Presentación en Vigo de Fontán, de Marcos Calveiro. Premio de Narrativa Breve Repsol 2015

unnamedA vida novelada de Fontán

Marcos Calveiro presenta o xoves 26 ás 20h no Café Badía de Vigo (Sanjurjo Badía, 240) a novela arredor da figura de Domingo Fontán coa que gañou o Premio Repsol de Narrativa Breve 2015

O escritor Marcos Calveiro presenta a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este xoves día 26 ás 20h no Café Badía (Sanjurjo Badía, 240) de Vigo, acompañado polo dramaturgo Rubén Ruibal e polo director literario de Galaxia, Carlos Lema.

Trátase da vida novelada de Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. Apaixoante peripecia vital dun liberal galego que loitou polo espallamento das ideas da Ilustración nun tempo convulso —a primeira metade do século XIX— no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime. Co dominio dos recursos narrativos e mediante o emprego ben dosificado da imaxinación para a recreación da infancia do protagonista, Calveiro consegue apreixar a vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico con ansias de progreso.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: