A XUNTA PON MAÑÁ EN SERVIZO O TREITO DE 9 QUILÓMETROS ENTRE O ENLACE DO INCIO E BÓVEDA QUE COMPLETAN A VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS SARRIA-MONFORTE

  • clip_image002Esta infraestrutura viaria conta cunha lonxitude total de 27,8 km e un investimento total de 135 millóns de euros
  • A VAP evita case 16 quilómetros de travesías e supón un aforro significativo de tempo bos desprazamentos, deixando o percorrido entre Lugo e Monforte en aproximadamente 30 minutos

Santiago, 26 de novembro de 2015.-  A Xunta de Galicia pon mañá en servizo o treito de 9 quilómetros entre o enlace do Incio e o enlace de Bóveda que completan a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) prevé a apertura ao tráfico ás 11,30 horas da mañá.

 

A Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte conta cunha lonxitude total de  27,8 km e a súa construción supuxo un investimento total de 135 millóns de euros, financiados nun 80 por cento con fondos europeos Feder, que foi executado en tres treitos. O primeiro, entre Sarria e O Incio, con 7,2 km, está en servizo dende outubro de 2012 e os 11 km conexión do enlace de Bóveda con Monforte Oeste (treito 3)  foron abertos ao tráfico o pasado mes de outubro.

 

Desde mañá estará plenamente operativa esta infraestrutura coa apertura do tramo que conecta o enlace do Incio con Bóveda, correspondente ao treito 2, que ten unha lonxitude de preto de 9 km e supuxo un investimento de máis de 43 millóns de euros.

 

O pleno funcionamento da VAP Sarria-Monforte evitará que os vehículos deban circular por case 16 quilómetros de travesías e suporá un aforro significativo de tempo dos desprazamentos, deixando o percorrido entre Lugo e Monforte en aproximadamente 30 minutos. Unha vez aberto ao tráfico o treito entre O Incio e Bóveda, os veciños da zona e o conxunto dos usuarios poderán contar cunha vía alternativa á estrada LU-546.

 

No seguinte plano amósase o trazado desta vía de altas prestacións:

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: