Praza Abastos

151103_vistapergolaplazaO Goberno local do Porriño mantivo o pasado luns, día 23, unha xuntanza, 
no Concello, con placeiros e comerciantes da Praza de Abastos, na cuia 
contorna están realizándose obras que van a cambiar completamente o seu 
aspecto.
Na mesma, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, 
Manuel Carrera, explicou aos titulares dos negocios que as obras están 
ainda na na súa Primeira Fase e informoulles dos cambios que se 
realizaron dende o seu inicio, como a mellora do chan de pedra que 
estaba proxectado.
Na xuntanza, que Carrera calificou de “moi proveitosa”, o goberno local 
aclarou que a zona, en contra do que se viña difundindo, non perderá 
aparcamentos, “mesmo está previsto a creación de 4 prazas de 
estacionamento novas na zona Oeste da praza” e, na parte Sur, 
habilitaranse zonas para que os clientes que se desplacen en coche 
poidan facer unha parada dun máximo de 15 minutos para suban as súas 
compras ou recollan a unha persoa, sen necesidade de estacionar.
Tamén discutiuse a posibilidade de que a rúa Cando pase a ser de dobre 
dirección, “unha demanda histórica de praceiros e comerciantes”, para o 
cal habería que acometer varias obras máis para facelo posible, algo que 
está no ánimo do goberno local.
O proxecto, no conxunto, que estará rematado en 2016, suporá non so 
“unha mellora na mobilidade de vehículos, coa entrada e saída separadas 
dende a zona de aparcamentos, senon que implicará a recuperación dunha 
amplia praza para disfrute dos veciños no centro mesmo do Porriño”.
A xuizo do Goberno local a xuntanza concluiu con “acordos interesantes” 
e o compromiso de volver a reunirse coa asociacións de comerciantes e 
praceiros para estudar e acordar calquera proposta, idea ou cambio.
Asimesmo, Manuel Carrera pediu disculpas aos veciños polos trastornos 
que poidan ocasionarse durante o tempo que duren as obras e pediu 
comprensión polos mesmos, na seguridade de que o resultado servirá para 
rehabilitar esta parte do Porriño para os cidadáns.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: