JOSÉ MANUEL REY VARELA AVANZA EN NOVOS CONTACTOS COS REPRESENTANTES LOCAIS PARA ACADAR UNHA MELLORA DA POLÍTICA SOCIAL EN GALICIA

  • Os rexedores galegos abordaron a temática social de cadanseu concello e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, novas vías de colaboración coa Xunta de Galicia para mellorar os servizos de atención aos cidadáns

 

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde de bande, jose antonio armada perez

jose manuel rey varela manten un encontro co alcalde de bande, jose antonio armada perez

Santiago, 30 de novembro de 2015.- A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo dúas xuntanzas de traballo no día de hoxe co alcalde de Bande (Ourense), José Antonio Armada Pérez, e mais o alcalde de Portomarín (Lugo), Juan Carlos Serrano López.

 

Nas reunións que tiveron lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os rexedores galegos abordaron a temática social de cadanseu concello e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, novas vías de colaboración coa Xunta de Galicia para mellorar tanto as infraestruturas sociais como os servizos de atención aos cidadáns.

 

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Portomarín avanzaron na realización dun convenio de colaboración para o vindeiro curso 2016-2017 para a creación dunha serie de apartamentos tutelados que beneficien a aquelas persoas en situación de dependencia. Pola súa banda, o rexedor de Bande trasladou ao responsable das políticas sociais da Xunta de Galicia a posibilidade de implementar novos servizos para potenciar o Centro de Día deste municipio ourensán.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: