A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E O CONCELLO DE CURTIS COINCIDEN NA IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN INSTITUCIONAL PARA A MELLORA DOS SERVIZOS SOCIAIS

  • A xuntanza enmárcase nas entrevistas que o responsable de Política Social no goberno autonómico está a manter cos rexedores e rexedoras dos municipios de Galicia
12,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 25/11/15

12,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
25/11/15

Santiago, 25 de novembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos Vázquez, co obxectivo de coñecer cales son as principais necesidades deste municipio coruñés no que atinxe aos servizos sociais.

 

A xuntanza, que se enmarca na rolda de entrevistas que Rey Varela está a ter cos dirixentes municipais de Galicia, tamén serviu para informar ao rexedor deste concello coruñés sobre as liñas estratéxicas da Xunta de Galicia no ámbito social de cara ao vindeiro ano. En concreto, os eixes de actuación do departamento autonómico de Política Social para 2016 pasan por un maior apoio á infancia, á familia e á conciliación; mellorar os servizos de dependencia e ampliar a cobertura a máis persoas; intensificar a colaboración cos concellos e entidades en programas de inclusión social; e o reforzo orzamentario das políticas de xuventude, participación e voluntariado.

 

No transcurso da reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios coincidiron en sinalar a importancia da coordinación entre as dúas institucións para conseguir melloras e unha atención máis eficaz das prestacións sociais de Curtis. Un diálogo e colaboración que o responsable de Política Social no goberno autonómico quere intensificar co conxunto dos concellos galegos.  Así mesmo, conselleiro e primeiro edil abordaron novas vías de colaboración para ofertar uns servizos sociais de maior calidade no municipio coruñés.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: