OS DEPUTADOS PAULA PRADO E FRANCISCO SANTOS VISITARON ESTA MAÑÁ A ESTRADA DE ORDES A CERCEDA, NA QUE A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS

  • “Tratase dunha obra moi demandada polos veciños de ambos concellos e que permitirá ampliar e mellorar o estado do firme da estrada, incrementando sensiblemente a seguridade viaria”, sinalou Prado25 novembro 2015 Visita Paula Prado estrada de Mercurín (Ordes)1

Santiago, 26 de novembro de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Paula Prado e Francisco Santos visitaron esta mañá, en compañía do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, a estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín, na que a Xunta ten previsto investir máis de 1,5 millóns de euros entre os anos 2016 e 2017. “Tratase dunha obra moi demandada polos veciños de ambos concellos e que permitirá ampliar e mellorar o estado do firme da estrada, incrementando sensiblemente a seguridade viaria”, sinalou Paula Prado.

A deputada popular lembrou que a Xunta de Galicia xa contempla nos orzamentos para 2016 un investimento de 750.000 para esta estrada, que na actualidade presenta un ancho insuficiente, sen beiravías e cun estado deficiente do firme.

INTENSO TRÁFICO

O investimento completarase en 2017 con outros 750.000 euros, aos que haberá que engadir arredor doutros 250.000 euros para as expropiacións dos terreos necesarios para ampliar a estrada.

Prado salientou “o intenso tráfico que soporta esta estrada que une dúas vilas importantes como Ordes e Cerceda, tanto por parte dos veciños destes dous concellos como dos visitantes que durante a época estival acoden ao parque acuático existente xunto á estrada”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: