O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO COÑECE A ASOCIACIÓN AYUVI, QUE HOXE CELEBRA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

  • Ignacio López-Chaves percorreu a súa sede ubicada na rúa Ramón Nieto xunto a súa presidenta, Adoración Palacián

 26112015_DelegVigoAYUVI2

Vigo, 26 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá na Xornada de Portas Abertas que a asociación AYUVI (Asociación de Ayuda a la Vida) realiza no día de hoxe para dar a coñecer a súa actividade.

 

Acompañado pola súa presidenta, Adoración Palacián, e membros do seu equipo, López-Chaves percorreu a súa sede e coñeceu a súa actividade diaria e a súa forma de traballar. A Xunta de Galicia colabora con eles a través da Secretaría Xeral da Igualdade e, nos últimos anos, subvencionou o seu Programa “TÚ PUEDES” a través da orde de axudas para entidades de iniciativa social.  Con este proxecto, o colectivo brindou apoio, atención continuada e formación a mulleres e familias que se atopaban en situación de exclusión social. Así mesmo, cubriu as necesidades en materia de alimentación infantil. Paralelamente, entregáronse os enseres e utensilios de bebé ás familias que o solicitaron. Todas as nais e familias foron derivadas a AYUVI polos Servizos Sociais de Base, e outras entidades públicas e privadas. Este programa levouse a cabo na cidade de Vigo e tamén en Baiona, Redondela, Tui, Porriño, Nigrán e Cangas.

 

A asociación AYUVI

Esta asociación engloba a un grupo de amigos que, ante o problema que era para moitas nais a atención do seu embarazo por falta de apoios, decidiron ofrecer unha alternativa comezando coa atención de casos puntuais no ano 1995. Tempo despois, únese ao grupo traballadora social que continúa o labor da asociación poñendo en marcha o Programa Básico de Nais, eixe central de AYUVI, e establecendo protocolos de actuación e intervención. Cando observan que o número de nais aumenta, deciden buscar formas de financiamento a través de subvencións, doazóns particulares e incorporación de socios.

 

Comezaron instalándose nun pequeno piso da rúa Pino e, máis tarde, na Travesía de Vigo. Na actualidade, están situados na avenida Ramón Nieto nun amplo local dotado coa infraestrutura necesaria, onde recollen ademais desenvolven o Programa de Nais incorporando talleres e cursos formativos atendendo a nais e familias de Vigo e tamén ás que acoden doutros concellos da provincia de Pontevedra. Tras 20 anos de traballo, son xa un centro de referencia na área de atención a xestantes e/ou lactantes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: