ABANCA renova o seu modelo de oficina para facelo máis tecnolóxico e eficaz no servizo

  • As oficinas disporán dun dispositivo xestor de benvida e de zonas diferenciadas en función do servizo20151126__Presentacion_oficina_04
  • Eficiencia, sostibilidade, innovación e modernidade definen o novo modelo de relación co cliente da entidade galega.ABANCA implantará na súa rede comercial, formada por cerca de 700 centros en toda España, un novo modelo de oficina, deseñado para mellorar a atención ao cliente e dotado coas solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado.

    A nova oficina ABANCA foi presentada esta mañá na Coruña nun acto que contou coa presenza de Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente do banco; Francisco Botas, conselleiro delegado da entidade galega, e o director xeral de Negocio España, Luis Beraza. “Para ABANCA trátase dun proxecto estratéxico á altura das grandes transformacións que experimentou o banco dende a súa creación”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez tras presentar a oficina piloto. Pola súa parte, Francisco Botas resaltou que “o novo modelo de oficina está en liña coa nova sistemática comercial que implantamos no banco, na que o cliente é o auténtico protagonista”.

    A nova organización das oficinas ABANCA, que se estenderá progresivamente a toda a rede comercial, está orientada a mellorar a calidade de servizo ao cliente a través de solucións, información e unha xestión eficiente, áxil e responsable. Caracterízase polos seus espazos abertos e sen barreiras, cun forte compoñente tecnolóxico e de imaxe. Dispón de dúas grandes zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente: a zona transaccional –dedicada a benvida e realización de xestións de efectivo- e a zona de asesoramento –con postos de atención personalizada e salas de reunións-.

    Xestor de benvida

    Ao entrar na oficina accédese a un prelobby onde están situados os caixeiros, con servizo as 24 horas. Dende ese punto accédese á zona transaccional da oficina, cun xestor de benvida, dispositivo que acolle e informa ao cliente para que poida seleccionar a operación e persoa pola que desexa ser atendido, ao tempo que racionaliza os tempos de espera. Na zona de benvida e acollida a clientes, deseñada como un espazo confortable e cómodo, o cliente pode recargar o móbil ou consultar as súas contas en pantallas interactivas. Nesta zona sitúanse tamén as caixas, que deixan de ser mostradores e convértense en espazos máis amigables tanto para o cliente como para o empregado, cun equipamento e tecnoloxía que facilita e reduce tempos e procesos.

    A zona de atención personalizada, pensada para dar servizo a aqueles clientes que requiren recibir información, conta con postos de atención personalizada e salas de reunións. A nova oficina dispón tamén dunha zona diferenciada de traballo para os xestores do banco.

    Tecnoloxía de última xeración

    A nova oficina ABANCA está dotada con equipamento e funcionalidades tecnolóxicas de última xeración. Ademais do xestor de benvida, outro dos elementos tecnolóxicos diferenciais do novo modelo de oficina son as tabletas Microsoft Surface, dispositivos de traballo con funcionalidade de PC que permiten atender o cliente en calquera zona da sucursal. O espazo dispón tamén de infraestruturawifi, que facilita a mobilidade dos empregados e ofrece ao cliente a posibilidade de conectarse a internet gratuitamente mentres está na oficina, así como de pantallas interactivas.

    Os elementos de vídeo tamén teñen un papel relevante no novo modelo de oficina ABANCA. As novas sucursais estarán dotadas cun videowall e cubos transparentes, unhas pantallas innovadoras que permiten combinar unha proxección de vídeo cun obxecto real.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: