POLÍTICA SOCIAL PROMOVE A EMPREGABILIDADE DA XUVENTUDE A TRAVÉS DOS OBRADOIROS ‘A MARCA ES TI’ QUE SE CELEBRAN NOS ESPAZOS XOVES DE VILALBA, BETANZOS, VILAGARCÍA, OURENSE E NOIA

  • Cecilia Vázquez asegura que a través deste tipo de iniciativas “ofrecemos á xuventude os mecanismos para que poidan descubrir e reforzar ante os empregadores todo o seu talento e todas as súas potencialidades”
  • Os participantes poden aprender a xestionar as súas redes sociais de cara a un emprego e tamén se abordan cuestións como mellorar a redacción dos currículos ou como afrontar con seguridade unha entrevista persoal

 

Betanzos (A Coruña), 25 de novembro de 2015.- A directora xeral Xeral de Xuventude,  Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no serán de hoxe no obradoiro para mozas e mozos ‘A Marca es Ti’ co que a Consellería de Política Social ofrece á mocidade galega ferramentas que melloren a súa empregabilidade mediante a utilización das súas fortalezas como unha marca persoal.

 

Cecilia Vázquez asegurou que a través deste tipo de iniciativas “ofrecemos á xuventude os mecanismos para que poidan descubrir e reforzar ante os empregadores todo o seu talento e todas as súas potencialidades”.

 

Neste obradoiro os participantes poden aprender a xestionar as súas redes sociais de cara a un emprego, xa que en moitas ocasións son a súa carta de presentación. Tamén se abordan cuestións como mellorar a redacción dos currículos ou como afrontar con seguridade unha entrevista persoal, co fin de destacar no mercado laboral.

 

‘A marca es ti’ xa se levou a cabo en Vilalba e agora chega a Betanzos. Esta iniciativa tamén se desenvolverá nos Espazos Xoves de Ourense (27 de novembro), de Vilagarcía (11 de decembro) e de Noia (16 de decembro). O horario de todos os obradoiros é das 18:45 ata as 20:45.

 

Aposta pola empregabilidade da mocidade

A aposta pola empregabilidade da xuventude galega é unha das liñas estratéxicas da Consellería de Política Social. Así, cómpre destacar que, durante 2015 e ao abeiro do programa ‘Deseñando o teu futuro’, financiáronse 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro que facilitan que un total de 403 mozos e mozas realicen estadías visitas en empresas ao longo deste 2015. Este proxecto da Xunta de Galicia trata de achegar os rapaces galegos ao ámbito sociolaboral que eles mesmos desexen coñecer coa finalidade de que entren en contacto coa realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías visitas en distintos sectores.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: