cursos, desde los más pequeños de 3 años a los mayores de Bachillerato, participaron de diversas actividades y degustaron castañas para conmemorar esta fiesta tradicional.

La jornada transcurrió entre juegos populares, bailes y música gallega, mientras reponían fuerzas con rosquillas, filloas, bizcocho, chocolate caliente y las imprescindibles castañas.

EL COLEGIO LAR CONMEMORA EL DÍA DE LA MÚSICA

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Los estudiantes de educación infantil y primaria del Colegio Lar, en Mos, conmemoraron esta mañana el día de Santa Cecilia, patrona de los músicos, con un concierto a cargo de la banda Unión Musical de Cabral. Los integrantes de esta agrupación se acercaron al centro educativo para ofrecerles un recital en el cual alguno de los pequeños incluso se atrevió a participar, practicando como director y dirigiendo la batuta.

En la actividad participaron más de 300 estudiantes. Todo el alumnado de Educación Primaria (199) y del Lar dos Pitufos, que es como se denomina a los tres niveles de Educación Infantil y que en este curso 2015/2016 son un total de 133 niños de 3, 4 y 5 años.