LÓPEZ-CHAVES PIDE “DILIXENCIA” AO CONCELLO DE VIGO PARA ABRIR A ESCOLA INFANTIL MESTRES GOLDAR, UBICADA NA ZONA DE CASTRELOS

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo lembra que xa hai dous meses do envío dun requirimento para que corrixira as “graves deficiencias” detectadas
  • Considera que, ata o de agora, a escola infantil segue pechada “por vontade” do alcalde de Vigo, Abel Caballero27112015_ActoPolicia

 

Vigo, 27 de novembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, solicitou hoxe “dilixencia” ao Concello de Vigo e, máis concretamente, ao seu alcalde. Abel Caballero, para poder abrir a nova escola infantil Mestres Goldar, ubicada na zona de Castrelos.

 

López-Chaves insistiu en que, dende a delegación, “estamos moi preocupados pola falta de dilixencia” do goberno municipal na corrección de “graves deficiencias” que ten a escola infantil Mestres Goldar. Neste senso, lembrou que “hai case dous meses” se lle remitiu ao Concello un escrito para que corrixira os “graves problemas de seguridade” que tiña. “Vimos que non se fixo nada e, dende logo, está pechada por vontade do alcalde”, sinalou o delegado, que considerou que o goberno local “non quixo corrixir as deficiencias que existen”.

 

Tendo isto en conta, o representante do Goberno galego na cidade explicou que houbo múltiples requirimentos feitos ao goberno municipal para que non siga pechada pero que “non podemos poñer en risco” a seguridade dos nenos e nenas no que respecta á autorización de apertura que outorga a Xunta de Galicia. Coma dixo, son así uns 40 nenos e nenas e as súas familias as que “están á espera” da apertura do centro porque “Caballero foi incapaz de facer as xestións necesarias para que estea aberta”.

 

É por isto polo que volveu a pedir “dilixencia” porque, coma finalizou, “estamos á espera de que cumpra a normativa legal e que non poña en risco a seguridade dos nenos e nenas para poder dar a autorización”, explicou. Sen embargo, ata o día de hoxe a Xunta non recibiu “ningún documento nese sentido”

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: