Archive | noviembre 25, 2015

A XUNTA REFORZARÁ EN 2016 PROGRAMAS DE ATENCIÓN A MENORES EN RISCO OU SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLITO SOCIAL

  • Rey Varela indicou que para o Goberno galego “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia e, de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, responder‡ unha pregunta relativa aos centros de menores.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, responder‡ unha pregunta relativa aos centros de menores.

  • Na actualidade un total de 3.760 menores de idade teñen en Galicia expediente de protección, dos que 1.464 están baixo a tutela pública e 405 están executando algunha medida xudicial
  • O departamento autonómico de Política Social incrementará o vindeiro ano nun 10% a contía do Programa de Intervención Familiar ata chegar aos 418.000 euros. Un total de 200 familias e 365 menores benefícianse deste programa que ten por obxecto evitar a separación familiar e o previsible internamento dos menores en risco de desprotección; e no caso daqueles que xa foron separados do seu núcleo familiar acadar a integración
  • Así mesmo, outros 486 adolescentes con idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos beneficiáronse no que levamos de ano das iniciativas do Programa Mentor. Destes, un total de 149 asinaron contratos laborais
  • A liña telefónica gratuíta de axuda á infancia 116 111 atendeu durante o ano pasado un total de 1.275 chamadas
  • No que atinxe a datos de acollemento, en 2015 o número de nenos e nenas que estiveron acollidos foi de 1.022. Deles, o 87% (891 menores) conviviron coas súas familias extensas e o 13% restante foron acollidos por familias alleas.

 

Santiago, 25 de novembro de 2015.- A Xunta de Galicia reforzará o vindeiro ano 2016 a atención de persoas menores en situación de desprotección, en execución de medidas xudiciais ou de internamento; destinando máis recursos a intervencións dirixidas a previr e a protexer situacións de maltrato ou desprotección, como o Programa de Intervención Familiar. Así o sinalou hoxe o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante unha comparecencia en sede parlamentaria na que abordou a atención aos menores afectados por medidas xudiciais ou en situación de risco de desprotección.

 

Na actualidade 3.760 menores de idade teñen en Galicia expediente de protección, dos que 1.464 están baixo a tutela pública e 405 están executando algunha medida xudicial. Rey Varela explicou que para o Goberno galego “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia e, de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”. Ao respecto, o conselleiro referiuse á rede de centros para o acollemento residencial de aqueles menores que, por distintas circunstancias sociofamiliares, necesitan ser separados temporalmente do seu núcleo familiar e para os que non é viable a utilización doutro recurso. A Consellería conta con 4 centros xestionados con medios propios –Concepción Arenal na Coruña; Monteledo e Montefiz en Ourense; e Avelino Montero en Pontevedra- e outros 70 cuxa xestión está concertada con entidades de iniciativa social, que suman un total de 1.185 prazas.

 

Na súa intervención, Rey Varela deu conta dalgunha das iniciativas dirixidas aos nenos, nenas e adolescentes en situación de conflito social, risco ou desamparo que ten en marcha a Consellería de Política Social e que se reforzarán en 2016. Un deles é o Programa de Intervención Familiar (PIF), que atende anualmente a 200 familias e 365 menores, e cuxa partida os orzamentos de 2016 aumenta nun 10% con respecto a este ano ata chegar aos 418.000 euros. O PIF, mediante unha intervención educativa, familiar, terapéutica e asistencial nos núcleos familiares, ten un dobre obxectivo: acadar a integración familiar de menores que foron separados das súas familias por atoparse en situación de desprotección; e evitar a separación familiar e o previsible internamento dos menores que ofrecen evidentes indicadores de risco de desprotección. Así mesmo, se reforza o programa de avaliación e tratamento terapéutico incrementando a súa contía a máis de 137.000 euros –fronte os 120.000 euros que se destinaron entre os anos 2012 e 2014- para atender 165 casos.

 

Programas socioeducativos, laborais e de apoio terapéutico

 

O conselleiro tamén salientou os 321 menores que se benefician dos programas socioeducativos da Consellería, que teñen un custe de 161.000 euros anuais; e fixo especial fincapé no programa Mentor. Este último está centrado en catro liñas de actuación dirixidas a menores entre 16 e 21 anos: formación, inclusión social, educación e desenvolvemento persoal. O investimento neste programa, considerada boa práctica en Europa e que se cofinancia con Fondos Sociais Europeos (FSE), é de 1,7 millóns de euros ao ano. No ano 2015 beneficiáronse del 486 mozos e mozas, dos que 149 asinaron contratos laborais.

 

Outro dos recursos para os menores en risco de desprotección son os Puntos de Encontro Familiar (PEF), que teñen por obxecto favorecer as relacións entre estes e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar, o exercicio de dereito de visitas se ve interrompido ou resulta difícil ou conflitivo o seu cumprimento. En 2014 a rede dos sete PEF (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense) atendeu a un total de 992 casos, realizando 27.553 intercambios, 3.034 visitas tuteladas e 4.446 visitas supervisadas. Do total dos 992 expedientes, 286 son por violencia de xénero.

 

Liña telefónica gratuíta de atención á infancia

 

Na comparecencia desta tarde no Parlamento de Galicia o responsable do departamento de Política Social tamén deu conta dos programas da Xunta de Galicia dirixidos á prevención e protección fronte ao maltrato infantil. Cada ano ábrense nos servizos especializados de protección de menores en Galicia máis de 1.000 expedientes por desprotección infantil, dos cales os motivados por sospeitas de maltrato físico son un pequeno porcentaxe sobre o total, aproximadamente o 8%.

 

Así, entre os recursos de detección dos posibles casos de desprotección Rey Varela sinalou os equipos técnicos do menor (ETM); a liña telefónica de axuda á infancia 116 111 –qué é gratuíta, funciona todo o ano as 24 horas do día e durante o ano pasado atendeu 1.275 chamadas-; e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI) –dispositivo de notificación a disposición de profesionais do ámbito educativo e policial ao que se accede a través dunha páxina web para denunciar sospeitas de malos tratos e que en 2014 recibiu 15 notificacións-

 

Acollemento e adopcións

 

Por outra banda, Rey Varela informou sobre medidas de acollemento, detallando que ao longo deste ano un total de 1.022 menores estiveron acollidos. Deles o 87% -un total de 891 nenos e nenas- conviviron coas súas familias extensas (avós, tíos, irmáns…) e o 13% restante foron acollidos por familias alleas (cando non existe parentesco).

 

O custe deste programa ten dous compoñentes: por unha banda, a remuneración directa ás familias acolledoras –estimada en 3 millóns de euros-; por outra, a captación, selección, formación e apoio ás familias alleas. A este último aspecto, a Consellería destinará 330.000 euros en 2016, o que supón un 10% máis que este ano 2015. A esta cantidade, hai que engadir outros 151.000 euros que o departamento de Política Social investirá en formación e apoio ao acollemento en familia extensa.

 

Por último, e no que atinxe aos datos de adopción, en 2014 constituíronse un total de 33 adopcións nacionais e 72 internacionais. Así mesmo, no primeiro semestre deste ano formalizáronse 29 adopcións nacionais e 44 internacionais.

 

Anuncios

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E O CONCELLO DE CURTIS COINCIDEN NA IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN INSTITUCIONAL PARA A MELLORA DOS SERVIZOS SOCIAIS

  • A xuntanza enmárcase nas entrevistas que o responsable de Política Social no goberno autonómico está a manter cos rexedores e rexedoras dos municipios de Galicia
12,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 25/11/15

12,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
25/11/15

Santiago, 25 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez, co obxectivo de coñecer cales son as principais necesidades deste municipio coruñés no que atinxe aos servizos sociais.

 

A xuntanza, que se enmarca na rolda de entrevistas que Rey Varela está a ter cos dirixentes municipais de Galicia, tamén serviu para informar ao rexedor deste concello coruñés sobre as liñas estratéxicas da Xunta de Galicia no ámbito social de cara ao vindeiro ano. En concreto, os eixes de actuación do departamento autonómico de Política Social para 2016 pasan por un maior apoio á infancia, á familia e á conciliación; mellorar os servizos de dependencia e ampliar a cobertura a máis persoas; intensificar a colaboración cos concellos e entidades en programas de inclusión social; e o reforzo orzamentario das políticas de xuventude, participación e voluntariado.

 

No transcurso da reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios coincidiron en sinalar a importancia da coordinación entre as dúas institucións para conseguir melloras e unha atención máis eficaz das prestacións sociais de Curtis. Un diálogo e colaboración que o responsable de Política Social no goberno autonómico quere intensificar co conxunto dos concellos galegos.  Así mesmo, conselleiro e primeiro edil abordaron novas vías de colaboración para ofertar uns servizos sociais de maior calidade no municipio coruñés.

 

 

 

 

POLÍTICA SOCIAL PROMOVE A EMPREGABILIDADE DA XUVENTUDE A TRAVÉS DOS OBRADOIROS ‘A MARCA ES TI’ QUE SE CELEBRAN NOS ESPAZOS XOVES DE VILALBA, BETANZOS, VILAGARCÍA, OURENSE E NOIA

  • Cecilia Vázquez asegura que a través deste tipo de iniciativas “ofrecemos á xuventude os mecanismos para que poidan descubrir e reforzar ante os empregadores todo o seu talento e todas as súas potencialidades”
  • Os participantes poden aprender a xestionar as súas redes sociais de cara a un emprego e tamén se abordan cuestións como mellorar a redacción dos currículos ou como afrontar con seguridade unha entrevista persoal

 

Betanzos (A Coruña), 25 de novembro de 2015.- A directora xeral Xeral de Xuventude,  Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no serán de hoxe no obradoiro para mozas e mozos ‘A Marca es Ti’ co que a Consellería de Política Social ofrece á mocidade galega ferramentas que melloren a súa empregabilidade mediante a utilización das súas fortalezas como unha marca persoal.

 

Cecilia Vázquez asegurou que a través deste tipo de iniciativas “ofrecemos á xuventude os mecanismos para que poidan descubrir e reforzar ante os empregadores todo o seu talento e todas as súas potencialidades”.

 

Neste obradoiro os participantes poden aprender a xestionar as súas redes sociais de cara a un emprego, xa que en moitas ocasións son a súa carta de presentación. Tamén se abordan cuestións como mellorar a redacción dos currículos ou como afrontar con seguridade unha entrevista persoal, co fin de destacar no mercado laboral.

 

‘A marca es ti’ xa se levou a cabo en Vilalba e agora chega a Betanzos. Esta iniciativa tamén se desenvolverá nos Espazos Xoves de Ourense (27 de novembro), de Vilagarcía (11 de decembro) e de Noia (16 de decembro). O horario de todos os obradoiros é das 18:45 ata as 20:45.

 

Aposta pola empregabilidade da mocidade

A aposta pola empregabilidade da xuventude galega é unha das liñas estratéxicas da Consellería de Política Social. Así, cómpre destacar que, durante 2015 e ao abeiro do programa ‘Deseñando o teu futuro’, financiáronse 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro que facilitan que un total de 403 mozos e mozas realicen estadías visitas en empresas ao longo deste 2015. Este proxecto da Xunta de Galicia trata de achegar os rapaces galegos ao ámbito sociolaboral que eles mesmos desexen coñecer coa finalidade de que entren en contacto coa realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías visitas en distintos sectores.

 

JOSÉ LUIS ORIHUELA, GURÚ EN NUEVAS TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN, PARTICIPARÁ MAÑANA EN VIGO EN EL FORO DE COMUNICACIÓN ALUMNI PONTEVEDRA DE LA UNIVERSIDAD DE NAVARRA

El Foro de Comunicación Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra celebrará un almuerzo-coloquio para profesionales mañana jueves, 26 de noviembre, a partir de las 14:30 horas, en el Hotel NH Palacio de Vigo.

  • José Luis Orihuela, Doctor en Ciencias de la Información, profesor en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Navarra, consultor de comunicación del Banco Mundial y autor de distintos trabajos sobre comunicación multimedia, redes sociales y periodismo; impartirá en el almuerzo-coloquio la conferencia “Los retos del periodismo posdigital”.Vigo, 25 de noviembre de 2015.- José Luis Orihuela, uno de los mayores expertos en nuevas tecnologías de la información, participará mañana jueves, 26 de noviembre, en el Foro de Comunicación Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra, en un almuerzo-coloquio que se celebrará a partir de las 14:30 horas en el Hotel NH Palacio de Vigo (García Barbón, 17-19). Durante el acto, impartirá la conferencia “Los retos del periodismo posdigital”.

     

    El Foro de Comunicación Alumni Pontevedra es como un espacio de debate y análisis en la provincia sobre temas de actualidad en el ámbito del Periodismo y de la Comunicación, abierto a la participación de los profesionales de estas áreas en la provincia. Promovido por los antiguos alumnos de la Facultad de Comunicación de la Universidad de Navarra, cuenta con la colaboración en la organización de sus actividades de la Asociación de la Prensa de Vigo (APV).

     

    José Luis Orihuela es Doctor en Ciencias de la Información y profesor en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Navarra, donde imparte las asignaturas Comunicación Multimedia y Narrativa Transmedia, así como los cursos de posgrado sobre Nuevos Medios; e integra el Board del Center for Internet Studies and Digital Life. Es, además, consultor de comunicación del Banco Mundial, codirector del Congreso iRedes; y como conferenciante y profesor invitado ha desarrollado actividades profesionales en 26 países. Asimismo, es autor de Los medios después de internet (2015), Mundo Twitter (2011), 80 claves sobre el futuro del periodismo (2011) y La revolución de los blogs (2006). En 2002 creó el blog eCuaderno.com y desde 2007 es usuario activo de Twitter (@jlori), con 159 mil seguidores.

     

    En su conferencia, José Luis Orihuela hablará sobre la naturaleza digital del periodismo contemporáneo y cómo este nuevo escenario está creando la necesidad de repensar la profesión y los medios más allá de la tecnología.

     

    Sobre Alumni Universidad de Navarra

     

    La Agrupación de Antiguos Alumnos de la Universidad de Navarra, Alumni-Universidad de Navarra, nace en 1992 con la finalidad servir a esta Universidad y a sus miles de antiguos alumnos. Desde entonces, participa del afán de la Universidad por descubrir y transmitir el conocimiento al más alto nivel intelectual y profesional, y preparar profesionales destacados que sirvan a la comunidad en la que trabajan, con responsabilidad ciudadana e iniciativa, contribuyendo a orientar la sociedad hacia configuraciones más justas y armónicas.

     

    Actualmente, la provincia de Pontevedra cuenta con más 1.000 antiguos alumnos de la Universidad de Navarra.

     

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO ALMORZA NO COMEDOR DO CEIP LOPE DE VEGA, DE XESTIÓN DIRECTA E QUE ATENDE A UNS 400 NENOS E NENAS

  • Ignacio López-Chaves visitou este mediodía o centro educativo, onde coñeceu o servizo de comedor acompañada da directora do colexio, Lourdes Bernárdez

 25112015_DelegAlmorzoCEIPLopeVega3

Vigo, 25 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez Ares, coñeceu este mediodía o CEIP Lope de Vega.

 

Xunto á directora do centro, Lourdes Bernárdez, coñeceu as instalacións e, sobre todo, o comedor escolar, servizo que ofrece o departamento de Educación da Xunta de Galicia de xeito directo e con cociña propia no colexio de infantil e primaria. De feito, López-Chaves almorzou xunto aos máis de 400 nenos e nenas que a diario pasan polo comedor escolar deste centro educativo.

 

O menú que tiñan hoxe, cociñado no propio centro, estaba composto por potaxe de garavanzos, fideuá e, de postre, froita. Os menús que ofrecen día tras día son planificados segundo os principios dietético-nutricionais establecidos pola OMS (Organización Mundial da Saúde) en alimentación escolar e son elaborados con materias primas de 1ª calidade.

 

O comedor escolar do CEIP Lope de Vega é un dos 8 de xestión directa existentes nos centros de infantil e primaria da cidade olívica xunto ao CEIP Sárdoma-Moledo, Ría de Vigo, Saladino Cortizo, A Paz, Carrasqueira, Chans-Bembrive e Igrexa-Valadares. Estes 8 centros educativos con comedor escolar de xestión directa contan cun máximo previsible de 1.852 usuarios.

 

 

Praza Abastos

151103_vistapergolaplazaO Goberno local do Porriño mantivo o pasado luns, día 23, unha xuntanza, 
no Concello, con placeiros e comerciantes da Praza de Abastos, na cuia 
contorna están realizándose obras que van a cambiar completamente o seu 
aspecto.
Na mesma, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, 
Manuel Carrera, explicou aos titulares dos negocios que as obras están 
ainda na na súa Primeira Fase e informoulles dos cambios que se 
realizaron dende o seu inicio, como a mellora do chan de pedra que 
estaba proxectado.
Na xuntanza, que Carrera calificou de “moi proveitosa”, o goberno local 
aclarou que a zona, en contra do que se viña difundindo, non perderá 
aparcamentos, “mesmo está previsto a creación de 4 prazas de 
estacionamento novas na zona Oeste da praza” e, na parte Sur, 
habilitaranse zonas para que os clientes que se desplacen en coche 
poidan facer unha parada dun máximo de 15 minutos para suban as súas 
compras ou recollan a unha persoa, sen necesidade de estacionar.
Tamén discutiuse a posibilidade de que a rúa Cando pase a ser de dobre 
dirección, “unha demanda histórica de praceiros e comerciantes”, para o 
cal habería que acometer varias obras máis para facelo posible, algo que 
está no ánimo do goberno local.
O proxecto, no conxunto, que estará rematado en 2016, suporá non so 
“unha mellora na mobilidade de vehículos, coa entrada e saída separadas 
dende a zona de aparcamentos, senon que implicará a recuperación dunha 
amplia praza para disfrute dos veciños no centro mesmo do Porriño”.
A xuizo do Goberno local a xuntanza concluiu con “acordos interesantes” 
e o compromiso de volver a reunirse coa asociacións de comerciantes e 
praceiros para estudar e acordar calquera proposta, idea ou cambio.
Asimesmo, Manuel Carrera pediu disculpas aos veciños polos trastornos 
que poidan ocasionarse durante o tempo que duren as obras e pediu 
comprensión polos mesmos, na seguridade de que o resultado servirá para 
rehabilitar esta parte do Porriño para os cidadáns.

Concello de Vigo

 


O alcalde chama á cidadanía viguesa a loitar todos xuntos contra a violencia de xénero os 365 días do ano

O EnlazaVigo reuniu hoxe a 2.000 estudantes para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con actividades informativas, lúdicas e de concienciación na rúa do Príncipe e a conformación dun tapiz humano que simboliza o berro unánime da cidade contra a violencia machista. No acto central, Raquel Doval, en representación do Consello Municipal da Muller leu un manifesto de rexeitamento desta lacra e todos os asistentes gardaron un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas.

 

O goberno de Vigo iniciará nunha semana os pagos a 1.828 familias para vivenda, enerxía e alimentación

Así o avanzou este mércores Abel Caballero, quen recordou que o Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias adica 2 millóns de euros para que quen máis o precisa poida facer fronte aos seus pagos de aluguer ou hipoteca, a electricidade, o gas e a alimentación. “A min gustaríame que noutras cidades tomaran exemplo”, asegurou o alcalde.

 


A Esponxa de Menger exponse no Verbum-Casa das Palabras

O Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) oferta estos días a Esponxa de Menger, realizada no seno de Imatxina e a Fundación Rosalía de Castro durante os anos 2014-2015. A Esponxa de Menger é un conxunto fractal descrito por primeira vez en 1926 por Karl Menger mentras exploraba o concepto de dimensión topolóxica. Este inocente cubo posúe algunhas características absolutamente desconcertantes: a súa superficie é infinita e o seu volume tende a cero.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

El grupo Volkswagen confirma que las inversiones de la compañía en España no están en cuestión‏

  • Durante la reunión, todas las partes han mostrado su convencimiento de la necesidad de un esfuerzo conjunto para acompañar este proyecto de inversión.
  • Ha quedado patente la trascendencia de las medidas encaminadas al rejuvenecimiento de plantillas, especialmente en el caso de Volkswagen Navarra, y el efecto que este rejuvenecimiento tendría sobre el empleo juvenil.
  • El Ministerio de Industria, Energía y Turismo ha informado a los asistentes de las distintas medidas tomadas en relación a las emisiones de NOx y CO2.

25.11.15. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo ha acogido la tercera reunión del Comité de Seguimiento de Volkswagen a la que han asistido la secretaria general de Industria, Begoña Cristeto, el secretario de Estado de Empleo, Juan Pablo Riesgo, representantes de las Comunidades Autónomas de Cataluña y Navarra, la representación sindical de SEAT y Volkswagen, y por primera vez en este Comité, representantes del grupo industrial.

 

Por parte del grupo Volkswagen se ha confirmado que las inversiones del grupo en España no están en cuestión. Todas las partes se han congratulado de esta ratificación, dada la tremenda importancia que las mismas suponen para el tejido industrial nacional, y en concreto para las Comunidades Autónomas de Cataluña y Navarra.

Igualmente todas las partes han mostrado su convencimiento de la necesidad de un esfuerzo conjunto para acompañar este proyecto de inversión, por lo que es necesario continuar trabajando en la identificación de posibles mejoras competitivas, en aspectos de infraestructuras, financiación, formación y empleo.

 

En este contexto ha quedado patente la trascendencia de las medidas encaminadas al rejuvenecimiento de plantillas, especialmente en el caso de Volkswagen Navarra y el efecto que este rejuvenecimiento tendría sobre el empleo juvenil.

 

En este sentido las partes han acordado seguir trabajando en este asunto en una perspectiva tanto de corto como de medio plazo.

 

Igualmente, todas las partes coincidieron en la importancia de contemplar la cadena de valor formada por el grupo Volkswagen y sus proveedores como un todo y por lo tanto tener a estos en cuenta a la hora de definir las distintas medidas de acompañamiento que se puedan instrumentar.

 

Control de emisiones

 

Por otro lado, y aunque no es el objeto especifico de esta Comisión, el MINETUR ha puesto al corriente a los asistentes de las distintas medidas tomadas en relación a las emisiones de NOx y CO2.

 

En este sentido cabe destacar la campaña de ensayos de vehículos en el mercado que llevará a cabo a partir de la primera semana de Diciembre  y que verificará las emisiones de CO2, NOx  y otros contaminantes sobre 30 vehículos,  Euro 5 y 6, homologados  en España de diferentes fabricantes, al objeto de asegurar el cumplimiento de la legalidad, atender los intereses del consumidor y salvaguardar la credibilidad de un sector como el de la automoción, fundamental para la industria española.

 

OS CONCELLOS PODERÁN EXPROPIAR ESPAZO PARA A INSTALACIÓN DE ASCENSORES CO FIN DE FACILITAR A ACCESIBILIDADE DAS VIVENDAS

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez manterá unha reunión de traballo co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga. Declaracións ao inicio. Sede de Cogami (Rúa Modesto Brocos, 7 bloque 3). foto xoán crespo 25/11/15

    A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez manterá unha reunión de traballo co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga. Declaracións ao inicio. Sede de Cogami (Rúa Modesto Brocos, 7 bloque 3).
    foto xoán crespo
    25/11/15

    Vázquez explica que esta modificación da Lei de Vivenda, recollida na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, mellorará a calidade de vida de moitos galegos con mobilidade reducida

  • Trasladou tamén que o Plan de modernización das concesións de transporte público de viaxeiros por estrada prevé o emprego de vehículos accesibles para acadar un parque móbil acorde ás demandas deste colectivo
  • A conselleira salienta a reserva de prazas para persoas con mobilidade reducida nos aparcadoiros disuasorios de Moaña, A Coruña e Santiago

 

Santiago, 25 de novembro de 2015.- Os concellos poderán expropiar espazo para a instalación de ascensores co fin de facilitar a accesibilidade das vivendas. Así llo trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ao presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, Anxo Queiruga, na reunión de traballo que mantiveron esta mañá.

 

Vázquez explicou que se trata dunha importante iniciativa recollida na Lei de Acompañamento dos Orzamentos a instancias da Fegamp. Engadiu que esta modificación na Lei de Vivenda favorecerá a accesibilidade e contribuirá a facer máis doada a vida de moitos galegos con mobilidade reducida.

 

A Xunta e COGAMI abordaron hoxe medidas para mellorar o día a día das persoas con mobilidade reducida ou algunha discapacidade, concretamente mediante a optimización da accesibilidade nos eidos da vivenda e o transporte.

 

No que se refire á mobilidade, a conselleira destacou o Plan de modernización das concesións de transporte público de viaxeiros por estrada, que prevé a adaptación e implantación progresiva do emprego de vehículos accesibles. Con esta iniciativa preténdese acadar un parque móbil acorde ás demandas de desprazamento das persoas que ven minguada a súa mobilidade.

 

A titular de Infraestruturas tamén salientou a reserva de prazas para persoas con mobilidade reducida nos aparcadoiros disuasorios construídos pola Xunta de Galicia en Moaña, A Coruña e Santiago.

 

Ethel Vázquez subliñou que a vontade do Goberno galego é continuar avanzando con paso firme nese obxectivo de incrementar a calidade de vida do citado colectivo. Neste sentido, manterase a vía do diálogo entre a Xunta e COGAMI para coordinar iniciativas de mellora.

LÓPEZ-CHAVES INFORMA DE QUE A COMISIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA PROPUXO ADXUDICAR 3 VIVENDAS A FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

  • 25112015_RdPDelegadoVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo explicou esta mañá en rolda de prensa que as vivendas se atopan todas na cidade de Vigo e que as 3 familias xa as coñeceron e asinaron a súa conformidade
  • Trátase de vivendas cedidas pola SAREB e Abanca no marco dos convenios firmados coa Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos
  • López-Chaves solicitou ao Concello de Vigo que colabore coa labor do Consorcio Casco Vello no que atinxe a cuestións municipais coma son o ruído, a limpeza e a seguridade dun entorno que agora é “impecable”
  • Lembrou que a día de hoxe non obtivo resposta á petición de reunión institucional que o 21 de outubro pasado remitiu por rexistro ao alcalde de Vigo, Abel Caballero.

 

Vigo, 25 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar de dous asuntos. Un, relativo á proposta de adxudicación de 3 vivendas a outras tantas familias viguesas en risco de exclusión social e, outro, sobre a situación dos veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo.

 

No que respecta ao primeiro asunto, López-Chaves explicou que a Comisión Provincial de Vivenda, celebrada esta mesma mañá, propuxo a adxudicación de 3 vivendas cedidas pola SAREB e Abanca á Xunta de Galicia para destinalas a outras tantas familias da cidade de Vigo que se atopan nunha situación de emerxencia e risco de exclusión social.

 

Coma informou o delegado, son vivendas cedidas polas entidades financeiras no marco dos convenios rubricados co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) co obxectivo último de loitar contra os desafiuzamentos e evitar que as familias poidan quedar sen vivenda por motivos económicos sobrevidos. Estas medidas forman parte do Plan social de loita contra a desigualdade económica, onde unha das prioridades é garantir o dereito á vivenda. “Esta é a política social da Xunta de Galicia: atender os problemas de desafiuzamento de persoas en situación grave ou en risco de exclusión”, considerou López-Chaves. A Xunta loita así contra os desafiuzamentos actuando tamén na prevención e evitando unha parte importante deles antes de que se produzan posto que o obxectivo é “resolver de forma rápida e áxil fronte ás políticas doutros que anuncian moitas medidas pero non resolven os problemas”, sinalou.

 

López-Chaves explicou que as vivendas se atopan nas rúas Jenaro de la Fuente, Camelias e rúa Salamanca e que xa foron visitadas polas familias ás que se propuxo á adxudicación polo que, coma esperou, “supoñemos que todos eles as aceptarán”. O alugueiro mensual a pagar polos adxudicatarios estará entre cero e 125 euros, en función da súa situación económica e grazas á subvención do IGVS.

 

Medidas para o Casco Vello

Por outra banda, o delegado e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), tratou tamén a situación actual do barrio histórico da cidade. Lembrou que dende hai dez anos o Consorcio “está facer unha forte inversión e compromiso” co obxectivo de recuperalo para chegar a “un nivel de excelencia” nun entorno que “ata hai uns anos estaba moi degradado”. Por isto, considerou que o Concello de Vigo e o seu alcalde, Abel Caballero, debe ter “unha maior atención” e facer “un esforzo maior” para conseguir dita excelencia nun entorno que agora é “impecable”. Neste senso, explicou que nas últimas datas existen reclamacións e denuncias por parte dos veciños e veciñas, sobre todo, en cuestións de ámbito municipal coma son o ruído, a limpeza e a seguridade que, segundo considerou, “teñen que ser algo prioritario para o goberno local”.

 

Así o considerou posto que dende o organismo se está a investir “dunha forma moi importante” para que a zona histórica “recupere a vida e sexa un entorno onde se poida residir” insistindo ademais en que está a cumprir co seu obxectivo de recuperación, edificación e construción de vivendas “impecable”. E nesta liña de traballo é onde solicitou á colaboración do goberno municipal e un “compromiso e axilidade na xestión”. “Se é impecable esta recuperación que estamos a ter dende o Consorcio, fai falla que sexa impecable tamén o tratamento que dende os organismos municipais se dea ao entorno público”, explicou o delegado, facendo mención aos temas de seguridade e convivencia que, segundo considerou, son “perfectamente compatibles” coa actividade e oferta de restauración que existe na actualidade.

 

Con todo, López-Chaves concluíu sinalando que “é necesario” chegar á excelencia no entorno do Casco Vello e que, para isto, fan falla dous factores: o compromiso do CCVV, “que o estamos a facer e se pode comprobar polo rehabilitación do número de edificios e a calidade arquitectónica nos premios que recibimos” e, en segundo lugar, o compromiso por parte do goberno municipal e a celeridade na adopción de medidas que atendan as queixas de veciños. “Teñen que ter un efecto inmediato de actuación por parte do goberno local para que o entorno do Casco Vello chegue ao nivel de calidade e excelencia que dende o Consorcio estamos a perseguir”, finalizou. Por último, “en aras da persecución desa excelencia”, o delegado lembrou que o CCVV asume algunhas funcións, coma é o Programa de Limpeza de Fachadas, “que deberían corresponderlle ao goberno municipal”.

 

Reunión co alcalde da cidade

Por último, e en resposta a preguntas dos medios, López-Chaves lembrou que a día de hoxe non obtivo resposta á petición de reunión institucional que o pasado 21 de outubro remitiu por rexistro ao alcalde de Vigo, Abel Caballero. “Foi a primeira reunión institucional que pedín dende que me nomearon Delegado e, a día de hoxe, non recibín contestación”, dixo. E continuou: “como vigués me sorprende que unha persoa non conteste nin diga nada cando o representante dunha administración solicita unha reunión institucional”, valorou buscando resposta á situación no feito de que o alcalde “debe estar moi ocupado, con problemas de axenda ou non ten quen lle escriba as cartas”