A CIDADANÍA GALEGA PUNTÚA CUN 6,7 O NIVEL DE SATISFACCIÓN SOBRE A SÚA VIDA, E O 57% DECLARA TER UN ESTADO DE SAÚDE BO OU MOI BO

  • O IGE publica por primeira vez un módulo específico da ‘Enquisa estrutural a fogares’ que permite coñecer o nivel de benestar da poboación galega dende a perspectiva do capital social
  • Ofrécese información sobre a satisfacción xeral da poboación, as relacións persoais, o nivel de seguridade ou a confianza nas persoas e institucións
  • As institucións mellor valoradas en Galicia son o sistema sanitario, as forzas e corpos de seguridade, o exército, as ONGs e o sistema educativo

 

Santiago, 30 de novembro de 2015.- A cidadanía galega valora cunha media de 6,74 puntos o nivel de satisfacción sobre a súa vida na actualidade, segundo reflicten os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicados hoxe. É a primeira vez que o IGE publica un módulo específico da ‘Enquisa estrutural a fogares’ que permite coñecer o nivel de benestar da poboación galega dende a perspectiva do capital social.

 

Este módulo específico ofrece información detallada sobre o grao de satisfacción xeral da poboación galega de 16 ou máis anos. Tamén inclúe a satisfacción sobre as súas relacións persoais, o seu estado de saúde, o seu nivel de seguridade, a confianza nas persoas e nas institucións, ou os problemas de vivenda.

 

No índice referido á satisfacción xeral, o 60% dos galegos puntúa a súa satisfacción coa vida actual con 7 ou máis puntos, nunha escala que vai do 0 (nada satisfeito) ao 10 (plenamente satisfeito). Ademais, 6 de cada 10 galegos reflicten a súa satisfacción co seu traballo actual cunha puntuación entre 7 e 10.

 

En canto ao índice de saúde, máis da metade da poboación residente na comunidade autónoma (o 57,3%) considera o seu estado de saúde como bo ou moi bo, mentres que un 9,4% das persoas en Galicia declara que a súa saúde é mala ou moi mala. Ademais, para case o 63% da poboación galega de 16 ou máis anos, a saúde non supón ningunha limitación para realizar as actividades habituais.

 

Finalmente, o índice de confianza nas institucións mostra que entre as mellor valoradas polos galegos e que acadan unha maior puntuación están o sistema sanitario (5,98 puntos); as forzas e os corpos de seguridade (5,96); o exército (5,62); as organizacións non gubernamentais (5,6) e o sistema educativo (5,44 puntos).

 

Información sobre fogares

A ‘Enquisa estrutural a fogares’ é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Esta enquisa consta de dúas partes: unha de carácter xeral, que se repite todos os anos e que recolle información sobre variables básicas; e outra de carácter máis específico.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: